Contacte con nós Volver a páxina principal Faga da páxina do BNG Salnés a súa páxina de inicio
Documentos,
publicacións e
iniciativas.
 
Ogrobe  
A Galescola d´Ogrobe conclue hoxe en Santiago a sua tramitación  
  • O Tte. Alcalde, o nacionalista Carlos Álvarez afirmou estar satisfeito co proceso de transferencia da Escola Infantil a Rede de Galescolas.
  • Na firma do último convenio estarán o Alcalde e o Tte. Alcalde.
  • O Concelleiro de Igualdade resalta as importantes prestacións e calidade de servizo que vai ter O Grove na educación infantil. 

28 xullo 08. As 11.00h terá en Santiago de Compostela a firma do último convenio que converte a antiga garderia municipal en Galescola. Ao acto acudirán o Tte. Alcalde e concelleiro de Igualdade e benestar Carlos Álvarez, así como o propio Alcalde da localidade meca.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
A Conselleira de vivenda e Solo e o Tenente Alcalde d´Ogrobe asinan un convenio para a reurbanización do barrio Virxe das Mareas  

Vivenda aporta o 80% do investimento - 184.880 € - e as obras consistirán na mellora dos actuais servizos urbanísticos, a eliminación das barreiras arquitectónicas e a mellora da comunicación das rúas da vila

24 xullo 08. A conselleira de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, e o tenente alcalde do Concello do Grove, Carlos Álvarez Besada, asinaron un convenio de colaboración para a mellora e acondicionamento do Barrio Virxe das Mareas e o seu entorno cun orzamento de 231.100 euros. A Consellería aportará o 80% do investimento, 184.880 euros, distribuídos en dúas anualidades: 64.880 euros con cargo aos orzamentos de 2008, e os 120.000 euros restantes con cargo aos orzamentos de 2009.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
O Tte. Alcalde, Carlos Álvarez gratificase pola boa marcha nas xestións có barrio de Virxe das Mareas.  

13 xuño 08. O concelleiro de vivenda e solo e Tte. de Alcalde Carlos Álvarez congratulase das inverións que este mesmo ano vai facer a Consellería de Vivenda e Solo no barrio de Virxe das Mareas. "Desde que entramos no goberno estamos xestionando un programa integral que deixará a Virxe das Mareas como un barrio modelico, esta primeira parte tratase da humanización do entorno onde adencentaremos as ruas e praza central con unha mesma tipoloxia e dacorde co entorno. As vivendas entran nun segundo proxecto que está a estudar a Consellería de Vivenda e Solo."

    O nacionalista afirmou que este ano "comezará unha parte do proxecto e para o vindeiro ano se fará a seguinte, na que o Concello tamén pon un porcentaxe." O Concelleiro afirmou que a finalidade das actuacións, e que "sexa un proxecto integral ainda que se faga en varias fases". O nacionalista se mostrou moi contento ao coñecer onte a nova da Consellería que dirixe a nacionalista Teresa Taboas.

Ogrobe  
O Tte. Alcalde Carlos Álvarez, inaugura xunto con Luis Rei a exposición “O Grove, Feminino Plural”  
  • Luis Rei será o encargado de presentar o Ardentia “O Mar tamén ten Mulleres” do cal é director. A continuación fará unha charla sobre “A illa das mulleres salvadoras”.
  • O Tte. Alcalde, o nacionalista Carlos Álvarez convida a todos e todas as veciñas aos actos do día da muller, que comezan mañán martes as 20.30 na confraría de pescadores.
  • La Caixa e Caixanova, patrocinan a exposición que visitará outros Concellos do pais.

10 marzo 08. O nacionalista Carlos Álvarez convida a veciñas e veciños a inauguración da exposición “O Grove, Feminino plural” e as posteriores charlas que se farán mañán martes na confraría de pescadores. A presentación da exposición e da edición do Ardentia “o mar tamén ten mulleres” será a cargo de Luis Rei Nuñez, ao igual que a charla da “Illa das mulleres salvadoras”.
A concellería de Igualdade e Benestar compaxina esta charla cunha visita gratuíta a illa de Salvora para o vindeiro 26 de abril.

A exposición “O Grove feminino plural” ten como comisarios a Lino Prieto, Luis Rei e Miguel Muñiz e estará exposta na confraría a partir de mañán ata o 28 de marzo, logo visitará outros concellos do pais. Abrirá polas mañáns e polas tardes.

O Tte. Alcalde, Carlos Álvarez, agradeceu tamén a participación de empresas como La Caixa ou Caixanova, ao igual que Aqcuavisión Galicia na sua contribución nestas actividades e na loita pola igualdade entre homes e mulleres.

