|
|
 |
|
 |
| |
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG pídelle á Sra. Alcaldelsa que deixe de enganar aos veciños e veciñas de Arra |
|
17 outubro 08. A instalación de Antenas de Telecomunicación no concello de Sanxenxo está regulada por unha ordenanza que figura no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Esta ordenanza que consta de 38 artigos e unha Disposición Adicional Única, regula claramente a tramitación das licenzas para este uso. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Da política do ladrillo á política da imprenta |
|
15 outubro 08. No Pleno Ordinario celebrado o día 29 de xullo aprobouse o II Plan de Igualdade do Concello de Sanxenxo. Xa naquel momento o BNG deixou ao descuberto o desinterese do equipo de goberno neste eido, cando se lle lembrou á alcaldesa a falla de paridade na composición dos Consellos de Administración das distintas empresas municipais, respondendo esta que non ía poñer a ningunha muller en ningún posto se non valía. Con estas verbas a Alcaldesa deixou patente a desconfianza que ten nas mulleres do seu grupo de goberno, descubrindo así a súa incompetencia. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG presenta unha moción solicitando a creación dun rexistro electrónico no Concello |
|
|
14 outubro 08. O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego presentou, para o seu tratamento no vindeiro Pleno Ordinario, unha moción para que se cree un Rexistro Electrónico no Concello.
Desde o BNG pensamos que un Concello como o de Sanxenxo, que ten unha importante actividade administrativa, que pretenda estar á altura no que a novas tecnoloxías se refire, debería adaptar esta actividade aos tempos actuais.
Esta adaptación tería consecuencias moi favorábeis tanto para ofrecer un mellor servizo á cidadanía como de axilidade e aforro no labor diario de todos os concelleiros e concelleiras. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O PP rexeitou a moción do BNG na que solicitaba a creación das “aulas de espera” nos colexios públicos |
|
1 outubro 08. Ao contrario do que publica hoxe algún medio de comunicación, o PP non só votou en contra da moción do BNG senón que a concelleira delegada de Cultura e Educación, Mª Paz Lago, dixo que o documento era un “panfleto” e afirmou que o Concello de Sanxenxo non asinaría convenio algún coa Consellería de Educación para este tema, como se pedía na moción. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
A nova Casa do Concello de Sanxenxo custou 278.000€ máis que o importe polo que se adxudicou |
|
26 setembro 08. Na Comisión Especial de Contas, celebrada hoxe no Concello de Sanxenxo, debateuse unha proposta da Alcaldía para aprobar unha ampliación de 278.323,76 euros do custe final pola construción da nova Casa do Concello. A obra fora adxudicada no mes de maio do ano 2.006 por un importe de 955.000 euros. Despois de case 2 anos dende a súa inauguración, o 14 de decembro de 2.006, agora o Grupo de Goberno do PP pretende pagar máis dun 30% do importe no que foi adxudicada a obra. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG pide a nulidade do acordo plenario para a modificación do contrato de recollida de lixo |
|
24 setembro 08. O Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo ven de presentar, no día de hoxe, un Recurso de Reposición contra o acordo Plenario de data 26 de agosto pasado polo que se modifica o contrato da recollida de lixo e limpeza viaria. O recurso considera que as irregularidades que se cometeron no procedemento para a modificación do contrato constitúen nulidade de pleno dereito conforme ao artigo 32 da Lei de Contratos do Sector Público. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Conta xeral de Sanxenxo: moita propaganda e pouca cobertura social |
|
5 xullo 08. A Conta Xeral do Concello de Sanxenxo correspondente ao ano 2007 puxo de manifesto que os orzamentos de 114 millóns de euros eran unha ficción, como xa dixera o BNG no seu día. Mais o que tamén demostra é que os cartos dos veciños e veciñas de Sanxenxo gástanse sen ter en conta o seu benestar e calidade de vida e pola contra gástanse como plataforma propagandística do goberno do PP. Se miramos as cifras polo miúdo podemos ver como se gastaron 721.000 euros en “festas e eventos populares”, ou como a Sra. Alcaldesa destinou 40.000 euros a “atencións protocolarias”. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
A liquidación da conta xeral do ano 2007 do Concello, pon de manifesto o afirmardo polo BNG na aprobación dos orzamentos: que eran ficticios |
|
30 xuño 08. O Portavoz do BNG, Roberto Fernández Lores, manifestaba sobre os orzamentos do Concello de Sanxenxo para o ano 2007: “estes orzamentos son irrealizábeis, ficticios e feitos sen un verdadeiro estudo das necesidades do concello de Sanxenxo”. Hoxe celebrouse a Comisión de Contas para analizar a Liquidación da Conta Xeral do Concello, correspondente ao ano 2007. O orzamento de 114 millóns de euros ficou en papel mollado! A realidade é que só se executaron 33 millóns, o que supón a realización dun 29% do orzamentado. Os 92 millóns de euros previstos para investimentos ficaron en 17 millóns, un 18,7% de execución. Non facía falta agardar á liquidación para comprobar que os grandes proxectos que prometera o grupo de goberno non estaban feitos. Isto é só a constatación da falta de seriedade que caracteriza aos nosos gobernantes. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
“Galiza ten que ir a máis, sen ser freada por inercias do pasado ou pola parálise do goberno central”, afirma Quintana |
|
|
O portavoz nacional do BNG reclama en Sanxenxo a construción dunha “nova maioría social e política formada por todos os galeguistas, por todos e todas as que cren nas posibilidades de Galiza de facerse cargo do seu futuro”
20 Xuño 08. Anxo Quintana, portavoz nacional do BNG participou hoxe en Sanxenxo nun acto do BNG dentro da campaña de actos que -baixo o lema “cremos neste País”- está a desenvolver esta organización deica o 25 de Xullo, Día da Patria Galega. “Galiza ten que ir a máis e non pode ser freada pola inercia do pasado nin pola parálise do goberno central”, afirmou.
