 |
 |
 |
 |
 |
Organización
xuvenil
do Bloque
Nacionalista Galego
(BNG) en Vilagarcía.
Visite a súa páxina. |
 |
|
 |
|
|
|
 |
 |
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
“O señor Fajardo primeiro acusa e minte e logo pide informes” |
|
|
A concelleira lembra ao portavoz de IU que é a primeira vez que as ludotecas teñen unhas bases, para favorecer ás familias con menos recursos
23 xuño 08. Diante das últimas manifestacións do portavoz de IU, nas que tildaba de “ineficaz” á concelleira da Área de Igualdade e Benestar, Ana Lorenzo, esta non pode menos que “lamentar que unha vez máis o señor Fajardo recorra á mentira, ó engano e á manipulación para tentar sacar réditos políticos”. Ao portavoz de Esquerda Unida, di Ana Lorenzo Fraga, “voulle facer non só un informe, senón varios, a ver se dunha vez por todas se entera antes do que fala e deixa de dicir barbaridades que o único que fan é deixalo en ridículo. As súas críticas carecen do máis mínimo rigor, e de feito él mesmo di que pedirá informe para coñecer a situación das ludotecas. Ou sexa: primeiro acusa e minte e logo pide informes”. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
“As achegas que fai o Concello son bastante superiores, pero nós non utilizamos temas tan sensibles para saír na foto” |
|
|
Declaracións da nacionalista Ana Lorenzo, conselleira de Benestar e Igualdade no Concello de Vilagarcía de Arousa, ante a visita do vicepresidente da Deputación de Pontevedra ao comedor social de Cáritas. “As axuda da Deputación aos colectivos sociais da cidade son de agradecer, aínda que poderían ser moito máis elevadas”
27 maio 08. Paréceme moi triste ver a un dos máximos representantes da Deputación Provincial utilizar temas tan sensibles como son os relacionados coa prestación de servizos sociais por parte de colectivos benéficos ou sen ánimo de lucro para saír na foto vendendo a todo bombo unhas axudas que, aínda que son de agradecer porque sempre son poucas, por desgracia, non se axustan ás posibilidades nin a suma que debería aportar unha administración cos recursos e da entidade do organismo provincial.
Nesta ocasión é o vicepresidente da Deputación, o Sr. José Juan Durán, o que sae na foto da cociña do comedor social de Cáritas anunciando a subvención de 18.000 euros para este colectivo social. Insisto en que toda axuda é de agradecer, pero chama a atención que un simple Concello como o noso, con recursos limitados e moitas entidades ás que atender, só a Cáritas concédalle no convenio deste ano 22.000 euros para o mantemento do comedor social. Por certo, unha axuda que non é puntual xa que este convenio vén de anos atrás. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
Davila insta a Fomento a revisar a construción dos viais de acceso ao porto de Vilagarcía e á A-9 e a ter en conta a proposta dos veciños de Rubiáns |
|
|
A deputada do BNG pede que se recapacite sobre este proxecto construtivo a fin de que se reduza o impacto ambiental, económico e social na zona
Madrid, 26 Maio 08. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que insta ao Ministerio de Fomento a revisar o proxecto de construción dos viais de acceso ao Porto de Vilagarcía de Arousa e á AP-9 e a ter en conta a proposta realizada polos veciños da parroquia de Rubiáns.
A deputada do BNG salienta que tamén “é preciso revisar este proxecto no que atinxe ao acceso ao Hospital comarcal de O Salnés, de xeito que se garanta unha conexión adecuada e segura ás dependencias hospitalarias xa que o Plano de Fomento non garante este aspeito”. Preme no titulo para ler a nova completa.
Documentos Relacionados: Viais acceso porto vilagarcía A 9 |
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
Innovación e Industria e Gas Galicia colaboran na mellora da subministración de gas do Polígono Industrial do Pousadoiro, en Vilagarcía |
|
- O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco e o director xeral de Distribución de Gas Natural, José María Almacellas, presentaron o proxecto de gasificación do polígono, que ten un orzamento superior a 500.000 euros.
- Fernando Blanco destacou que esta actuación se suma á mellora da subministración eléctrica do polígono que o seu departamento está a desenvolver en colaboración coa Consellaría de Vivenda e que ten un custe próximo ao millón de euros.