Ogrobe  
A Concellería de Igualdade e Benestar de Ogrobe, pon un posto informativo sobre o día da muller traballadora  

-O posto do CIM estará a partir das 11.00h da mañán na praza de abastos do concello, e se porá en colaboración coa asociación das traballadoras da praza.
-A Concellería de Industria e comercio tamén participa nesta campaña informativa.
-O Tte. Alcalde, o nacionalista Carlos Álvarez anuncia as “meca da igualdade 2008”.

6 marzo 08. O Tte. Alcalde, o nacionalista Carlos Álvarez informou sobre a decisión do Consello Local da Muller de conceder o premio “Meca da Igualdade 2008” a “Gina a do peixe” pola súa vida adicada a unha actividade tradicional dun pobo mariñeiro, a venta directa nas vivendas. O Consello reunido esta semán, tamén otorgou o premio meca da igualdade ao colectivo, que será este ano para o grupo de traballadoras da conserva Thenaisie Provote, pola labor a prol do sindicalismo feminino nos inicios dos anos 80, cando poucas mulleres estaban sindicalizadas elas loitaron polo mantemento dos seus postos de traballo e das melloras salariais. Este foi, e sigue sendo un dos maiores conflictos de traballadoras da conserva da comarca do Salnés. Representan un dos maiores colectivos de mulleres traballadoras do concello.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
A nacionalista Victoria Canoura trata con Monbus o transporte local  
18 decembro 07. O pasado día 11 de decembro, a C oncelleira de Transportes do Concello d´OGrobe, Vitoria Canoura, reuniuse con representantes da empresa concesionaria Monbus para tratar, entre outros asuntos, a posibilidade de crear un servizo de transporte no concello. Este servizo permitiría que os veciños da parroquia de San Vicente e doutros barrios, como Campos, Reboredo, Meloxo, Ardia, ou Virxe das Mareas, puidesen intercomunicarse, entre eles e co centro urbano, tendo acceso a servizos como a biblioteca, o centro de Saúde, o comercio, a banca ou o mercado con rapidez, e a un custe económico asequible, ofrecendo unhas frecuencias axeitadas para realizar trámites, visitas ou compras. Ademáis de garantir a puntualidade necesaria para a credibilidade do servizo.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Ogrobe  
O Tte. Alcalde Carlos Álvarez, informa as persoas maiores do novo programa de piscina e ximnasia  
  • O concelleiro nacionalista, aunciou que os cursos faranse na piscina de Portonovo e suporá un beneficio importante para o benestar dos maiores.
  • “A pesar de non ter piscina propia, daremos o servizo en colaboración coa piscina de portonovo para sair do paso neste tempo ata que teñamos unha propia” afirmou Carlos Besada.
  • Os cursos de ximnasia faranse de maneira cordinada cos exercicios na piscina, e se farán no pabillón municipal.
  • Carlos Álvarez anunciou tamén que “a centralización dos servizos sociais poderá ser efectiva en pouco tempo”.

29 setembro 07.  A concellería de Igualdade e Benestar está a facer unha serie de cursos de formación e preparación para a 3ª idade. A Concellería nacionalista comezou cós cursos de Ioga, de educación Básica de Adultas, cursos de Atención a Dependencia, así como a preparación do “I Encontro dos maiores”, agora anuncia para o comezo da actividade de piscina e ximnasia.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
A investigación das listas do PP deixa ao descuberto as mañas antidemocráticas do PP  

As denuncias públicas feitas polo BNG foron confirmadas nas declaracións que coñecemos estes días, e amosan que moitas persoas eran presionadas polo PP para que traballaran para eles nas campañas electorais.

29 setembro 07. Neste días sairon á luz novos datos que amosan ás claras o xeito antidemocrático de actuar o Partido Popular e en concreto do seu presidente no concello de Ogrobe Miguel Pérez; se o BNG denunciou no mes de xullo que os feitos acontecidos na nosa comarca con persoas que figuraban nas listas do PP de Euskadi sen o seu consentimento debían ser investigados pola súa gravidade, conforme vai avanzando a investigación comprobamos ás claras cal é o xeito de actuar do PP.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
O BNG afirma que o PP semella o camarote dos irmáns Marx  
O BNG afirma que o PP semella o camarote dos irmáns Marx 
Bieito Lobeira pide que Rafael Louzán e Alfonso Rueda declaren como imputados, toda vez que o Xuíz ten evidencias de que as listas saíron da sede do PP en Pontevedra

Santiago de Compostela, 22 Agosto 07. O coordenador do grupo parlamentar do BNG, Bieito Lobeira, vén de cualificar de "camarote dos irmáns Marx" a actitude do PP ao respeito da polémica sobre a lista de candidatos de Euskadi e pide que se depuren responsabilidades, tanto dende o punto de vista político como penal.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Ogrobe  
Rodríguez pede ao Goberno que abra unha inspección administrativa polo caso das persoas incluidas sen o seu consentimento en listas electorais do PP  
Rodríguez pede ao Goberno que abra unha inspección administrativa polo caso das persoas incluidas sen o seu consentimento en listas electorais do PP 
O deputado do BNG tamén quer que a Axencia Española de Protección de Dados actúe de oficio para investigar a utilización dos dados persoais de doce cidadáns de O Grove con fines políticos partidistas.

