Contacte con nós Volver a páxina principal Faga da páxina do BNG Salnés a súa páxina de inicio
Documentos,
publicacións e
iniciativas.
 
Meis  
Os veciños de Meis fartos dos paseos mediáticos de Louzán  

1 setembro 08. A pasada semana o señor Louzán declaraba perante os medios de comunicación que o Polígono de Meis-Barro estará rematado a finais deste ano.

Desde o BNG consideramos que é unha tomadura de pelo que este señor realice este tipo de declaracións cando todo o mundo sabe que o Polígono de Meis non existe. Os concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal de Meis descoñecen a estas alturas a situación real da parte que atinxe ao concello, a falla de información por parte do alcalde é total.

Os veciños de Meis asisten atónitos como na parte de Barro, concretamente no lugar de Outeda, as obras marchan a bó ritmo, que están máis avanzadas e a piques de rematar, namentres a parte de Meis, a do lugar de Porto Salgueiro, non sabemos nin como está
Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
O BNG en Meis opina sobre a I Xuntanza Ruta da Pedra e da Auga  

27 agosto 08. Os veciños de Meis debemos ter unha expresión entre a risa, a sorpresa e o desconcerto. Unha vez máis, atopámonos coa falla de escrúpulos do Partido Popular á hora de utilizar os cartos públicos, e por riba inténtandonos vender un saco de promesas valeiras.

  • O ruxe-ruxe dun adianto das eleccións ao Parlamento galego leva aos dirixentes populares da Deputación a rascar o fondo do saco en beneficio da súa formación política e a engatusar aos homes e mulleres que caen nas suas redes, para lograr uns resultados que lle permitan un uso abusivo  do poder que lle confiren as urnas.
  • En Meis hai apenas un mes que nun pleno extraordinario se daba conta da situación económica que está a atravesar o noso concello, cunhas débedas astronómicas, unha morea de facturas sen pagar do exercicio 2007, un goberno municipal solicitando máis e máis préstamos, endebedando as arcas de por sí valeiras até extremos insospeitabeis. E no medio desta situación, de completa crise económica, da que tampouco é allea a Deputación, van e convidannos á Iª xuntanza da Ruta da Pedra e da Auga e á inauguración do que chaman aldea labrega, xunto cunha comida campestre e con actuacións musicais varias e autobuses para acudir á cita de Louzán.

Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
O Concellos de Méis incumpre a estabilidade orzamentaria e o PP co apoio do PSOE segue a pedir prestamos  

17 xullo 08. O BNG calificamos o orzamento presentado polo PP de Meis como “unha soberana tomadura de pelo aos veciños de Meis” e facemos unha análise pormenorizada da situación económica que atravesa o Concello, calificando a situación coa frase “Non hai un peso”.

A realidade non é so que existan facturas pendentes de pagar por valor  de algo máis de 63 millóns das antigas pesetas(382.708 euros).O problema é moito máis acuciante e vai máis alá, pois non sería eso un excesivo problema se o orzamento presentado de tres millóns de euros fora real e si a débeda do concello fora esa. Pero esos 382 mil euros NON SON A DÉBEDA DO CONCELLO.QUEN DI ESO MINTE  A TODOS OS VECIÑOS DE MEIS.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
Moción do BNG sobre a actualización do inventario municipal de bens, dereitos e accións do Concello de Meis  

11 decembro 07. O BNG de Meis presenta no Concello unha moción para que realice o inventario municipal de bens, dereitos e accións do Concello.
Preme no arquivo engadido para ler a moción.

Documentos Relacionados:
Moción inventario

Meis  
O Goberno galego confirma, en resposta ao BNG, o seu apoio aos agredidos por un suposto erro da policía no Salnés  

O deputado do BNG Bieito Lobeira formulou esta mañá na Comisión Primeira do Parlamento unha pergunta oral sobre as actuacións policiais que se produciron hai un mes no Salnés, cando varios cidadáns foron agredidos e detidos pola Policía, “por erro”.