18 abril 08. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, xunto co director xeral de Distribución de Gas Natural, José María Almacellas, presentaron esta mañá o proxecto de mellora da subministración de gas do polígono industrial do Pousadoiro, que se desenvolverá en virtude do convenio de colaboración asinado hoxe entre a Consellaría e Gas Galicia. O proxecto contempla a construción dun gasoduto de preto de tres quilómetros que conectará coa infraestrutura xa existente para o abastecemento da vila e que se desenvolverá entre o que queda deste ano e o primeiro trimestre do 2009. O investimento global do proxecto é de 587.000 euros, dos cales a Consellaría de Innovación e Industria e Gas Galicia achegarán o 30 e o 70%, respectivamente. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
Xa está en marcha o novo local de Nsaio de Vilagarcía. |
|
|
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana,destacou, durante a visita ao novo local de ensaio de Vilagarcía, que a Rede Galega de Locais de Ensaio é o mellor instrumento para aproveitar a creatividade e a capacidade imaxinativa dos mozos e mozas do país.
9 abril 08. Segundo explicou o vicepresidente, a Rede Galega de Locais de Ensaio da que forma parte o centro de Vilagarcía, pretende aproveitar a capacidade de iniciativa e creatividade da mocidade para que Galiza avance, porque segundo sinalou Quintana, "un país que avanza é aquel que fai uso e promove acapacidade creativa da mocidade, que ten ambición cultural e que achega oportunidades para mobilizar o talento e o enxeño da nova escola de valores e capacidades que representa a súa xuventude". Para Quintana o Goberno ten un reto capital, que é que as institucións do autogoberno de Galiza exerzan un "novo mecenazgo cultural, que actúe como promotor cultural, para que a xente nova sexa a que protagonice a construción das novas industrias culturais e da imaxinación que precisa Galiza". Neste senso, o vicepresidente sinalou que se está a desenvolver unha "política global e transversal de impulso á formación, investigación e creación cultural da xuventude como instrumento para a expresión da súa identidade, intereses e forma de ver o mundo" coa finalidade de fortalecer a imaxinación e a creatividade dos mozos. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
Nenos e mozos poderán coñecer o país a través das viaxes do programa municipal Coñece Galiza |
|
|
Co obxectivo de promover o coñecemento do país entre a mocidade, da súa riqueza, cultura, patrimonio, paisaxe, festas, gastronomía e cultura, a Concellería de Xuventude e Solidariedade vén de por en marcha o programa Coñece Galiza. A iniciativa consiste na organización de excursións e viaxes de carácter gratuíto a diferentes lugares da comunidade autónoma e nos que poderán participar mozos de entre 8 e 35 anos.
8 abril 08. A concelleira de Xuventude e Solidariedade, Ana Lorenzo, presentou o programa de carácter municipal co que o Concello pretende completar, na medida das súas posibilidades, as diferentes iniciativas que oferta na actualidade a Dirección Xeral de Xuventude como Naturalmente Galiza ou a Primavera Activa |
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
Rosa Abuín pídelle ao PSOE que recoñeza que supresión da tarifa nocturna é lesiva para as economías de moitos veciños e veciñas |
|
28 febreiro 08. Diante das declaracións do candidato do PSOE Domingo Tabuyo nas que manifesta que os afectados pola supresión da tarifa nocturna non teñen nengún problema, a candidata do BNG Rosa Abuín pide que non se xogue coa preocupación das familias afectadas, así manifestou “que os políticos debemos ser serios tamén en campaña electoral e non se lle pode decir á xente que non vai ter que asumir ningún gasto cando xa desde hai meses os usuarios teñen que facer desenvolsos económicos” Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
Aprobada a proposición non de lei do BNG para manter a tarifa nocturna |
|
Santiago de Compostela, 20 Febreiro 08. Fernando Blanco Parga, deputado do BNG, valorou positivamente que o resto dos grupos parlamentares se sumasen á iniciativa do BNG para manter a tarifa nocturna. A respecto do cambio de posición do PP, destacou que “resulta curioso o efecto das eleccións, xa que viron á posición que están a manter o BNG e a consellaría de Industria e dixeron: nós tamén viramos á esquerda”. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
O BNG do Salnés amosa o seu apoio aos veciños e veciñas que esixen o mantemento da tarifa nocturna |
|
|
16 febreiro 08. Tal e como xa adiantou o BNG hai unhas semanas, son moitos os veciños e veciñas da nosa comarca afectados pola decisión do Goberno español de eliminar a tarifa nocturna de consumo eléctrico que ven funcionando desde hai vintecinco anos e da que no conxunto de Galiza se benefician máis de 160.000 fogares (o que supón arredor de 500.000 persoas).