Madrid, 4 Agosto 07. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pede ao Goberno que impulse a apertura dunha inspección administrativa a fin de depurar as responsabilidades administrativo-políticas que puidese haber no caso da utilización dos dados persoais de doce cidadáns de Ogrobe propostos, ou incluidos sen o seu consentimento nas candidaturas do PP no País Vasco.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Ogrobe  
Bieito Lobeira leva ao Parlamento as denuncias das persoas que foron incluídas en listas do PP en Euscadi sen o seu consentimento  
Bieito Lobeira leva ao Parlamento as denuncias das persoas que foron incluídas en listas do PP en Euscadi sen o seu consentimento 
Bieito Lobeira interésase polas actuacións que o Goberno galego vai levar adiante en defensa dos intereses dos afectados/as

Santiago de Compostela, 31 Xullo 07.- O deputado do BNG Bieito Lobeira vén de rexistrar unha pergunta para a súa resposta oral na que se interesa pola avaliación que o Goberno galego fai do sucedido con varios cidadáns e cidadás galegos/as que foron incluídos/as sen o seu consentimento na proposta de listas do PP en Euscadi para as pasadas elecións municipais.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Ogrobe  
O BNG demanda a varios organismos unha investigación  
Bieito Lobeira e Duarte Correa responsabilizan á dirección galega e provincial do PP do acontecido

23 Xullo 07.- O deputado pola provincia de Pontevedra, Bieito Lobeira, e o responsábel comarcal do Salnés, Duarte Correa, veñen de demandar, nunha rolda de prensa en Vilagarcía unha investigación "a fondo" do caso das sete persoas de Ogrobe que foron propostas para as listas das municipais do PP en Euscadi.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Ogrobe  
Festa Día da Patria en Ogrobe organizada por Galiza Nova  
Ogrobe  
O BNG de Ogrobe non asisitiu hoxe ao pleno por non estar dispostos a participar no que consideran “unha burla á cidadanía”  

Carlos Álvarez: “A actual corporación en funcións non ten autoridade moral para aprobar absolutamente nada que vaia a condicionar o futuro do noso concello”
O candidato nacionalista considera que con actuacións como a de hoxe o Partido Popular deixa en evidencia que xa dan por perdida a Alcaldía

24 maio 07. Os concelleiros do grupo municipal do BNG de Ogrobe decidiron non asistir este mediodía ao pleno extraordinario no que se aprobou o convenio urbanístico de Raeiros. O portavoz do grupo nacionalista e candidato á Alcaldía, Carlos Álvarez Besada, explicou que decidiron non acudir ao pleno “porque non estamos dispostos a participar dunha burla á cidadanía”.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
Novo boletín de Galiza Nova de Ogrobe  
Novo boletín de Galiza Nova de Ogrobe 
22 maio 07. Galiza Nova de Ogrove vén de editar un novo boletín para expoñer cales serán as políticas de mocidade deste concello e amosar a aposta que o BNG fai pola xente nova coa incorporación de novas e novas candidatos. Dende Galiza Nova de Ogrove queren así tamén amosarnos como se pode facer País dende os concellos!!!Que o desfrutedes!!
Preme no arquivo engadido para ler o boletín.


Documentos Relacionados:
Boletin Galiza Nova Ogrobe O Sacho Maio 2007
Ogrobe  
O que ocurriu onte no incendio da rúa Aguieira pon de manifesto a urxente necesidade do Plan de Emerxencias deseñado polo BNG  

Carlos Álvarez considera que a inoperancia, cando non directamente a inexistencia, dos servizos de emerxencia podería terse evitado no caso de que Ogrobe contara cun plan como o que os nacionalistas porán en marcha dende o vindeiro gobernmo municipal

21 maio 07. Descoordinación, ineficacia e desprotección son os termos que mellor definen o que onte pola noite aconteceu no incendio da vivenda da rúa Aguieira.
O BNG de Ogrobe quere, antes que nada, expresar a súa solidaridade coa familia afectada á que lle ofrece o seu total apoio.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
A secretaria xeral de Igualdade asegura que o Centro de Día de Ogrove depende só de que o concello poña a disposición os terreos  
A secretaria xeral de Igualdade asegura que o Centro de Día de Ogrove depende só de que o concello poña a disposición os terreos 

