|
|
 |
|
 |
| |
 |
Ribadumia |
 |
|
|
O BNG emplaza aos Sres. Barral e Louzán a que aclaren todo o que pasa co caso Nuñez Reboredo |
|
|
O BNG emplaza aos Sres. Barral e Louzán a que aclaren todo o que pasa co caso Nuñez Reboredo, e asuman as súas responsabilidades no que é un novo revés para os intereses do Concello. Neste momento, sen contar o caso Núñez Reboredo, o Concello de Ribadumia ten asumido unha débeda derivada da 2ª fase do Polígono de máis de 1.200.000 euros.
21 febreiro 08. A sentencia xudicial inhibíndose da denuncia presentada polo Concello de Ribadumia para cobrar os terreos do Polígono adxudicados a Núñez Reboredo volta a ser un reves para os intereses de Ribadumia, posto que se cerra outra porta.
O feito determinante nesta sentenza e a aparición do famoso “ANEXO” ao convenio no que se afirma que o empresario xa tería cumpridos os compromidos co Concello de Ribadumia ao abonar a súa debeda a empresa que urbanizou parte do Polígono. Este anexo non foi ratificado en ningún pleno nin Comisión pero si esta asinado polo alcalde naquel entonces, o Sr. Barral. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
A Consellería de Vivenda e Solo adxudica 23 vivendas protexidas no Concello de Ribadumia |
|
|
Trátase de vivendas de entre 2 e 3 dormitorios cun prezo de venda que oscila entre os 74.000 e os 95.000 euros en función da superficie e nº de dormitorios
14 febreiro 08. A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, adxudicou a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida 23 vivendas de protección autonómica (VPA) no Concello de Ribadumia. As vivendas sorteáronse ante notario entre un total de 103 persoas inscritas no Rexistro e cuxas solicitudes – expostas no impreso de inscrición – se axustaban ás características destas vivendas protexidas.
As vivendas protexidas están ubicadas na localidade de Barrantes e trátase de nove vivendas de tres dormitorios cun prezo de venda de 95.000 € e foron sorteadas entre un total de 57 persoas inscritas no Rexistro. As 14 vivendas restantes dispoñen de dous dormitorios cun prezo de venda que oscila entre os 74.000 e os 77.000 € en función da superficie, e foron sorteadas entre 41 solicitantes. |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
O BNG pide que se asuman responsabilidades politicas polo aumento da débeda do Concello de Ribadumia e a sentencia de OBEXCAR |
|
|
No pleno de onte o P.P. aprobou a solicitude dun anticipo de creto por valor de 305.000 euros. Cada veciño de Ribadumia terá que aportar 67 euros para pagar a sentencia de OBEXCAR.
7 setembro 07. No día de onte celebrábase Pleno Ordinario no Concello de Ribadumia e no orde do día figuraba a solicitude dun anticipo de creto a Deputación Provincial por valor de 305.000 euros, importe necesario para abonar a sentenza do xuízo promovido pola empresa OBEXCAR. O anticipo de creto solicitase a Caixa de Anticipos da Deputación e prevese a súa amortización nun período de dez anos.
A intervención de Ramón Mouriño, Portavoz do B.N.G. baseouse en dous eixos: o aumento da débeda do concello e a falta de asunción de responsabilidades políticas pola situación creada. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
Valoración dos orzamentos do Concello de Ribadumia- Ano2007 |
|
|
27 xullo 07. Resume da intervención que Ramón Mouriño, portavoz do Bloque Nacionalista Galego na Corporación Municipal de Ribadumia, fixo no pleno celebrado no día de onte, no punto no que se debatía a proposta de orzamento para o presente ano 2007.
Da análise do orzamento presentado polo Partido Popular dedúcense 4 elementos:...
