Contacte con nós Volver a páxina principal Faga da páxina do BNG Salnés a súa páxina de inicio
Documentos,
publicacións e
iniciativas.
 
Vilanova  
Xa esta no prelo o BLOQUE VILANOVA nº 3  
Xa esta no prelo o BLOQUE VILANOVA nº 3 
28 xaneiro 08. O novo número do boletín do BNG de Vilanova de Arousa explica como a pesar dos atrancos postos polo grupo de goberno o traballo do BNG está dando resultados.
Para ler este e outros artigos premede no arquivo engadido.

Documentos Relacionados:
Boletin VILANOVA xaneiro 2008 nº 3
Vilanova  
O BNG presenta unha proposta alternativa ao proxecto da rotonda da PO-549  
21 novembro 07. No anterior pleno ordinario do 24 de setembro 2007 o noso grupo municipal, con respecto as obras das rotondas na carretera xeal de Corón, tomou a iniciativa e plantexoulle o Sr. Alcalde , unhas preguntas sobre as xestións e propostas a CPTOPT a fin de conseguir a modificación do proxecto, como se lle prometera os veciños en eleccións. Ante a resposta de que non se conseguian levar adiante as xestións polo grupo de goberno , a portavoz do Bloque Nacionalista Galego propuxo solicitar unha entrevista conxunta na drección xeral de carreteras da CPTOPT, proposta que foi aceptada por todos os grupos do pleno, e que se ven de celebrar a 20 de novembro 2007.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Vilanova  
Erros no padrón municipal de Vilanova de Arousa  
15 novembro 07. Despois de tres mandatos consecutivos, son máis de 12 cursos repetindo con suspenso o Sr. Alcalde na materia do padrón municipal, cremos que xa ten as convocatorias esgotadas, e ten a de gracia, gracias á excesiva xenerosidade dos veciños.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Vilanova  
O BNG pide que se solicite na convocatoria de cursos do plan FIP o curso de traballador forestal e outros que propoñan sectores con demanda de emprego  

7 novembro 07. O BNG de Vilanova de Arousa pide que se solicite na convocatoria inmediata de cursos do plan FIP o curso de traballador forestal e outros que poidan propoñer sectores con demanda de emprego.
Preme no arquivo engadido para ler a moción.



Documentos Relacionados:
Moción curso forestal
Vilanova  
O BNG solicita que a Comunidade de Montes de Andras poida utilizar o colexio da Gándara-András  

24 outubro 07. O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no concello de Vilanova de Arousa, na revisión da acta da sesión extraordinaria do pleno do 2 de setembro do 2005 observa que se aprobou por unanimidade a moción presentada polo PS de G-PSOE, sobre desafectación do colexio da Gándara-András do edificio sen actividade educativa e que unha vez desafectado se autorice a comunidade de montes de andrás a sua utilización.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Vilanova  
O BNG atende as queixas dos pais de alumnos do IES A Basella  
22 outubro 07. O grupo municipal do bloque nacionalista galego no concello de Vilanova de Arousa, recibeu nestes dias as queixas por parte dos pais de alumnos do centro de ensino secundario da Basella, da situación de perigo que supón o desconcerto co que os autobuses se teñen que ubicar na parada do centro o non teren asignado unha darsena ou espacio marcado para cada autobús en particular.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Vilanova  
Roteiro para coñecer o patrimonio cultural dos montes de Vilanova de Arousa  

O venres 19 haberá unha charla no centro cultural do Cruceiro-András para coñecer a riqueza arqueolóxica e paisaxística
As visitas forman parte do programa Patrimonio no medio, organizado polas consellarías de Cultura e Deporte e de Medio Rural

Santiago,  18 de outubro de 2007. Coñecer o valor do patrimonio cultural das  zonas  rurais,  á  vez  que  gozar dunha experiencia de contacto coa paisaxe  son  os  obxectivos  do programa Patrimonio no medio. Organizado polas  consellarías  de  Cultura  e Deporte e de Medio Rural, esta fin de semana o programa chega a Vilanova de Arousa.