Carme Adán participou onte en Ogrobe nun acto sobre políticas de igualdade acompañada polo candidato á Alcaldía Carlos Álvarez e as candidatas Lina Álvarez e Victoria Canoura

17 maio 07. Se o Centro de Día de Ogrobe non é aínda unha realidade é pola nesfasta xestión no goberno municipal do Partido Popular. Así o veu a refrendar onte a secretaria xeral de Igualdade. Carme Adán asegurou que na parte que lle corresponde ao seu departamento non habería ningún problema en ter xa posta en marcha a construcción deste centro sempre que dende o concello se lle presentaran posibles ubicacións.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
Carlos Álvarez: “Os demais xa estiveron no goberno e xa vimos o que fixeron, a única opción de futuro para Ogrobe é o BNG”  
Carlos Álvarez: “Os demais xa estiveron no goberno e xa vimos o que fixeron, a única opción de futuro para Ogrobe é o BNG” 

O candidato nacionalista valora moi positivamente a resposta por parte da cidadanía e subliña que o BNG deixou claro que ten outro estilo de entender e practicar a política, “un estilo que sería moi aconsellable implantar en Ogrobe”.

16 maio 07. A resaca do mitin central do BNG en Ogrobe resúmese nunha idea expresada dende o esceario polo candidato Carlos Álvarez Besada: “O BNG é a única opción que aínda pode demostrar o que é capaz de facer. O resto xa estiveron no goberno e xa vimos o que fixeron”.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
Quintana expresa en Ogrobe a aposta do BNG por un turismo sustentábel  
Quintana expresa en Ogrobe a aposta do BNG por un turismo sustentábel 
O portavoz nacional do BNG afirma que a comarca do Salnés está "nun momento decisivo" no cal hai que ordenar o crecemento para impedir a degradación do territorio e dos espazos naturais

15 Maio 07. O Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana, estivo esta mañá en Ogrobe, onde montou nun catamarán turístico que organiza viaxes ás bateas. Alí, destacou a aposta do BNG por un "turismo sustentábel e adaptado á realidade galega".
Preme no titulo para ler a nova completa.
Ogrobe  
Anxo Quintana, Fernández Lores e David Mascato participan, entroutros, no vídeo electoral do BNG de Ogrobe  

11 maio 07. O BNG de Ogrobe ven de presentar o seu vídeo electoral, que podedes ver aqui:

 

Ogrobe  
Carlos Álvarez participará mañá no debate sobre o urbanismo que se celebrará trala presentación do libro “Feismo?, destruir un país”  

No acto, organizado polo colectivo “Sempre en Galiza”, tamén estarán presentes o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Daniel Pino; o editor da obra, Xavier Paz; e o xornalista Camilo Franco

8 maio 07. O candidato nacionalista á Alcaldía do Grove, Carlos Álvarez Besada, será un dos participantes no coloquio-debate sobre o urbanismo que terá lugar na Confraría de Pescadores do Grove ás 20:30 horas de mañá mércores.

O coloquio celebrarase tralo acto de presentación do libro “Feismo?, destruir un pais”, editado por Difusora das Letras, e que recentemente foi galardoado co Premio Irmandade do Libro ao mellor proxecto editorial de 2006, outorgado pola Federación de Libreiros de Galicia.

Trala presentación da obra iniciarase unha tertulia-debate sobre o urbanismo en O Grove na que participarán:

  • Carlos Álvarez Besada, candidato á Alcaldía polo BNG
  • Daniel Pino, urbanista e director xeral do IGVS
  • Xavier Paz, editor do libro
  • Camilo Franco, xornalista

Preme no titulo para saber máis sobre o libro “Feismo?, destruir un pais”

Ogrobe  
O BNG de Ogrobe presenta un Plan de Emerxencias Municipal que pon fin á actual falta de planificación e resposta nesta área  

Carlos Álvarez sinala que “grazas a este Plan o próximo goberno do BNG vai a conseguir que Ogrobe esté preparado para calqueira emerxencia ou catastrofe”