O portavoz nacional do BNG, resaltou o papel desta forza política como “motor das políticas de cambio transformador que impulsa a Xunta de Galiza” e vinculou esta acción coa demanda de maior autogoberno. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG pídelle á alcaldesa que lle aclare aos veciños e veciñas de Vilalonga a que parcelas afecta o informe ISA |
|
3 xuño 08. Hoxe supemos da boa nova de que o Concello vai conceder a licenza para a construción do novo Centro de Saúde no Revel en Vilalonga. Sen que ninguén lle pida explicacións, a Sra. Alcaldesa aclara que a parcela onde se construirá o Centro de Saúde, non precisa do Informe de Sostibilidade Ambiental (ISA) por tratarse de solo urbano. O BNG quere lembrar que a solicitude de dito informe foi a xustificación que deron dende o Concello para a paralización das obras de Centro Socio-Cultural e da 3ª Idade de Vilalonga. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG pide que se convoque a comisión de coordinación, supervisión e seguimento do centro de día de Sanxenxo |
|
28 maio 08. O BNG pide que se convoque a comisión de coordinación, supervisión e seguimento do centro de día de SanxenxoO Grupo Municipal do BNG de Sanxenxo, a través da súa concelleira, Sandra Fernández Agraso, presentou no Pleno Ordinario, celebrado no día de onte, unha moción para que se convocara a Comisión de Coordinación, Supervisión e Seguimento do Centro de Día de Sanxenxo. A moción foi motivada porque os estatutos que regulan o funcionamento do Centro de Día contemplan, no seu artigo 29, que dentro das unidades instrumentais que dirixirán e administrarán o centro está, entre outras, a Comisión de coordinación, supervisión e seguimento. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG esixe ao Goberno de Sanxenxo que asine un convenio coa Consellaría de Política Territorial para solucionar o proxecto da PO-504 |
|
27 maio 08. O Grupo Municipal do BNG quere mostrar a súa satisfacción polo acordo acadado para dar solución ao enlace da Autovía do Salnés co Parque Empresarial de Nantes, que tan necesario é para os intereses dos veciños e veciñas de Sanxenxo. Isto demostra que cando hai vontade de diálogo, os acordos entre administracións son moi doados de conseguir. O portavoz do BNG, Roberto Fernández Lores, manifestou: “Tamén demostra que antes de facer declaracións hai que pensar moito o que se vai dicir, para que despois non haxa que arrepentirse do dito”. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O Partido Popular responsábel da falta de consenso no Parlamento Galego |
|
22 maio 08. "O que aconteceu onte no Parlamento de Galiza seguiu ao pé da letra o guión establecido polo PP: conseguir que non houbera consenso para garantir que Proxecto de Seguridade Viaria da PO-504 sexa o máis axeitado", declarou o portavoz do BNG en Sanxenxo, Roberto Fernández Lores. Engadiu que “o Partido Popular non desexaba un acordo, senón utilizar a boa vontade dos veciños e veciñas afectados para facer unha oposición intransixente, carente de rigor, ademais de partidista e sectaria”. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG acusa a Núñez Feijoo e ao PP de ser os únicos que utilizan o centro de día de Sanxenxo de xeito partidista |
|
Onte o Sr. Núñez Feijoo, en vez de vir a Sanxenxo a dar explicacións de porque non deixou previsto o enlace do Parque Empresarial coa futura Autovía do Salnés cando el era o responsábel da CPTOPT, dedicouse a sacar fotos cos velliños do Centro de Día e a aproveitar a ocasión para facer a demagoxia barata á que nos ten acostumados. Os únicos que utilizan o Centro de Día de Sanxenxo de xeito partidista son o PP e os seus dirixentes. No Nadal do 2007 a Sra. Alcaldesa felicitou as festas aos veciños e veciñas, utilizando como acompañantes a dous usuarios do Centro de Día. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG pídelle ao Goberno do Concello que asine un convenio coa CC.MM. de Noalla para axudar a pagar os gastos por actividades |
|
|
22 marzo 08. A parroquia de Noalla, 4ª en número de habitantes do Concello de Sanxenxo cunha poboación de 2.529 veciños e veciñas, carece a día de hoxe dunhas instalacións municipais para celebración de actividades, reunións e outros actos que queiran levar a cabo as distintas asociacións culturais, sociais, deportivas, xuvenís, etc., coas que conta a parroquia.
Con data 20 de abril do ano pasado, inaugurouse a Casa Forestal Social “As Canteiras”, propiedade da Comunidade de Montes de Noalla.
Este edificio está a ser utilizado polas distintas asociacións de Noalla, Club de Xubilados, Asociación de Veciños, Comisións de Festas, Club de Fútbol, Grupo de baile e gaiteiros, etc., para celebrar as súas xuntanzas, asembleas, actividades, ensaios e mesmamente como sede social no caso concreto do Club de Xubilados. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG insta ao Concello de Sanxenxo a ceder os terreos a Educación para o colexio de Vilalonga |
|
29 xaneiro 08. Con data 21 de Novembro de 2006 o Concello de Sanxenxo asinou un Protocolo de colaboración coa Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a execución das obras de reposición do C.E.I.P. Cruceiro en Vilalonga nunha parcela nova. Por parte do Concello de Sanxenxo imcumpriuse a cláusula 1º do devandito protocolo na que se fai referencia ao compromiso do Concello de poñer a disposición da Consellaría o solar para posibilitar a construción nun prazo de 6 meses. Preme no arquivo engadido para ler a moción completa.
Documentos Relacionados: Moción CEIP Cruceiro |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG pídelle ao PP que deixe os enfrontamentos e colabore coa Xunta para mellorar a seguridade viaria na estrada PO-504 |
|
10 xaneiro 08. Os veciños e veciñas de Gondar, a Vichona, Forxán e o Vinquiño estan sufrindo o calamitoso estado da PO-504, que ademais carece dunha seguridade viaria adecuada ao importante número de persoas que residen e circulan pola mesma. A isto hai que engadirlle a postura adoptada pola alcaldesa e o grupo de goberno do PP, poñendo problemas a cotío que están a impedir que a Xunta de Galiza poida resolver esta situación. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG pide cordura e diálogo no conflito da autovía do Salnés |
|
|
10 novembro 07. Ante as noticias aparecidas nos medios de comunicación no día de hoxe sobre a decisión tomada pola alcaldía de intentar á paralización das obras da autovía do Salnés, o BNG quere facer un chamamento aos responsábeis de ámbalas dúas administracións implicadas para que impere a cordura a sensatez e a democracia.
Cando se intentan tomar medidas de forza do calibre que pretende a Alcaldesa do PP de Sanxenxo é porque se esgotaron todas as vías de diálogo para chegar a acordos, e neste caso dende o BNG creemos que isto non é así.
O Partido Popular o que pretende é a confrontación directa con outra administración sen que teña en conta que a conversión da vía rápida en autovía é unha obra que beneficia a todos os veciños e veciñas de Sanxenxo, da comarca do Salnés e ao resto de Galiza. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
P.E.I.-10 Baltar-Portonovo |
|
|
2 outubro 07. O Grupo Municipal do BNG no concello de Sanxenxo, entende agora, despois das declaracións á prensa e publicadas no día de hoxe, porque o concelleiro de urbanismo e Tenente de Alcalde (47.600 euros/ano, 3.400 euros/mes (565.712 Ptas/mes)) non abre a boca nos Consellos da Xerencia de Urbanismo nin nas Comisión Informativas.
Está moito mellor calado!