Mañá  venres  ás  20  horas  haberá  unha  charla a cargo da profesora de Prehistoria  na  Universidade  de Vigo, Beatriz Comendador Rey, no centro cultural  do  Cruceiro-András.  O  domingo día 21, celebrarase un roteiro guiado  polos  montes  da  zona  para  ver  de  primeira  man  a  riqueza arqueolóxica  e  paisaxística.  A  xente  interesada  en  participar pode achegarse  ás  10  horas  ao punto de encontro, situado no aparcadoiro do monte Lobeira.

Vilanova  
O BNG de Vilanova de Arousa presenta unha nova posibilidade para a creación dunha escola de 0 a 3 anos  

26 setembro 07. O Sr. Alcalde vense de negar no último Pleno a que no noso concello se estableza unha Galescola, e así, en Vilanova quedaremos sen centros coma os que terán concellos veciños coma os da Illa ou Vilagarcía, ou outros gobernados por alcaldes do seu mesmo partido político coma Meis, Portas, etc.
O grupo municipal do BNG, preocupado pola falta de plazas para os nenos/as destas idades, quere plantexar ao Pleno unha nova posibilidade : A Deputación provincial de Pontevedra, entidade que ten coma ámbito de actuación o territorio de toda a provincia e da cal é vicepresidente un concelleiro do seu equipo de goberno, tamén crea escolas para nenos e nenas de cero a tres anos, e recentemente ven de inaugurar unha na cidade de Pontevedra.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Vilanova  
O Bng pregunta se estan incluidas no PXOM a modificación da zona de servidumbre de costa na estrada das Sinas  

24 setembro 07. O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no concello de Vilanova de Arousa esta a ver estes dias como o concello da Illa de Arousa ven de ganarlle un pleito o ministerio de medio ambiente, cunha sentencia na que se recolle, básicamente, o recoñecemento da condición de solo urbano na zona de Cabodeiro, e a obriga de fixar a zona de servidume de protección de costas nunha franxa de 20m. en vez dos 100m.que viñan soportando ate o dagora.

Fai xa mais de dous anos, o dia 2 de setembro do 2005, a alcaldía deste concello presentou unha moción o pleno, solicitando a costas a reducción da zona de protección de 100 a 20m. na estrada das Sinas e cambio de calificación do solo, moción que se aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos, incluido o B.N.G.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Vilanova  
O BNG manifesta a súa oposición a aprobación dos orzamentos de 2007  
6 setembro 07. O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Vilanova de Arousa, diante da celebración do Pleno para a aprobación dos Orzamentos do presente ano, quere manifestar publicamente a súa oposición absoluta á aprobación dos mesmos por varios motivos.
Preme no arquivo engadido para ler os motivos da oposición aos orzamentos de Vilanova de Arousa de 2007.

Documentos Relacionados:
ORZAMENTOS 2007 Vilanova de Arousa
Vilanova  
O BNG solicita a recollida selectiva dos residuos dos servizos de limpeza  
27 agosto 07. Preme no arquivo engadido para ler a moción presentada polo BNG de Vilanova de Arousa na que solicita a recollida selectiva dos residuos dos servizos de limpeza.

Documentos Relacionados:
MOCIÓN RESIDUOS
Vilanova  
O BNG de Vilanova de Arousa presenta unha moción par que o Concello retome os acordos de colaboración co S.P.A.D. de Vilagarcía  
22 agosto 07. O BNG de Vilanova de Arousa presenta unha moción par que o Concello retome os acordos de colaboración co S.P.A.D. de Vilagarcía.
Preme no arquivo engadido para ler a moción completa.


Documentos Relacionados:
MOCIÓN PREVENCION DROGAS
Vilanova  
O BNG presenta unha moción para que se lle de solución a unhas tubería de alcantarillado que verten directamenTe ao rio Umia.  
27 xullo 07. Dende o noso grupo municipal, este mesmo mes de xullo vimos de recoller a denuncia por parte de veciños da parroquia de Baión (donde o Sr. Alcalde “exerce “de médico) a dia 14-07-07 no lugar de Serantes-Baión avisase o SEPRONA de unhas tuberías de alcantarillado que verten directamente ó rio Umia, esto non teria que pasar cando o Sr. Alcalde alardea en prensa e nas eleccións que o 90% do saneamento  está ¿rematado? Esto non o cree nin él mesmo . Estaria ben que se reflexione nunha frase dun amigo do alcalde de Mondariz-balneario , da anterior legislatura, “ un pobo esta morto se o rio esta morto”.
Preme no arquivo engadido para ler a moción presentada no Concello de Vilanova de Arousa polo BNG

Documentos Relacionados:
MOCIÓN ZONAS DE BAÑO
Vilanova  
O BNG pide unha solución ao problema da estrada das parroquias de Caleiro e András, ao seu paso por Ousensa  

24 xullo 07. O BNG de Vilanova de Arousa, está a tentar obter algún tipo de solución ó grave problema que presenta a estrada que une as parroquias de Caleiro e András, ó seu paso por Ousensa.