A proba disto é a preocupación, a cantidade de reclamacións apresentadas ao longo dos últimos días e a numerosa reunión de afectados e afectadas celebrada na nosa comarca o pasado xoves.
O BNG, ao igual que lles manifestou ao longo destas semanas a moitos afectados particularmente a súa disposición a traballar en común pola eliminación desta medida, vaise poñer en contacto co colectivo de afectados constituído na nosa comarca de xeito que coñezan de primeira man as actuacións que levamos adiante até o de agora, e para ofrecerlles tamén toda a nosa colaboración para que os responsabeis desta medida, o goberno do PSOE en Madrid, dean unha solución que impida un novo quebranto económico nas economías de moitos e moitas arousás. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
Acto público en Vilagarcía o vindeiro martes coa presenza da Conselleira de Cultura Ánxela Bugallo |
|
|
O BNG manterá un encontro co mundo da cultura de Vilagarcía para falar sobre a importancia que para Galiza teñen as eleccións do vindeiro mes de marzo
Dentro da programación de actos que está a desenvolver o Bloque Nacionalista Galego na nosa comarca, co obxecto de manter un estreito contacto con distintos sectores sociais do Salnés e explicarlles as propostas da nosa organización para a cita electoral do día 9 de marzo; o vindeiro martes día 22 celebraremos un Acto Público en Vilagarcía dirixido especialmente ao mundo da cultura.
Neste acto o BNG fará fincapé, diante dos e das representantes dos distintos ámbitos do mundo cultural da nosa cidade, na necesidade de que Galiza conte con máis forza en Madrid, forza que se consigue cun aumento do apoio electoral da cidadanía ás candidaturas do BNG nas vindeiras eleccións a Cortes Xerais.
O acto que se celebrará o martes ás 20:30h. na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía contará coas intervencións de Xosé Castro Ratón, portavoz do BNG teniente alcalde e concelleiro de cultura de Vilagarcía; Rosa Abuín, sindicalista, concelleira e candidata ao Congreso, e Anxela Bugallo membro da Executiva Nacional do BNG e Conselleira de Cultura e Deporte.
|
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
Goberno local de Vilagarcía e Vicepresidencia chegan a un principio de acordo sobre a primeira galescola, que se abrirá en 2008 |
|
17 novembro 07. A Concellería de Igualdade e Benestar vén de dar un paso decisivo para a construcción da primeira galescola do municipio, cuxo funcionamento está previsto para o curso 2008/09. A concelleira de Servizos Sociais, a nacionalista Ana Lorenzo, mantivo unha reunión cos responsables do Concorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, cos que estudiou, in situ, unha das parcelas das varias que baralla o Concello para construír a galescola. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Vilagarcía |
 |
|
|
Os orzamentos de Galiza do 2008 van supor un importante impulso para a comarca do Salnés |
|
|
O Deputado no Parlamento Galego Bieito Lobeira e o Responsábel Comarcal do BNG Duarte Correa avaliaron positivamente os investimentos destinados á nosa comarca.
26 outubro 07. En comparecencia diante dos medios de comunicación, os dirixentes do BNG explicaron pormenorizamente uns orzamentos que supoñen unha aposta clara polo desenvolvimento de Galiza e polo benestar dos galegos e galegas, ao combinar os investimentos en infraestruturas (viarias, tecnolóxicas...) que son básicas para o desenvolvimento económico do país e coa mellora e ampliación de servizos sociais fundamentais. Nas partidas destinadas á nosa comarca destacaron os investimentos viarios básicos para Vilagarcía, dotación de chan industrial, mellora de infraestruturas para o sector pesqueiro, mellora de electrificación e dotación de banda ampla, etc... Ademais sinalaron outras partidas que non están desglosadas territorialmente en áreas como comercio, turismo, educación, cultura, etc… que tamén van supor importantes investimentos para o Salnés. |
|
|
 |
|
| | |