Claro, primeiro debe estudar e enterarse un pouco de que vai isto do urbanismo para así ter uns coñecementos básicos da materia. Deste xeito poderá diferenciar o que é un proxecto de urbanización e o que é unha licenza de obra. Preme no titulo para ler a nova completa.
Documentos Relacionados: B.O.P. 24-08-07 Orde paralización Augas Galicia |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG de Sanxenxo aposta polas enerxías alternativas nos centros públicos |
|
26 abril 07. Roberto Fernández Lores, candidato a Alcaldía de Sanxenxo, afirmou que unha das medidas de goberno que vai adoptar despois do mes de maio é a de promover políticas que fomenten un desenvolvemento sostíbel e respectuoso co medio ambiente. Por este motivo, o grupo nacionalista aposta polo uso de enerxías renovábeis en todas as instalacións públicas municipais. Neste senso, Sanxenxo é un lugar privilexiado para aproveitar toda as vantaxes que ofrece a enerxía solar, pola cantidade de días de sol que se rexistran ao ano, e que facilitan a utilización de paneis solares para obter subministro enerxético nos edificios. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG comprométese a financiar as actividadese do novo centro da Comunidade de Montes de Noalla |
|
18 abril 07. O candidato á alcaldía, Roberto Fernández Lores mantivo onte pola noite unha reunión coa directiva da Comunidade de Montes de Noalla, dentro dos encontros que o BNG está a manter cos representantes dos colectivos e institucións do concello. O candidato nacionalista, que acudiu á reunión acompañado pola que fora secretaria da Comunidade e actual número dous da lista do BNG, Gloria González, e por David Otero Domínguez, garantizou aos responsables da Comunidade de Montes que cando chegue á alcaldía, o goberno municipal asumirá o finanzamento de todas as actividades que realicen as distintas asociacións que teñen cabida dentro das novas instalacións da comunidade. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Fernández Lores comprométese a incluir Sanxenxo dentro do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar |
|
17 abril 07. O candidato a alcadía do BNG de Sanxenxo, Roberto Fernández Lores, mantivo o pasado martes en Santiago unha reunión coa Secretaria Xeral da Igualdade, Carme Adán, para iniciar os compromisos do grupo nacionalista en materia de benestar social. Durante o encontro, ao que tamén asistiron os números tres e catro da candidatura, David Otero Domínguez e Sandra Fernández Agraso, Fernández Lores comprometeuse a iniciar os trámites para incluir ao concello de Sanxenxo dentro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e do Benestar, do que xa forman parte 171 municipios, en canto chegue a alcaldía. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Roberto Fernández Lores presenta a súa demisión formal como membro de “Ínsula Sanxenxo, S.L.” |
|
21 marzo 07. Roberto Fernández Lores, portavoz municipal do BNG, presentará no día de hoxe (21 de marzo) a súa demisión formal como membro do Consello de Administración de “Ínsula Sanxenxo, Empresa Municipal de Vivenda e Solo, S.L.”. As razóns alegadas para a renuncia responden a confirmación por parte da presidenta da entidade de NON perseguir o obxecto social da empresa, que non é outro que o de construir vivenda de promoción pública. Este obxectivo, recollido no artigo 2 a) dos estatutos da mesma, xustifacaba a constitución dunha empresa de titulariedade municipal adicada á construcción de vivendas, a pesares da existir un organismo competente, neste caso a Consellería de Vivenda e Solo, encargado de regular e executar os proxectos de edificación das vivendas sociais. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Ana Rúa explica as novas iniciativas da Consellaría de Industria aos comerciantes de Sanxenxo |
|
20 marzo 07. A directora xeral de Comercio, Ana María Rúa, mantivo unha reunión cos comerciantes de Sanxenxo na que explicou as liñas básicas de actuación da Consellaría de Innovación e Industria neste sector. Durante acto, que se ccelebrou no Real Club Náutico, tamén participaron a Delegada provincial da Consellaría de Innovación e Industria, Montserrrat Prado e o candidato á alcaldía polo BNG, Roberto Fernández Lores, quen destaca o “enorme apoio que dende sempre ten prestado o BNG aos comerciantes do concello”. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O goberno de Sanxenxo estima o prezo de adquisición de Punta Vicaño como solo urbano |
|
13 marzo 07. O grupo de goberno de Sanxenxo presentou no trasncurso do pleno celebrado onte, día 12 de marzo, como aval oficial para a adquisición dos terreos de Punta Vicaño (clasificados como zona verde no PXOM -E22B no mapa do Plan Xeral-), a tasación realizada por unha empresa externa ao concello, que estima en 8.132.231 euros o valor destes terreos. O concello materializará a opción de compra, que vence o vindeiro xoves, día 15, por un importe de 7.500.000 de euros. Preme no titulo para ler a nova completa. Preme nos arquivos engadidos para obter máis información.
Documentos Relacionados: Tasación (valores) tasación PXOM |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG desmárcase da liña de actuación da empresa Ínsula |
|
9 marzo 07. O representante do BNG de Sanxenxo na empresa municipal “Ínsula Sanxenxo, Empresa Municipal de Vivenda e Solo, S.L.”, decidiu desmarcarse das actuacións deste empresa, deixando o seu cargo no Consello de Administración, despois de que a presidenta da empresa, e alcaldesa de Sanxenxo, e o Xerente deixaran ben claro que o obxectivo da entidade non sería promover a vivenda baixo un réxime de protección, senón facilitar a edificación de vivenda libre en terreos de titulariedade municipal. Ao non terse en conta as nosas reivindicacións, que non eran outras que cumplir o obxecto social que aparece recollido nos estatutos de “Ínsula Sanxenxo”, deixa de ter sentido o nosa participación no consello de Administración, xa que non se teñen en conta os problemas dos veciños neste ámbito. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Carme Adán explica ás mulleres de Sanxenxo as políticas de igualdade de Vicepresidencia |
|
8 marzo 07. A Secretaría Xeral de Igualdade e Benestar, Carme Adán, participou nun encontro cos diferentes colectivos de mulleres de Sanxenxo, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. O acto, que tivo lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán, asistiron arredor dunhas cincuenta personas, que se interesaron polas políticas da Xunta para supera as situacións de desigualdade e discriminación que aínda se dan nos diferentes ámbitos da sociedade. A secretaria xeral estivo acompañada polo candidato á alcaldía do BNG de Sanxenxe, Roberto Fernández, quen destacou a necesidade de “programas que permitan acabar coas desigualdades que sofren as mulleres galegas e que, por desgraza, aínda se manteñen vixentes”. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Rubén Cela participa destaca o gran éxito das políticas xuveniles de Vicepresidencia |
|
O director Xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, reuniuse esta tarde coa mocidade de Sanxenxo para dar a coñecer os piares básicos da política xuvenil que Vicepresidencia está a desenvolver. Cela destacou o traballo que Vicepresidencia realiza, por vez primeira, en coordinación con outros departamentos da Xunta, especialmente coa consellería de Vivenda e Traballo para favorecer as actuacións e a creación de programas naqueles ámbitos que maior importancia teñen para as mozas e mozas galegas. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG recorre a resolución dos chans urbanizables de Monte Faro |
|
Don Roberto-Alfonso Fernández Lores, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no concello de Sanxenxo, no exercicio do seu cargo, polo presente, ven a interpoñer RECURSO DE REPOSICIÓN contra as resolucións da Presidencia da Xerencia de Urbanismo de Sanxenxo, de data 15 de decembro de 2006, asinadas polo Alcalde Presidente do Concello de Sanxenxo, relativas aos asuntos: “Desenvolvemento do solo urbanizábel núm. 14 do P.X.O.M.” e “Desenvolvemento do solo urbanizábel núm. 13 do P.X.O.M. de Sanxenxo”, en base aos seguintes feitos: Preme no titulo para ler a nova completa: |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Resumen do ano 2006 en Sanxenxo |
|
|
Todo o acontecido no ano 2006 quedou escurecido polo anuncio de Telmo Martín de abandonar a alcaldía de Sanxenxo e presentarse como candidato do PP as vindeiras eleccións municipais por Pontevedra.