7 maio 07. Ante a inoperancia e a falta de planificación demostrada polo actual goberno municipal no que aos servizos de emerxencias se refire, o BNG de Ogrobe ven de deseñar un Plan de Emerxencias Municipal (P.E.M.). Este Plan constitúese deste seito no marco orgánico funcional e dos mecanismos que permitan a mobilización dos recursos humanos e materiais necesarios para a protección de persoas e bens no caso de grave risco ó colectivo, catástrofe ou calamidade pública no ámbito xeográfico de Ogrobe.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
Álvarez Besada anuncia en Radio Argentina medidas para evitar unha nova oleada de emigración nos mozos grobenses  
Álvarez Besada anuncia en Radio Argentina medidas para evitar unha nova oleada de emigración nos mozos grobenses 

O candidato nacionalista á Alcaldía de Ogrobe comprométese a poñer en marcha un programa de vivendas protexidas en colaboración coa consellería que dirixe Teresa Táboas.
Carlos Álvarez tamén presentou o Plano Director da Sociedade da Información e do Coñecemento, “unha ferramenta que pode ser de gran utilidade para a comunicación entre o grobenses dun e douto lado”

25 abril 2007. O candidato a Álcaldía de Ogrobe pasou estes días polos micrófonos de Radio Argentina (www.am570radioargentina.com.ar). Carlos Álvarez Besada estivo acompañado nos estudos da emisora bonaerense polo presidente da Federación de Asociacións Galegas en Bos Aires e membro da candidatura grobense, Francisco Lores, e pola responsábel de emigración do BNG, Ana Miranda.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
Álvarez Besada presentou en Bos Aires ao presidente da Federeación de Asociacións Galegas, Francisco Lores  
Álvarez Besada presentou en Bos Aires ao presidente da Federeación de Asociacións Galegas, Francisco Lores 

O candidato nacionalista á Alcaldía de Ogrobe lamentou a utilización dos emigrantes como mercadeo electoral

Bos Aires, 23 de abril de 2007. Era un dos obxectivos prioritarios da viaxe e por iso foi a primeira comparecencia pública do candidato grobense. Carlos Álvarez presentou oficialmente a Francisco Lores na capital arxentina.
Cabe lembrar que o presidente da Federación de Asociacións Galegas en Bos Aires ocupa o posto 17 da candidatura elaborada polo BNG de O grobe para asumir o goberno local.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
O BNG propón levar a cabo en catro anos o Plano Director da Sociedade da Información e do Coñecemento de Ogrobe  

Grazas ao seu desenvolvemento Ogrobe situaríase na punta de lanza das sociedades mais avanzadas.

9 abril 07. Cun horizonte de catro anos o BNG está en condicións de garantir que todos os veciños e veciñas de Ogrobe disporán das ferramentas e dos coñecementos necesarios para aceder as ventaxas que supoñen as novas tecnoloxías para o sistema de vida a curto prazo.
Este ambicioso obxectivo acadarase coa posta en práctica do Plano Director da Sociedade da Información e do Coñecemento definido e estructurado polo equipo que lidera Carlos Álvarez Besada.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
"Fala con Carlos", unha liña directa de comunicación a través de internet co candidato nacionalista de Ogrobe  
 

Carlos Álvarez Besada responderá persoalmente por correo electrónico dende hoxe a todos os comentarios, suxerencias ou consultas que lle fagan os veciños dende a páxina web www.bng-galiza.org/ogrobe.

27 marzo 07. Os tempos son chegados, que decía o bardo Pondal. E non é cuestión de deixar pasar por alto as novas oportunidades que nos brindan. O candidato do BNG á Alcaldía de Ogrobe, Carlos Álvarez Besada, pon en marcha dende hoxe unha novidosa iniciativa que aproveita as posibilidades que no eido da comunicación ofrecen as novas tecnoloxías.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
O BNG de Ogrobe presenta aos cinco primeiros compoñentes da súa lista  

Antón Mascato, Victoria Canoura, María Lina Álvarez e Xosé Manuel Pérez acompañan ao cabeza de lista, Carlos Álvarez Besasa, conforman os cinco primeiros postos dunha candidatura con contrastada capacidade de xestión que mestura renovación e experiencia

23 marzo 07. O BNG xa ten decididos os cinco primeiros postos da lista que presentará no concello de Ogrobe. Trátase, según explica o candidato á Alcaldía, Carlos Álvarez Besada, dunha candidatura “homoxénea e coherente que combina unha sempre benvida dose de renovación co, tamén sempre necesario, valor da experiencia dalgúns dos compoñentes do actual grupo municipal”.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
O BNG de Ogrobe interpón un recurso de reposición contra a resolución do Goberno Local de manter a convocatoria para a contratación dun arquitecto  

Os nacionalistas consideran que a estimación parcial do anterior recurso interposto polo BNG que obrigou ao concello a modificar as bases da convocatoria xa é motivo suficiente para anulala.
O grupo municipal do BNG tampouco acepta que varias alegacións do primeiro recurso foran desestimadas co argumento xenérico de “carecer de fundamento xurídico”

21 marzo 2007. O grupo municipal do BNG en Ogrobe presentou un recurso de reposición contra a Resolución da Xunta de Goberno Local de 1 de marzo de 2007 pola que se estima parcialmente a impugnación das bases para a contratación dun arquitecto para cubrir a praza vacante na plantilla do Concello de Ogrobe pero na que se decide non abrir un novo prazo de presentación de solicitudes.