Preme no titulo para ler o resume da intervención. |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
Moción do Partido Popular sobre as obras da autovía do Salnés |
|
Rresumo da intervención de Ramón Mouriño, e do acordo tomado no pleno do Concello de Ribadumia, en relación coa moción do Partido Popular na que se pedia que se aproveitaran as obras da Autovia do Salnés para que a Xunta de Galicia colocara as tuberias do gas, electricidade, fibra óptica e telefónica. Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
O Portavoz do BNG de Ribadumia reúnese coa Delegada da Consellería de Innovación e Industria, Monserrat Prado. |
|
|
Ramón Mouriño satisfeito polo compromiso expresado pola Delegada de financiar o acondicionamento da Praza de Abastos de Barrantes
O portavoz do Grupo do BNG en Ribadumia, Ramón Mouriño, trasladouse no día de hoxe a Pontevedra, a sede da Delegación da Consellería de Innovación e Industria, onde tivo unha reunión coa Delegada da Consellería, a tamén nacionalista Monserrat Prado Cores.
Ramón Mouriño trasladoulle a Delegada a necesidade de acometer unha reforma integral da Praza de Abastos de Barrantes, a única existente no Concello de Ribadumia, e que se atopa en moi mal estado de conservación, logo de que o Concello de Ribadumia non realizase ningunha obra de mantemento nos últimos anos, situación que incluso provocou que algún grupo político propuxera o seu traslado e realizar algún acordo urbanístico sobre a parcela. O BNG pola contra considera que a praza pode chegar a ser un elemento dinamizador da economía do comercio da zona e sempre defendeu a súa ubicación no núcleo de Barrantes... Preme no titulo para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
Moción do BNG de Ribadumia para que o Concello sinalice espazos para paradas de Taxi no núcleo urbán de Barrantes e nos alrededores do Centro de Saúde |
|
Nos últimos anos o Concello de Ribadumia, especialmente o núcleo urbán de Barrantes ven experimentando un crecemento poboacional importante. Dende a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) téñense construído moitas edificios de vivendas, que son mercados na súa grande maioría por persoas que se trasladan doutros lugares a vivir aquí. Por este motivo neste momento unha de cada catro persoas que viven no Concello fano neste núcleo urbán. No Bloque Nacionalista Galego consideramos importantísimo para garantir a calidade de vida das persoas que habitan no Concello que o crecemento do mesmo se faga compaxinadamente co aumento dos servizos que se prestan no Concello. E necesario que ao tempo que se constrúen vivendas o núcleo medre tamén a nivel económico e se dinamice para evitar que se converta nun lugar dormitorio. Preme no arquivo adxunto para ler a moción completa.
Documentos Relacionados: Moción polas paradas de Taxi |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
Bieito Lobeira reuníuse este mércores con veciños de Barrantes. |
|
Bieito Lobeira, deputado do BNG no Parlamento de Galiza, interesouse polos problemas duns veciños de Barrantes. Estes son propietarios dunhas vivendas de protección oficial aos que a Consellaría de Economía e Facenda lles reclama un imposto de transmisións patrimoniais. Preme no titulo para ler a nova completa |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
A gardería municipal de Ribadumia |
|
O BNG de Ribadumia que mostrar a nosa satisfacción pola posta en funcionamento, por fin, da Gardería Municipal de Ribadumia e ao tempo facer constar unha serie de cuestións relativas ao proceso de adxudicación da xestión da mesma.
Preme no título para ler a nova completa. |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
o BNG propón a contratación dun aparellador municipal en Ribadumia |
|
|
Levará a responsabilidade técnica das áreas de urbanismo e obras e eliminaríase o Contrato de Asesoramento que existe actualmente.
O Grupo do BNG en Ribadumia levará ao próximo pleno da corporación unha proposta para a contratación dun Aparellador para asumir a responsabilidade técnica das áreas de urbanismo e obras. Esta contratación pasaría a ter a responsabilidade técnica das áreas de urbanismo e obras: Prestaría todo o asesoramento necesario en materia urbanística, tanto a corporación municipal como os cidadáns que o precisasen e sería o encargado de informar sobre as Licencias de obra solicitadas así como de facer o seguimento das mesmas. Por outra banda tamén asumiría funcións de dirección técnica das obras que dependan do Concello.