Este feito, sen precedentes na historia da democracia, condicionou a política local a partir dese intre. Presentación de proxectos incumpríbeis, liortas internas, dentro do PP local, para quedar ben colocados na loita polo poder, inauguración as presas da nova casa do Concello (coñecedores da materia din que necesitará reformas en 6 meses), etc., etc., etc.
Ata o anuncio da súa fuxida Telmo Martín, fiel ao seu xeito de facer política-ficción, presentou uns orzamentos para o ano 2006 “extraordinarios” de 58 millóns de euros (que pasaron a 68 millóns coa incorporación da sociedade Ínsula Sanxenxo, S.L.). O dobre dos de Vilagarcía, que ten o dobre de habitantes ou iguais aos de Pontevedra que conta con 80.000 habitantes. Preme no titulo para ler o resumo do ano 2006 completo. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Praza “PÚBLICA” de Vilalonga |
|
No Pleno Ordinario celebrado o pasado 28 de novembro no Concello de Sanxenxo, aprobouse por unanimidade unha moción do BNG instando a Xerencia Municipal de Urbanismo para que iniciase o expediente de modificación puntual do PXOM co obxecto de que o Concello se puidese facer coa titularidade dos terreos que ocupa a praza pública de Vilalonga, xa que a día de hoxe aínda non se levou a cabo a cesión polo seu actual propietario. No Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, celebrado no día de hoxe, os concelleiros do BNG preguntaron a Presidenta en funcións, Dna. Catalina González, en que situación estaba o expediente, manifestándonos que non se lembraba de que ía o tema. O grupo de goberno do PP no Concello de Sanxenxo non só non se preocupa do seu patrimonio senón que no día de hoxe anuncian novas inversións de cartos públicos (45.000 €) nunha propiedade privada. Preme no titulo para ler a nova completa. Preme nos arquivos engadidos para ler a moción presentada.
Documentos Relacionados: Moción Alameda Vilalonga Placa Inauguración |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Xestión urbanistica en Sanxenxo |
|
|
Si de algo presume o, ata o vindeiro sábado, alcalde de Sanxenxo Telmo Martín é de ser un excelente xestor e conseguir asinar convenios millonarios para o Concello.
Xa no convenio asinado cos promotores do solo urbanizábel de Miraflores (S.U.-11) o BNG denunciou que o Concello deixou de percibir uns 4 millóns de euros pola mala valoración feita.
En relación co convenio asinado cos promotores do PEI-10, tan de moda estes dias, o Plan Parcial aprobado, que sirviu de base para facer a valoración do convenio de monetarización do 10% do aproveitamento lucrativo que lle corresponde ao Concello, figura un total de 16.552,10 m2 que con unha edificabilidade do 0,7 m2/m2 supón 11.083,45 m2 edificábeis, correspondéndolle ao Concello o 10% ou sexa 1.108, 34 m2 que valorados a 975,71 € fan un montante de 1.081.423,30 € que percibiu o Concello coa sinatura dese convenio. Preme no titulo para ler a nova completa. Preme nos arquivos adxuntos para obter mais información.
Documentos Relacionados: Plan Director de infraestruturas de abastecemento e evacuación de augas no termo municipal de Sanxenxo Carta de Pago Convenio Valoración aproveitamento lucrativo Plan Parcial |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Xuíz de Paz |
|
|
O que para o equipo de goberno do PP no Concello de Sanxenxo, na súa elección para nomear Xuíz de Paz, era de “sentido común” parece ser que para o Xulgado de 1ª Instancia de Cambados non se axusta á lei.
Para o BNG non se trata máis que de puro favoritismo, como xa dixemos no seu día.
No Pleno da Corporación celebrado o día 18 de xullo pasado, cos únicos votos favorábeis do grupo municipal do PP, foi nomeada Xuíz de Paz de Sanxenxo Dona Dulce-María Crespo Domínguez.
Na Comisión previa, celebrada días antes, para o estudo da proposta, o BNG manifestou a súa discrepancia, alegando que de entre as dúas candidatas para o cargo non era esta a que presentaba o mellor currículo senón todo o contrario. Tamén fixemos fincapé, xa sen ter en conta que a candidata proposta pola Alcaldía era irmá da súa secretaria, podería incorrer en incompatibilidade para desempeñar o cargo, segundo di a lei. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Os soldos do PP de Sanxenxo |
|
|
Sobre a situación “esperpéntica” que está a vivir o grupo de goberno do PP no concello de Sanxenxo, dende que o Alcalde anunciou a súa “fuxida” para Pontevedra, non é o BNG quen para dicir nada, serán os cidadáns e cidadás quen o digan, pero outra cousa ben distinta é a deixadez nas súas funcións dalgún dos seus concelleiros. Temos que lembrar que todos teñen soldo, que se supón é por dedicarlle todo ou parte do seu tempo as funcións como concelleiro delegado en distintos ámbitos municipais. Pois ben, o concelleiro de Infraestruturas e Facenda D. Fernando Villaverde González, que ten asignada unha dedicación parcial de 20 horas semanais, polas que cobra a nada desprezable cifra anual de 33.635 euros (2.802 € mensuais), dende a anunciada fuxida do Alcalde o 20 de xullo pasado, non asistiu a 3 Comisións Informativas, 3 Consellos da Xerencia de Urbanismo, 1 Pleno e 1 Xunta Xeral da recen constituída sociedade Ínsula Sanxenxo, S.L. e non “se lle ve o pelo” polo Concello. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Dígannos señores do PP de Sanxenxo: cantos especuladores se beneficiaron dos moitos cambios de titularidade que tiveron algúns solos urbanizábeis? |
|
|
Que os responsábeis do grupo de goberno do concello de Sanxenxo menten cada vez que falan é sobradamente coñecido polos veciños e veciñas do concello. Mais que a parte de mentireiros sexan politicamente “tontos” non deixa de ser unha novidade.