Levamos tempo recollendo as queixas dos veciños de Ousensa pola falta de solucións que levan demandando dende hai anos, as beiras da estrada non se limpan e iso unido a falla de aceras obriga os veciños a camiñar aínda mais polo medio da estrada.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Vilanova  
A consellería do Medio Rural subvencionará o proxecto de repoboación do entorno do Faro das Lúas con especies frondosas caducifolias  

O delegado provincial visitou sobre o terreo, en compañía de Carmela Alfonso, os traballos de recuperación que se están a levar a cabo na zona tralos incendios do  pasado verán.
Os comuneiros van sinalizar, grazas a unha subvención da secretaría xeral de Turismo, unha ruta de sendeirismo. Tamén se levará a cabo o valado do perímetro do mirador e se instalará un novo merendeiro

24 maio 07. O delegado da consellería de Medio Rural, Gonzalo Constenla, a delegada da consellería de Innovación e Industria, Montserrat Prado, e a candidata a Álcaldía do BNG, Carmela Alfonso, comprobaron esta tarde sobre o terreo os traballos que está a levar a cabo a comunidade de montes de András tralos incendios do pasado verán.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Vilanova  
Os delegados de Medio Rural e Industria, xunto coa candidata do BNG en Vilanova, manterán mañá un encontro no Faro das Lúas coa directiva da comunidad  

Na xuntanza abordarase a situación actual e o desenvolvemento futuro das actuacións e proxectos que a comunidade ten proxectados no monte vilanovés

23 maio 07. Será un encontro sobre o terreo para coñecer mellor as necesidades e proxectos que a comunidade de montes de András está a levar a cabo.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Vilanova  
Xa saíu do prelo o boletin do BNG de Vilanova de Arousa, con entrevista á candidata de Vilanova de Arousa  
Xa saíu do prelo o boletin do BNG de Vilanova de Arousa, con entrevista á candidata de Vilanova de Arousa 

24 abril 07. O boletín inclue unha ampla entrevista a Carmela Alfonso Leiro, candidata á alcaldia de Vilanova de Arousa, asi como información das reunións que mantivo con distintos colectivos do concello.
Preme no arquivo engadido para baixarte o boletín.



Documentos Relacionados:
Boletín Vilanova de Arousa Abril 2007
Vilanova  
O BNG aposta na súa candidatura de Vilanova por un equipo de persoas implicadas de longo na vida social do concello  

Carmela Alfonso, Ricardo Nogueira, Carme Nogueira, Ricardo Rodríguez y Sita Santos ocupan os cinco primeiros postos da lista vilanovense do BNG, que será presentada oficialmente o vindeiro dìa 27

19 abril 07. Compromiso fronte ao abandono. Inquedanzas fronte ao inmovilismo. Eficacia fronte ao exhibicionismo. Rigor fronte ao “todo vale”. Baixo estas premisas presenta a súa candidatura o BNG en Vilanova de Arousa. Unha candidatura que, como xa ben sendo habitual nos nacionalistas arousáns, conxuga unha dose equilibrada de experiencia e renovación.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Vilanova  
A candidata Carmela Alfonso e o deputado Bieito Lobeira manterán mañá unha reunión de traballo co sector do mar de Vilanova  

O encontro terá lugar ás 21:00 horas na Casa da Cultura do Esteiro

16 abril 07. A candidata do BNG á Alcaldía de Vilanova, Carmela Alfonso Leiro, prosegue a súa rolda de encontros con diversos colectivos da vida económica e social da vila co fin de ir coñecendo e perfilando as propostas que formarán parte  do programa de goberno dos nacionalistas vilanoveses.