Adxúntase documento coa resolución da Xunta de Goberno de O Grobe ao primeiro recurso de impugnación interposto polo BNG
Preme no titulo para ler a nova completa.



Documentos Relacionados:
resolución da Xunta de Goberno de O Grobe ao primeiro recurso de impugnación interposto polo BNG
Ogrobe  
O BNG reforza a sua proposta de goberno. Antón Mascato será o segundo membro da lista.  
Antón Mascato destacou nos últimos meses pola súa labor na asociación pola memoria histórica.
 
16 marzo 07.
A noite do xoves serviu para ratificar a Antón Mascato como segundo integrante no cartel eleitoral do BNG para as vindeiras eleicións municipais. O Candidato a alcaldia, Carlos Besada, afirmou onte que con "..a integración de Antón Mascato no equipo de traballo suporá ter no futuro goberno local, a unha das persoas máis influintes e importantes no mundo cultural do Pais".
Preme no titulo para ler a nova completa.
Ogrobe  
O BNG de Ogrobe impugna as bases de contratación dun arquitecto municipal por ser inxustas e discriminatorias  

21 febreiro 07. O BNG denuncia que todo este proceso fíxose de espaldas a corporación a pesar de estar obrigado polo pleno a consensuar.

  • A metade do tribunal o elixe direitamente o PP.
  • Puntúan 25 veces máis a experiencia noutros concellos que en calquera outra administración.

Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
Anxo Quintana afirma en Ogrobe, na presentación de Carlos Álvarez: Hai que rematar coa política de  
Anxo Quintana afirma en Ogrobe, na presentación de Carlos Álvarez: Hai que rematar coa política de   
16 Febreiro 07. O candidato nacionalista promete un gran pacto social polo urbanismo
“Hai que rematar cos gobernos que trazan unha liña divisoria entre os veciños; non podemos seguir coa política de "estás comigo ou estás contra min”, afirmou o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, no acto de presentación de Carlos Besada, que tivo lugar no Hotel Villa Juanita deste concello. “Os veciños de Ogrobe son conscientes de que é posible o cambio. E é necesario que este cambio político estea liderado polo BNG”, dixo.
Ogrobe  
Xa saiu o novo Boletin do BNG de Ogrobe, con entrevista ao candidato de Ogrobe Carlos Álvarez  
12 febreiro 07. O noso boletín inclúe unha extensa entrevista co candidato do BNG á alcaldia de Ogrobe, Carlos Álvarez, e información sobre as políticas da consellarías gobernadas polo BNG.
Preme no arquivo engadido para ler o boletin completo.


Documentos Relacionados:
Voceiro Ogrobe Febreiro 2007
Ogrobe  
O BNG urxe á Xunta a adoptar medidas contra a empresa da Illa da Toxa que proíbe aos seus empregados expresarse en galego  
Bieito Lobeira lembra que se están vulnerando os dereitos lingüísticos dos traballadores e lamenta que falar en galego se considere unha “falta de educación”

Santiago de Compostela, 22 Xaneiro 07. O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, vén de reclamar do Goberno galego que adopte medidas perante a empresa “Louxo”, da Illa da Toxa, que proibe o uso do galego aos seus empregados.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Ogrobe  
O BNG pide que se adopten medidas para frear a construcción irregular de 52 chalés adosados en Balea  
O deputado Bieito Lobeira lembra que sobre as ditas obras pesa unha resolución de Urbanismo instando a suspendelas

Santiago de Compostela, 19 Xaneiro 06. O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, vén de solicitar que se adopten medidas para facer fronte á construcción irregular de 52 chalés adosados en Balea (San Vicente do Mar).
Preme no titulo para ler a nova completa.
Ogrobe  
Encontro n`Ogrobe co asociacionismo xuvenil  
Encontro n`Ogrobe co asociacionismo xuvenil 
Galiza Nova de Ogrobe vai celebrar o sábado 13 unha asemblea aberta, na cal imos debater, coa presenza do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Rubén Cela e o Secretario Xeral de Galiza Nova, Xosé Emilio Vicente, na cal, entre outras cuestións, exporanse as propostas que se van defender nas vindeiras eleccións e que, de chegar ao goberno municipal, serían aplicadas.
 