Tratar de confundir a opinión pública dicindo que o BNG minte ao afirmar que 11 solos urbanizábeis están en zona de influencia de costas, cando calquera veciño pode comprobar que esta afirmación está recollida no PXOM (feito por eles), só se pode entender cando a quen o di “lle falta un fervor” e pensa que os demais están na mesma situación.
O que terá que explicar algún día o goberno do PP é como conseguiu que os informes de Costas foran favorábeis á aprobación do PXOM, e a outras moitas cousas mesmo particulares... Temos que lembrar que por aquelas datas gobernaba o PP tanto no Estado como na Xunta de Galiza.
Terá algo que ver a concesión da cebola de ouro do ano 2004 a un tal José Trigueros, Director Xeral de Costas na época da aprobación do PXOM?...
Nos documentos que achegamos podedes comprobar como ao pé da relación de solos urbanizábeis figura unha nota donde dí o dos 11 solos situados en zona de influencia de costas. Preme no titulo para ler a nova completa.
Documentos Relacionados: 1ª nota donde dí o dos 11 solos situados en zona de influencia de costas 2ª nota donde dí o dos 11 solos situados en zona de influencia de costas |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Punto limpo de Sanxenxo |
|
|
O día 20 de xaneiro do 2004, os responsábeis do goberno, do PP, no Concello declaraban que o punto limpo estaría rematado no mes de marzo seguinte. O 29 xaneiro do ano 2005, anunciaban que o punto limpo estaría rematado en Semana Santa dese ano. O día 16 do xuño do 2005, o mesmo grupo de goberno informaba que o devandito punto limpo reciclaría refugallos de obras. No Pleno celebrado o día 30 de maio deste ano, aprobouse o regulamento para o funcionamento do punto limpo.
Bla, Bla, Bla...
O certo é que a día de hoxe o tan mentado punto limpo segue sen funcionar e presenta un estado lamentábel no seu contorno. Tanto o recinto como os seus accesos están cheos de materiais de todo tipo que estran a rúa e a explanada interior. Preme no titulo para ler a nova completa. Preme no arquivo engadido para ver as imaxes do Punto Limpo.
Documentos Relacionados: Imaxes do estado do Punto Limpo de Sanxenxo |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O grupo municipal do BNG pide que Telmo Martín dimita como Alcalde de Sanxenxo. |
|
A decisión de Telmo Martín de presentarse como candidato á Alcaldía de Pontevedra obrígao a dimitir xa como alcalde do Concello de Sanxenxo. Telmo Martín enganou aos veciños de Sanxenxo. Dixo o xoves que deixaba á Alcaldía por cuestión personais e familiares e que non se presentaría a ningún outro cargo público. Iso foi o que anunciou aos veciños do seu concello, cando había dous meses xa tiña decidida a súa fuxida a Pontevedra. Ao día seguinte marchou a capital para contar a verdadeira historia. Ademais dunha falta de respecto para a xente deste concello, é unha demostración do que ocurrirá a partir de agora: Pontevedra é o importante, non Sanxenxo. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG vai poñer en coñecemento do Ente Especial Augas de Galicia unha obra que o Concello esta a levar a cabo na parroquia de Dorrón. |
|
|
O Grupo Municipal do BNG vai poñer en coñecemento do Ente Especial Augas de Galicia, Órgano dependente da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, unha obra que o Concello esta a levar a cabo na parroquia de Dorrón, sen ter en conta os mínimos requisitos para a súa realización.
O pasado 24 de maio os concelleiros do BNG fomos avisados de que se estaba a levar a cabo un recheo, no lugar de Freixeiro na parroquia de Dorrón, nunha vía asfaltado. Persoados no lugar comprobamos que non só se estaba recheando o vial senón que tamén se estaba a entubar un rego que o atravesa.
Avisada a Policía Local por teléfono o axente que nos atende infórmanos que xa teñen constancia da obra e que o promotor da mesma é o propio Concello de Sanxenxo. Preme no titulo para ler a nova completa. Preme no arquivo engadido para ver novas imaxes do recheo.
Documentos Relacionados: Imaxe do Plan Xeral e novas fotos do recheo |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
É así como lles da exemplo aos veciños do concello o equipo de goberno do PP? |
|
|
O equipo de goberno do PP no concello de Sanxenxo presume de ecoloxista e de coidar o medioambiente e para que se vexa, de cara a fóra, límpalle a cara ao térmo municipal sen contar que o concello ten 44 Km2 de extensión e non só é costa e praias. Varre a casa e agocha o lixo debaixo da alfombra.
Elaborou un Plan Xeral de Ordenación Municipal que pretenden vender como a solución a todos os males habidos e por haber pero son eles, o propio goberno, os primeiros en incumplir as normas que de xeito ditatorial lles esixen aos veciños que cumplan.
Din que respectan o medioambiente e o patrimonio e deixaron desfacer o muiño do Bimbieiro, hai dous anos, dicindo que o ían trasladar e a día de hoxe ninguén sabe que foi del. Deixaron que se creara un vertedoiro incontrolado no contorno da ermida da Lanzada ata que o BNG o fixo público en varias ocasións. Cando en outros concellos se están a desterrar e a coidar os ríos e regatos, o PP de Sanxenxo canalizaos e permite que se constrúan urbanizacións enriba deles (PEI-19 en Miraflores). Permitiron a tala de carballos centenarios en Monte Faro ata que foi denunciado polo BNG. Teñen a maioría das fontes e lavadoiros de todas as parroquias nun estado lamentábel. Preme no titulo para ler a nova completa. Preme no arquivo engadido para ver o plano do Plan Xeral e imaxe do recheo.
Documentos Relacionados: Imaxe do Plan Xeral e fotos do recheo |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Quintana aposta en Sanxenxo por unha política de cooperación que canalice o carácter solidario, xeneroso e comprometido da sociedade galega |
|
|
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, apostou por unha política de cooperación que “arbitre os mecanismos necesarios para canalizar o carácter solidario, xeneroso e comprometido que ten a sociedade galega”. Quintana fixo estas declaracións durante un cocktail benéfico celebrado o pasado venres en Sanxenxo a fin de colaborar con Intermón Oxfam no financiamento dun proxecto educativo en Perú que vai favorecer a máis de 20.000 nenos e nenas dos sectores urbanos máis marxinais.
