A FCT (Formación en Centros de
Traballo) é un módulo de 380 horas de duración
que se desenvolve integramente nunha empresa, e que serve para
completar a adquisición da competencia profesional dos
alumnos ademais de ser unha importante canle de acceso ao mundo
laboral.
Os alumnos que acceden a FCT deben ter superados todos os módulos
de primeiro e segundo curso impartidos no centro aducativo,
e desenvólvese en dúas quendas: unha de abril
a xuño para os alumnos que aprobaron todos os módulos
na convocatoria ordinaria e outra de outubro a decembro para
os alumnos que recuperaron os módulos pendentes na avaliación
extraordinaria.
Cada curso establécense novos convenios con empresas
que acollen durante case tres meses a un ou, como moito, dous
alumnos para a realización das prácticas:
- Empresas que solicitan do noso centro educativo alumnos para
a realización da FCT.
- Empresas localizadas desde o centro polo interese do seu sistema
productivo.
Este é o listado de empresas que están a colaborar
con nós no desenvolvemento da FCT do CS Sistemas de
Regulación e Control Automáticos:
|
|