Galiza Nova de Ogrobe afirma que "desde o acceso do BNG ao goberno da nación, as políticas de xuventude que Galiza Nova sempre estivo a reclamar poden por fin ser aplicadas", polo que tamén está a facer unha importante labor, propondo novas ideas, participando en distintos foros de asesoramento a nivel local e nacional. Así mesmo teremos a oportunidade de coñecer as accións que a Xunta de Galiza levará adiante en política xuvenil nos vindeiros meses. A esta asemblea, que terá lugar na Confraría de Pescadores de San Martiño de Ogrobe ás 17:00 h. están convidadas diversas asociacións culturais, xuvenís e deportivas, para coñecer as propostas que poidan realizar e debater con elas arredor dos problemas da mocidade.
Ogrobe  
Festa do Marisco - Ogrobe  

Dende Febreiro do ano 2004 esta constituído no Grove o Consello Sectorial de Turismo e da Festa do Marisco, integrado por un representante de cada partido político ao que se suman un de CIT Emgrobes, Hostalería, Amegrove e a Confraría S. Martiño.

Este Consello especifica no seu regulamento a súa constitución como: "órgano de consulta y participación en las actuaciones relativas al turismo en general, y especialmente en lo relativo a la Fiesta del Marisco".

 E no artigo 7 di : ”Al termino de cada año, el consejo elaborará memoria de su actuación, y así mismo un informe sobre la situación del turismo en el municipio, y sobre los resultados económicos y de todo  tipo, de la fiesta do Marisco, de los cuales se dará cuenta al Pleno de la Corporación”.

Levamos tres anos constituídos, e aínda non se puxo en coñecemento deste Consello os resultados económicos da Festa do Marisco.
 Aínda espero, entre outras, a resposta presentada o día 8 de Agosto do 2005, interesándome polo paradoiro da exposición sobre a Historia do Turismo en Galicia, no que se investiron 78.687.88€, mostrada na carpa-exposición Mar A dentro no ano 2004. Espero, a explicación de cal foi o motivo de non participar os integrantes deste Consello; os criterios aplicados para que foran determinadas asociacións e empresarios os que nos representasen no certame gastronómico celebrado este ano en Murcia.

Preocúpalle moito ao Sr. Alcalde o diñeiro, e reclámalle á Xunta soamente diñeiro, a min tamén me preocupa, e por iso, quero saber na miña condición de representante dos intereses dos veciños e veciñas  de O Grove  no Consello Sectorial de Turismo e Festa do Marisco, as contas da Festa . Preocúpame cando di: ”Antes, cando gobernaban os meus compañeiros, xa me teño queixado porque as subvencións eran escasas”.

Sr. Alcalde, antes de pedir contas hai que dalas. Os seus compañeiros , cando gobernaban, seguramente, xa sabían de que pe coxea.
 
É triste recoñecer que non ten o noso Alcalde autoridade moral ningunha  para reclamar o que sen dúbida O Grove  merece.


Ogrobe, a 20 de outubro de 2006


LINA ALVAREZ IGLESIAS
Representante do G. M. do BNG no Consello Sectorial de Turismo e Festa do Marisco de O Grove

Ogrobe  
O BNG pide a Portos de Galiza que impida que novas empresas se sumen ao servizo de transporte de viaxeiros dende Ogrobe  

O deputado Bieito Lobeira presenta unha iniciativa parlamentar na que advirte dos riscos para a coordinación e a seguranza marítima se hai un incremento de buques

 O deputado do grupo parlamentar do BNG Bieito Lobeira quer que Portos de Galiza exerza a súa facultade de rexeitar as solicitudes presentadas por novas empresas que queren realizar o transporte de viaxeiros dende Ogrobe.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Ogrobe  
O Portavoz do BNG responde as falsas acusacións verquidas polo Concelleiro Alexandre Aguín  
Carlos Álvarez Besada sorprendese do atrevemento das acusacións do Concelleiro de Deportes sin estar presente e sin coñecemento, polo que esíxelle unha rectificación.
O pasado fin de semán celebrouse o campeonato galego de escolares de balonmán na localidade de Porriño. O Portavoz do BNG, Carlos Álvarez Besada enterouse deste evento non precisamente polo goberno local, no que participaba un equipo da nosa localidade, infantil femenino do Rasoeiro.
Carlos Besada afirma que “Como aficionado e membro da corporación, considerei importante estar presente ante a relevancia do evento e como respaldo as nosas deportistas máis novas. Por desgracia parece que este interese non o teñen dende o goberno local.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Ogrobe  
Boletin de Maio do BNG de Ogrobe  
Xa está no para a súa descarga o boletin de Maio do BNG de Ogrobe

Documentos Relacionados:
Boletin de Maio de Ogrobe
Ogrobe  
O BNG de Ogrobe edita unha folla informativa monográfica sobre o campo de golf e urbanización en Feáns  
O BNG aclara que a Xunta de Galiza e o BNG non apoiarán esta proposta por ser contraria aos intereses xerais do municipio e do medioambiente.
Preme no documento adxunto para ler a folla informativa.