Na súa intervención, o vicepresidente lembrou que a educación é a base do desenvolvemento dos países, polo que a cooperación debe actuar non só sobre as desigualdades de recursos, senón tamén sobre “as desigualdades de saber e poder”. Segundo Quintana, “non podemos conformarnos con loitar contra a pobreza, senón que temos que atacar as súas causas”, e neste senso incidiu en que a formación é fundamental para dotar aos países e aos seus cidadáns da capacidade para producir o que precisan e para participar nas decisións que lles afectan. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Liquidación Conta Xeral 2005 do Concello de Sanxenxo |
|
|
No pleno ordinario do pasado 30 de maio, deuse conta da liquidación consolidada da Conta Xeral do ano 2005. O Sr. Alcalde aproveitou para dicir que, en contra do que manifestara o BNG no seu día, non só se cumprira o orzamento senón que se superara.
Que o Sr. Alcalde minte cada vez que fala é sabido por toda a cidadanía de Sanxenxo, máis que o faga de xeito compulsivo é algo preocupante, sobre todo cando sabe que os datos que vai presentar a Intervención Xeral do Concello demostran o contrario.
O resultado da liquidación consolidada que se presenta agora confirma que non se cumpriron as previsións plantexadas no orzamento xa que sobre unhas estimacións orzamentarias de ingresos e gastos de 38,6 millóns de euros, ingresáronse 30,9 e gastáronse 33,3 millóns. Preme no título para ler a nova completa. Preme nos arquivos engadidos para ampliar a información.
Documentos Relacionados: Orzamentos 2005 investimentos non executados Liquidación Liquidación Consolidada |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Anxo Quintana afirma que o BNG é garantía de cambio e iso ten que continuar nas municipais |
|
|
O Portavoz Nacional presume nun acto en Sanxenxo de poder dicir que no BNG “cumprimos o que prometemos”
O Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana, afirmou hoxe nun acto en Sanxenxo que o BNG pode falar de que cumpre o que promete e é garantía de cambio, que ten continuar nas municipais, a través de máis alcaldes nacionalistas nos concellos. Quintana explicou que un, dende o Goberno, non sempre pode facer todo o que quere pero, segundo dixo, iso a xente o entende, “o que non entende é que se faga todo o contrario ao que se dixo ou prometeu”.
En referencia concreta a Sanxenxo, puxo como exemplo a oposición á Ronda, “que defendimos hai un ano” e que agora “cumprimos o que prometimos”, e dixo que o BNG quería para ese municipio un urbanismo ao servizo de todos e non só duns poucos.
“Nós temos un proxecto de futuro para Sanxenxo –dixo- que ten que efectivizarse nas próximas eleicións municipais porque tamén temos a persoa para desenvolvelo, Roberto Fernández Lores”, quen precedeu a Quintana neste acto.
O Portavoz nacionalista explicou que se estaba a visualizar en Galiza un camiño diferente aos 16 anos de goberno do PP e lembrou que para isto está sendo determinante o BNG, “o que ten que continuar coas municipais, con máis alcaldías nacionalistas”.
“Nós temos un proxecto constructivo e estamos nun momento para construír”, concluíu.
Documentos Relacionados: + fotos do acto de Anxo Quintana en Sanxenxo |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
NAUTA SANXENXO S.L |
|
Ao Alcalde de Sanxenxo éncheselle a boca cada vez que fala de transparencia da súa xestión no Concello. O grupo municipal do BNG pode afirmar que non é certo e máis cando se trata de información sobre a sociedade municipal NAUTA SANXENXO S.L. O único recurso que lle queda aos concelleiros do BNG, cando queren saber algo da devandita sociedade, é convocar unha Xunta Xeral Extraordinaria recurrindo á lei de sociedades. Mais nin así, porque na última Xunta Xeral celebrada o 28 de marzo pasado, solicitada polo BNG, facíanselle unhas peticións concretas ás que o Alcalde-Presidente non só non deu resposta se non que minteu descaradamente. Preme no titulo para ler a nova completa. Preme nos arquivos adxuntos para obter máis información.
Documentos Relacionados: Solicitude de convocatoria extraordinaria da Xunta Xeral de Nauta Sanxenxo S.L. Solicitude de información |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Semana “Santa” en Sanxenxo |
|
O concello de Sanxenxo voltou ser a pasada Semana Santa o destino escollido por miles de persoas para pasar uns días de descanso e lecer. Coa afluencia masiva de visitantes, voltouse a poñer de manifesto o caos, a falta de previsión e a inseguridade que imperan no noso concello nas datas de maior concentración de poboación. Mais, se a desorde foi xeralizada ao longo de todo o municipio, merece un punto e aparte o acontecido na vila de Portonovo, sobre todo o xoves 13 e venres 14. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Moción presentada polo BNG de Sanxenxo respecto o espazo portuario |
|
|
En todas as declaracións que fai o noso Alcalde cando fala do porto deportivo de Sanxenxo di que coa súa excelente xestión o espazo portuario pasou dunhas mans privadas a ser propiedade de todos os veciños e veciñas do concello.
Tamén manifestou en diferentes ocasións, a última durante a celebración da Xunta Xeral extraordinaria da sociedade Nauta Sanxenxo solicitada polo BNG, que cando o porto era propiedade da empresa Davila Lago, S.L., esta puxo unha cadea que non permitía o paso aos veciños e veciñas e mesmamente pretendía cobrar 100 pesetas por aparcar os coches ...
Polo cal solicita o seguinte:
- Que o aparcadoiro público do porto sexa de balde no período comprendido entre o 15 de setembro e o 15 de xuño.
- Que o mercadiño que se celebra actualmente dous días no contorno da piscina municipal en Portonovo, se traslade un dos días á praza pública da vila de Sanxenxo, chamada polo Sr. Alcalde “praza do Mar”.
Preme no arquivo adxunto para ver a moción completa.
Documentos Relacionados: Moción a respeto do espazo portuario en Sanxenxo |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Visita do Delegado Provincial da Consellería de Medio Rural a Sanxenxo |
|
A petición do Grupo Municipal do BNG, o Delegado Provincial da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galiza, Gonzalo Constenla Bergueiro, realizará unha visita ao concello de Sanxenxo na mañá do vindeiro sábado día 25. Preme no titulo para ler a axenda que vai realizar. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Continua o vertedoiro na Lanzada |
|
|
Que o goberno do PP no Concello de Sanxenxo, despois de 7 anos “gobernando?” non foi capaz de atopar alternativas ao turismo de sol e praia é un feito.
Que o desprezo que mostran polo medioambiente é total, queda fora de toda dúbida.
Que todo que soe a rural, ecoloxismo, patrimonio, paisaxe, etc., parécenlle cousas anticuadas, ancoradas no pasado e fóra da modernidade, repíteno todos os días.