Caso de aprobarse significaría poñer fin a situación actual, na que o Concello conta, dende fai anos, soamente con un asesor urbanístico, que ten un “contrato de servicios” compartido entre os Concellos de Ribadumia, Meis e Portas, de tal xeito que esta persoa só acude o Concello de Ribadumia un máximo de dous días a semana. Para o BNG esto e a todas luces insuficiente para atender adecuadamente con tódalas funcións que deben prestarse dende a responsabilidade técnica na área de urbanismo, sobre todo logo do aumento nas licencias de construcción que tivo Ribadumia logo da aprobación do Plan Xeral de Ordeación Municipal.
Por outra parte tamén se aprecia unha carencia de asesoramento técnico en materia urbanística os veciños, sobre todo agora que se están a levar a cabo cuestións tan importantes como a revisión do catastro da urbana ou a Concentración Parcelaria.
Ao mesmo tempo, a contratación dun aparellador a tempo total, suporia que esa persoa poidese facer un seguimento continuo das obra publica que se está a desenvolver polo Concello, exercendo a responsabilidade técnica da área de obras e prestando o debido asesoramento o grupo de governo e a corporación, para evitar, como xa ten pasado, errores na realización das mesmas e velando polo bo fin da obra así como o cumprimento dos prazos de construcción.
Aproveitamos para criticar a situación que parece que se está a dar na actualidade, onde semella que está a exercer tarefas de xefe de obras, unha persoa que non ten ningunha relación laboral co Concello de Ribadumia. Para o BNG que está situación non é correcta xa que esta persoa, ao non estar contratado polo Concello, non ten ningunha responsabilidade adquirida e polo tanto as súas accións non poderán ser en ningún caso respaldadas pola Corporación Municipal.
Importante tamén mencionar que o BNG pide a contratación por concurso público deste posto de traballo, solicitando que bases de contratación sexan elaboradas na comisión de persoal e que se constitúa o correspondente tribunal de valoración coa presencia da oposición. Só así se podera garantir o respeto a igualdade entre tódolos aspirantes, así como a independencia política da persoa que finalmente resulte contratada.
preme no documento relacionado para ver a moción
Documentos Relacionados: Moción para a contratación dun aparellador |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
O BNG solicita a dotación de pasamáns nas escaleiras do Centro de Saúde de Ribadumia e a sinalización de prazas para minusválidos. |
|
Ramón Mouriño, portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Corporación municipal do Concello de Ribadumia ven de solicitar a dotación de varanda ou pasamans nas escaleira de acceso o Centro de Saude de Ribadumia, único existente no municipio. Faise así eco o BNG das demandas de usuarios do Centro, que se queixan de que a falta de pasamans nas escaleiras supon problemas para persoas, sobre todo maiores, que o non contar cun “punto de apoio” teñen problemas para subir adecuadamente polas escaleiras de acceso o Centro. O mesmo tempo tamén solicita o BNG a reserva e sinalización de prazas de estacionamento para vehículos de minusválidos no entorno do edificio do Centro de Saúde. A pesares de contar o Centro cunha rampa de acceso para minusválidos, sen embargo bótase de menos tamén unha zona reservada para estacionamento, facilitándolles así a estas persoas o poder estacionar o seu vehiculo cerca do Centro e o propio acceso directo o edificio, sen ter que desprazarse distancia, curzar a vía pública ou sortear outros vehículos. Estas dúas peticións serán incluidas polo BNG no próximo pleno da corporación municipal a celebrar na semana próxima. Preme en Documentos relacionados para descargar a moción.
Documentos Relacionados: Moción pasamáns centro de saúde de Ribadumia |
|
|
 |
|
 |
Ribadumia |
 |
|
|
O BNG solicita a retirada das certificacións de obra no pleno de Ribadumia |
|
Esixe a convocatoria dunha reunión da Comisión de obras para que o P.P. explique as adxudicacións por “Decreto” e a financiación das obras; así como a presentación dun Plan para a Dotación de servicios na Urbanización Santa Eulalia, no que se inclúan as aportacións de particulares e contemplando a adxudicación por concurso público.
preme no título para ampliar a nova |
|
|
 |
|
|
|
|
|
|