Carmela Alfonso manterá mañá martes, ás nove da tarde, unha reunión de traballo con representantes do sector do mar de Vilanova. Neste encontro a candidata estará acompañada polo deputado nacionalista no Parlamento Galego e portavoz de Pesca do BNG, Bieito Lobeira.

A finalidade desta xuntaza é a de intercambiar opinións  sobre a situación das xentes do mar en Vilanova e coñecer de primeira man as preocupacións das asociacións, a confraría e outros colectivos co obxecto de podermos acordar actuacións que busquen o obxectivo común de mellorar o sector.

Vilanova  
O BNG de Vilanova defende o urxente arranxo da praza de abastos e a súa potenciación como elemento dinamizador do comercio local  
O BNG de Vilanova defende o urxente arranxo da praza de abastos e a súa potenciación como elemento dinamizador do comercio local 

A candidata nacionalista, Carmela Alfonso, acompañada pola delegada da Consellería de Industria, Montserrat Prado, mantivo onte unha xuntanza cos comerciantes da asociación Vilanova Centro

11 abril 07. Propostas concretas para necesidades xerais. Foi a vontade que onte expresou a candidata do BNG á Alcaldía de Vilanova, Carmela Leiro, no encontro que mantivo cos comerciantes locais asociados en Vilanova Centro.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Vilanova  
Carmela Leiro inicia mañá coa asociación de comerciantes unha serie de xuntanzas con diversos colectivos de Vilanova  

A candidato do BNG en Vilanova estará acompañada pola delegada da Consellería de Innovación e Industria, Montserrat Prado

10 abril 07. A candidata do BNG á Alcaldía de Vilanova de Arousa, Carmela Alfonso Leiro, acompañada da delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria Montserrat Prado manterá mañá mércores un encontro coa directiva da Asociación de Comerciantes Vilanova Centro. A xuntanza terá lugar ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Vilanova.

Este encontro é o primeiro dunha serie de reunións que Carmela Alonso vai manter nos vindeiros días cos diversos colectivos e asociacións de Vilanova. O obxectivo destas xuntanzas é o de escoitar aos diversos sectores sociais, económicos e culturais da vila para recoller información e propostas que despois serán trasladas a un compromiso coa cidadanía a través do programa de goberno do BNG en Vilanova.

Ao mesmo tempo, a delegada da Consellería de Innovación e Industria detallaralles aos comerciantes vilanoveses algúns dos programas de axudas que o seu departamento ten posto en marcha e dos que xa poden beneficiarse.

Vilanova  
Carmela Alfonso é a candidata á alcaldía de Vilanova de Arousa  
Carmela Alfonso é a candidata á alcaldía de Vilanova de Arousa 

O mércores día 4 foi presentada  a candidata á alcaldía de Vilanova de Arousa; nunha rolda de prensa na que Carmela Alfonso Leiro estivo acompañada polo concelleiro Ricardo Nogueira e o Responsábel-portavoz Comarcal Duarte Correa.

05 abril 07. Na súa intervención Carmela Alfonso manifestou que asume este reto con orgullo e responsabilidade; orgullo de encabezar a candidatura dunha organización política que ven amosando ao longo destes anos que hai outro xeito de facer as cousas, con propostas serias  fora da crispación e dos enfrontamentos tan característicos doutras opcións; responsabilidade por ser consciente do que supón asumir o obxectivo de darlle a Vilanova un goberno verdadeiramente comprometido cos veciños e veciñas, que recupere a democracia e pule polo progeso económico e social.

Carmela Alfonso amosou a súa confianza en que ao igual que hoxe na Xunta é o BNG quen desenvolve actuacións  serias e acaídas ás necesidades dos galegos e galegas tamén Vilanova vai mudar e comproteuse a ser a alcaldesa de todos os vilanoveses e vilanovesas.



Documentos Relacionados:
Curriculum Carmela
Currículum Carmela
 Bng - Nacional
 Galiza Nova
 Intersindical Galega
 Plataforma Nunca Máis
 A Mesa pola normalización lingüisti
 A Nosa Terra
 Vieiros
Bloque Nacionalista Galego - Rúa da Baldosa, 25 2º D Vilagarcía de Arousa - Teléfono / fax 986 565 059 - salnes@bng-galiza.org