Que as suxestións e denuncias feitas polo grupo municipal do BNG non son oídas nin tidas en conta e pola contra descalificadas sen o máis mínimo respecto é unha evidencia. Para ver a nova completa, preme no titulo. Para ver as imaxes dos verquidos na Lanzada, preme no arquivo adxunto.
Documentos Relacionados: Fotos dos verquidos no contorno da Lanzada Imaxes dos verquidos de restos de poda e ramallos na entrada ao contorno da ermida da Lanzada a principios de Marzo |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG de Sanxenxo reuneuse co sector do comercio |
|
|
Na noite de onte día 21 o BNG celebrou un acto no hotel Carlos I de Sanxenxo dirixido ao sector do comercio, coa presenza da Delegada Provincial da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galiza Montserrat Prado Cores e o portavoz do BNG no concello de Sanxenxo Roberto Fernández Lores. Na charla-coloquio, a que asistiron preto de 40 comerciantes, a Delegada informou das liñas que está a seguir a Consellería de cara a conseguir a dinamización do sector e explicou os pontos máis salientábeis do anteproxecto de Lei de Horarios Comerciais que ten presentada no Parlamento de Galiza, cumprindo diste xeito a promesa feita polo BNG de facelo no primeiro trimestre do ano 2006.
Ao remate da súa exposición a Delegada Monserrat Prado Cores e o portavoz do BNG en Sanxenxo Roberto Fernández Lores, deron resposta as diversas cuestións presentadas polos asistentes, tanto da problemática global do sector como de ámbito local. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Xestión urbanística no concello de Sanxenxo |
|
|
Coa proposta da Xerencia de Urbanismo para ratificar e convalidar as aprobacións definitivas do planeamento secundario feitas pola alcaldía, atopámonos ante a situación máis grave, en materia urbanística, que se deu no Concello de Sanxenxo desde que goberna o alcalde do PP Telmo Martín.
Esta situación está provocada pola mala tramitación dos instrumentos de planeamento, a pesar de dispoñer dunha Xerencia de Urbanismo que, segundo o Alcalde, remataría coas ilegalidades urbanísticas e axilizaría as tramitacións, pero feita a medida da súa mentalidade (promotor) que consiste en manexar persoalmente todos os asuntos urbanísticos incluídos aqueles que, como agora se demostra, non son da súa competencia senón do Pleno, cuestión xa advertida polo BNG no seu día.
Preme no título para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O BNG de Sanxenxo solicita a convocatoria da Comisión de Asuntos Xerais |
|
O Grupo Municipal do BNG no Concello, solicita a convocatoria da Comisión de Asuntos Xerais, para que o Sr. Alcalde de Sanxenxo explique de maneira oficial as irregularidades detectadas polo Consello de Contas e se deixe de decir tonterías e mentiras nos medios de comunicación para tratar de confundir a opinión pública e aos veciños e veciñas do concello.
preme no título para ver a nova completa |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Feiras de artesanía |
|
|
O grupo municipal do BNG no concello de Sanxenxo, preocupado pola decisión do equipo de goberno do PP de instalar as “feiras de artesanía” durante os meses de xullo e agosto en Portonovo e Sanxenxo, en contra da vontade e intereses dos comerciantes do concello, solicitou unha reunión coa directiva da asociación Entretendas, para coñecer de primeira man o punto de vista da situación por parte do colectivo.
Na reunión que se levou a cabo o venres día 8, os representantes do BNG escoitaron as reivindicacións dos comerciantes os cales presentaron un amplo dosier cos apoios recibidos dende os distintos colectivos, tanto do concello como da comarca e provinciais, e os escritos dirixidos ao Concello e a Xunta de Galicia solicitando a paralización das devanditas feiras.
Os concelleiros do BNG expuxéronlle aos directivos do C.C.U. a súa preocupación pola situación creada e manifestaron o total apoio as súas reivindicacións, informándolles que o grupo municipal do BNG vai presentar unha moción no Concello, para debater no próximo pleno ordinario que se celebrará o día 27 de xullo, na que se solicitará a inmediata paralización das mal chamadas “feiras de artesanía”.
Por outra banda, o grupo de goberno no concello de Sanxenxo, en vez de mudar a súa actitude ante as demandas xeralizadas por parte dos comerciantes, utiliza a súa prepotencia para provocar e avivar máis o lume do conflito. Proba disto foi a decisión tomada o pasado xoves de pechar ao tráfico a rúa Rafael Picó de Portonovo, deixando diste xeito inutilizada a entrada máis importante ao pobo e restando unas prazas de aparcamento das que tan necesitados están na vila. Só paralizou, en parte, esta absurda medida, a intervención de un grupo de veciños afectados que, manifestándose na rúa, conqueriron que o Sr. Alcalde modificara a súa decisión.
A este grupo de goberno só lle valen as medidas de forza para que entren en razón. Descoñecen o que é o diálogo e o consenso para que non se vexan afectados os intereses dos veciños.
preme na imaxe para amplia-la |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
XUNTA XERAL DE NAUTA SANXENXO, S.L. |
|
|
Aos concelleiros do grupo municipal do BNG de Sanxenxo, todo o relacionado coa empresa de capital público NAUTA SANXENXO S.L., cheiralle a podre.
Hoxe vivimos un novo episodio bochornoso relacionado con esta empresa.
Convocada a Xunta Xeral para as 9:15 horas,e tendo como único punto a aprobación das contas do ano 2.003, ésta rematou as 9:25 horas, coa total ausencia de explicacións e debate por parte da Presidencia.
A documentación entregada aos grupos da oposición limitouse ao balance simplificado para entregar no Rexistro Mercantil e a un informe do Interventor Xeral (un folio) que nun apartado dí: “Non se fan valoración sobre os aspectos de xestión que corresponden a Presidencia”.
O goberno do PP de Sanxenxo ten tan perdidos os papeis, que xa non se preocupa de manter o mínimo respecto aos membros da oposición, representantes, lexitimamente elexidos, dunha parte importante dos veciños e veciñas do concello.
O grupo municipal do BNG no concello de Sanxenxo síntese na obriga de comunicarlle aos veciños e veciñas o seguinte:
1.- Non se pode “despachar” en 10 minutos, a aprobación das contas anuais dunha sociedade, que ten aprobado un crédito de 15 millóns de euros (2.500 millóns das antigas pesetas) que está participada ao 100% polo Concello, ou sexa polos veciños e veciñas de Sanxenxo.
2.- Non se pode presentar un balance con uns beneficios de 109 euros (no ano 2.002 de 305 euros) sin dar ningún tipo de explicacións. Curiosamente os estatutos da sociedade dín que si ésta da perda, ten que disolverse.
3.- Hai máis de 2 meses que o grupo municipal do BNG ten solicitado ao Alcalde copia das actas do Consello de Administración da sociedade NAUTA SANXENXO, S.L., sen que a día de hoxe teña recibido nada.