Documentos Relacionados:
folla informativa monográfica sobre o campo de golf e urbanización en Feáns
Ogrobe  
O PP DE Ogrobe recurre ao insulto e as mentiras para contrarestar as iniciativas da Conselleria do Rural  
O portavoz do BNG en Ogrobe sufriu os insultos do Sr. Alcalde despois de que Carlos Álvarez afirmara que a Consellería de Medio Rural realizará os servizos básicos en Couprins, Outeiro...  O Alcalde non só se contradeciu nas súas declaracións, senón que ademais chamou "Cacique" ao portavoz nacionalista.  O BNG demandoulle hoxe serenidade e dialogo, e convidou aos concelleiros a comprobar as inversións e prazos do rural na Delegación da Consellería.
Ogrobe  
Voceiro Ogrobe Febreiro 2006  

para ver o voceiro preme nos documentos relacionados



Documentos Relacionados:
Voceiro Ogrobe Febreiro 2006
Ogrobe  
NOTA DE PRENSA  

ORZAMENTOS  MUNICIPAIS

Unha das prioridades do municipio é a carretera de acceso para tráfico pesado, desde o governo non existe previsión algúnha de non estar aprobado o Plan Xeral, e deste esperar a que algún tramo sexa cuberto por algún convenio, o cal prolongaría ainda máis a execución desta obra. Polo tanto ante as previsións do Governo non teriamos este vial tan importante para o desenrolo e articulación do municipio en 10 ou 20 anos.

Polo tanto:

O Grupo Municipal do BNG propón como enmenda aos orzamentos do 2004 unha partida a demandar da Xunta de Galicia, para comezar de inmediato o vial de acceso alternativo para o tráfico pesado, así como para desconxestionar o barrio de Ardia.

Ogrobe , 31 de maio de 2004
Carlos Álvarez Besada
Portavoz do Grupo Municipal do BNG

Ogrobe  
Moción respeto da recuperación dos muiños de auga  
preme no documento relacionado para ver a moción

Documentos Relacionados:
Moción respeto da recuperación dos muiños de auga
Ogrobe  
O grupo Municipal do BNG en Ogrobe solicita ao alcalde a convocatoria dunha comisión de portavoces para tratar o tema da nave de Gropesca  
O grupo Municipal do BNG en Ogrobe solicita ao alcalde a convocatoria dunha comisión de portavoces para tratar o tema da nave de Gropesca 

Carlos Álvarez Besada

Con motivo da anulación de licencia, por parte do Xulgado Contencioso-administrativo nº 2 de Pontevedra, para instalación e apertura dunha nave para o procesado artesanal do mexillón, productos de pesca e derivados da acuicultura, o Concello ten a obriga de ordenar a clausura da actividade na nave de Gropesca. Por conseguinte, esta senténcia contradi a posición do Concello de Ogrobe provocando un conflicto técnico e político.

Por todo isto, o Grupo Municipal do BNG solicita a convocatória dunha comisión de portavoces coa presenza do técnico municipal e o secretário para tratar as consecuencias e repercusións deste feito.

Ogrobe  
O grupo Municipal do BNG de OGrobe solicita a convocatoria de portavoces para tratar o tema do Centro de Saude  
Carlos Álvarez Besada

O pasado 3 de febreiro os grupos políticos de EdG, PSdG e BNG solicitaron a convocatória urxente da comisión de portavoces coa presenza do técnico municipal e do secretário para tratar o tema do Centro de Saude. A dia de hoxe está sin convocar e o BNG quere recordarlle que está na obriga de convocar dita comisión según o disposto nos artigos 77 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Rexime Local, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril e 14 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionameto e Rexime Xurídico das Entidades Locais.

Por conseguinte, o Grupo Municipal do BNG solicita a convocatória desta comisión que no seu momento tiña carácter URXENTE E EXTRAORDINÁRIO.

 Bng - Nacional
 Galiza Nova
 Intersindical Galega
 Plataforma Nunca Máis
 A Mesa pola normalización lingüisti
 A Nosa Terra
 Vieiros
 
Bloque Nacionalista Galego - Rúa da Baldosa, 25 2º D Vilagarcía de Arousa - Teléfono / fax 986 565 059 - salnes@bng-galiza.org