A relación de motivos que nos leva a denunciar a falta de democracia no concello de Sanxenxo e ilimitada. Aos concelleiros do grupo municipal do BNG non nos pillan de sorpresa estas actitudes porque sabemos con quen tratamos, pero temos que denuncialas porque non nos permiten facer o labor que nos corresponde para velar polos intereses dos veciños. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Dorrón: outra parroquia esquecida |
|
|
O BNG de Sanxenxo preocupouse desde que se comezaran as obras de mellora da antiga C-550 (a actual PO-308) polo desenvolvemento e pola boa finalización destas, observando con estupor o que observamos esta semana, despois de ver o pintado da sinalización horizontal da estrada (síntoma do remate definitivo da obra de asfaltado). O pavimentado integral da estrada á que se lle colocaron as beirarrúas comeza en Areas e remata en Sanxenxo, co “esquecemento intencionado” do treito que cruza Dorrón.
Desde o BNG facémonos unha pregunta... É que hai alguén (vid. Xunta de Galicia e Alcalde de Sanxenxo) que considera que a parroquia de Dorrón non pertence ao concello de Sanxenxo? Debemos dicir que, desde a Alcaldía, difundiuse durante o desenvolvemento das obras unha información falsa, que falaba de asfaltado integral de todos os lugares onde se fixeran as beirarrúas (neste caso desde A Granxa ata Sanxenxo) e que non se mencinou en ningún momento un “parcheo” único e exclusivo para Dorrón. Falamos, polo tanto, dun gran ENGANO aos veciños e veciñas de Dorrón.
O BNG recolle o sentir veciñal de Dorrón e maniféstalle ao Sr. Alcalde que nin os dorroneses nin calquera que pase por esta parroquia (queira el ou non) do concello de Sanxenxo acepta a “discriminación dos remendos”.
O Concello ten o deber de velar pola uniformidade de trato e, no que nos atinxe, pola calidade óptima de todos os viais que polo seu territorio discorren. Por todo isto, agardamos do Sr. Martín que lle esixa á Consellería de Política Territorial que se corrixan de inmediato as condicións nas que queda o treito Areas – A Granxa igualando o nivel de pavimentación e corrixindo tamén os defectos dependentes da execución da obra (pois quedaron numerosos accesos a pistas públicas así como a casas particulares en condicións moi deficientes).
|
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Irregularidades no porto deportivo de Sanxenxo |
|
O Grupo Municipal do BNG vén observando con gran inquietude a actuación administrativa que se vén desenvolvendo, tanto por parte da Alcaldía como polas demais sociedades dependentes do Concello de Sanxenxo; e diante das irregularidades observadas non pode poñer unha venda nos ollos como se non pasase nada.
Preme no título para ver a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
O Grupo Municipal do BNG de Sanxenxo amosa a súa preocupación polo trato de favor que reciben do concello as obras dunha superficie comercial |
|
|
Desde o BNG temos constancia de que os veciños do concello de Sanxenxo coñecen ben a preocupación que ten o equipo de goberno por que se cumpran estritamente as leis, sobre todo no que atinxe ao tema urbanístico. Teoricamente aprobouse un Plano Xeral de Ordenación Municipal (o PXOM) para que se rematase coa desfeita urbanística e mais, nos orzamentos do ano 2.004 (que se están a presentar) contémplase a creación de dúas prazas de policía para velar por este cumprimento específico.
Tamén nos consta que o que os veciños non acaban de entender é por que se lle poñen tantos atrancos coas aliñacións cando queren facer unha casa nas súas propiedades e logo pasa o que está pasando coa obra que está a facer o hipermercado CHAMPION na rotonda do Vimbieiro.
Preme no título para ver a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Sanxenxo |
 |
|
|
Aclaracións sobre o Plan Especial de Ordenacion do porto de Sanxenxo |
|
|
O Grupo Municipal do BNG de Sanxenxo, quere facer unhas cantas aclaracións sobre a contestación que deu, a través da prensa, o grupo de goberno do PP, ás alegacións presentadas o pasado 23 de abril polo Bloque Nacionalista Galego ao Plan Especial de Ordenación do Porto de Sanxenxo.
1º.- En canto á solicitude dun estudo de Impacto Ambiental, din que en caso de facelo non cumprirían cos prazos para a saída da Volta o Mundo de Vela (Volvo Ocean Race). A este respecto temos que lembrar que foi polo mes de novembro do ano pasado, hai preto de 6 meses, cando se comenzou a debater este tema, polo tanto se se demorou ata estas datas non é por outra cousa que pola falta de previsión e incompetencia do grupo de goberno.
2º.- O grupo municipal do BNG mantén a mesma postura con respecto ao Club Náutico agora, que a que defendía no mes de novembro pasado. O novo edificio que pretende construír o Club Náutico, segundo a maqueta que se presentou á prensa, é o mesmo que nos mostrou o seu presidente, Pedro Campos, nas reunións mantidas con este grupo por aquelas datas. A diferenza radica en que antes o edificio de 3 alturas partía da rasante que ten actualmente o porto e polo tanto sobresairía sobre o espigón apenas unha altura, e agora vai instalado sobre dúas alturas de 6 metros (un metro máis que a praza que vai quedar sobre os aparcadoiros) sobresaíndo na súa totalidade por enriba do espigón. Agora enténdese porqué o Sr. Alcalde e o seu grupo, non facilitou a comparecencia do Presidente do Club Náutico na Xunta Xeral de Nauta Sanxenxo, S.L. solicitada polo BNG o 25 de novembro de 2.003.
3º.- O BNG coñecía as esixencias da Volvo Ocean Race, xa daquela entonces, para que lle fora concedida a Sanxenxo ser base da saída da Volta o Mundo de Vela, e así o facía constar na convocatoria da Xunta Xeral de Nauta Sanxenxo:
“A elección de Sanxenxo como centro operativo da regata “Volvo Ocean Race” debe estimular aos grupos municipais a facer un traballo transparente diante das tarefas que se aveciñan, e dialogar en busca de consensos nas obras que se acometerán para acadar os compromisos adquiridos con Volvo Ocean Race.
Estes consensos só son posíbeis a través dunha comunicación fluída, de diálogo e transparencia, con achegas de todos os grupos e debates, para os que se ofrece este grupo do BNG”
Esixencias que negaba o Sr. Alcalde e agora dí que é o BNG quen pon trabas para a celebración de tan importante acontecemento. Quen lle cree?
O Bloque Nacionalista Galego está tan interesado coma o resto dos veciños do concello de Sanxenxo en que se celebre este evento, pero o que non vai a permitir baixo ningún concepto é que, coa desculpa da falta de tempo, se aproveite para cometer ilegalidades nin obras que condicionen á perpetuidade o futuro do recinto portuario.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|