26 febreiro 07. En opinión do parlamentar nacionalista, feitos coma éste, “propios de outras épocas”, non son os primeiros deste tipo que se producen no noso país. “Asi non se pode tratar á xente”, concluíu, ao tempo que asegurou que coñece, de primeira man, casos nos que as forzas de seguridade se extralimitan no exercicio das súas funcións.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
Moción do BNG sobre á adhesión do Concello de Meis ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar  
22 outubro 07. Preme no arquivo engadido para ler a moción do Bloque Nacionalista Galego sobre á adhesión do Concello de Meis ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Documentos Relacionados:
Moción de Adhesión ao Servizo Galego de Igualdade e Benestar
Meis  
O BNG quer que se depuren responsabilidades polos “erros policiais” polos que foi tiroteado e detido un veciño de Meis  
Bieito Lobeira considera que o Ministerio do Interior debe aclarar formalmente o incidente, que amosa unha extralimitación policial “intolerábel” e “desproporcionada”

Santiago de Compostela, 25 Setembro 07. O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, vén de solicitar a intervención do goberno galego para que lle esixa ao Ministerio do Interior unha aclaración formal sobre os “erros policiais” acontecidos a pasada semana e dos que foi vítima un veciño de Meis.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Meis  
Moción do BNG sobre o regulamentos orgánico municipal  
21 setembro 07. Ao abeiro da lexislación vixente, o BNG de Meis apresenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate e porterior aprobación, se procede, polo Pleno Municipal do Concello de Meis.
Preme no arquivo engadido para ler a moción.

Documentos Relacionados:
Regulamento orgánico municipal
Meis  
O BNG de Meis propón a creación dun Parque Lúdico-Educativo no monte Castrove  

O parque, que será unha referencia en Galiza, contará con Aulas Didácticas da Natureza e un Área Rupestre.

8 maio 07. O BNG de Meis ven de incuir no seu programa unha proxecto que convertiría ao Monte Castrove no pulmón verde das Rías Baixas e na maior zona de esparcimento de Galiza, aproveitando o interese medio-ambiental, paisaxístico, productivo, natural, histórico e cultural que ese entorno ofrece.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
O BNG de Meis presenta unha lista renovada nunha terceira parte e na que a xuventude ten especial protagonismo  

Mari Carme Martínez Rodiño, Xosé Antonio Xiráldez, María Dores Montoya, Esther Vázquez e Antón Vázquez ocupan os primeiros postos da candidatura nacionalista

24 abril 07. A continuidade non ten porque estar enfrontada á renovación. A lista do Bloque Nacionalista Galego en Meis é un bo exemplo. A candidatura renóvase nunha terceira parte con respecto á de hai catro anos, pero mantén unha absoluta coherencia con aquela e comparte semellantes obxectivos.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
Mari Carme Martínez Rodiño lamenta que o alcalde de Meis non teña argumentos políticos e que recurra ás descalificacións persoais  

“O BNG non vai a entrar nese terreo. Non é o noso estilo. A nosa resposta estará no noso programa electoral e no noso compromiso cos veciños”

17 abril 07. “O alcalde ten medo, sabe que vai perder a maioría absoluta, e por iso está tan nervioso”. Só dese xeito entende Mari Carme Martínez Rodiño as acusacións que hoxe aparecen nalgúns medios de comunicación en referencia a situación das fincas dalgúns dos seus familiares.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
O BNG de Meis presenta ante Política Territorial unha serie de alegacións en relación ao trazado da futura autovía Pontevedra-Vilagarcía  

Os nacionalistas solicitan que se modifique o proxecto para que as canteiras de San Lourenzo de Nogueira e Paradela non se vexan perxudicadas.
O BNG solicítalle á Consellería que convoque unha xuntanza entre os colectivos e persoas afectadas con técnicos do departamento

11 abril 07. A portavoz municipal e candidata do BNG á Alcaldía de Meis, Mari Carme Martínez Rodiño, presentou ante a Dirección Xeral de Obras Públicas, dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, unha serie de alegacións en relación ao estudo informativo do corredor a PO-531 Pontevedra-Vilargarcía, ao seu paso polo concello de Meis.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
Unha nova entrega do Boletín do BNG de Meis ao voso dispor  
Unha nova entrega do Boletín do BNG de Meis ao voso dispor 
9 abril 07. Inclúe unha ampla entrevista á candidata a alcaldia de Meis polo BNG e cumprida información sobre as últimas actividades do BNG de Meis.
Preme no arquivo engadido para ler o boletín de abril.


Documentos Relacionados:
Boletín Meis abril07
Meis  
Mari Carme Martínez Rodiño na súa presentación oficial como candidata á alcaldía reafirma o seu compromiso cos veciños e veciñas de Meis  
Mari Carme Martínez Rodiño na súa presentación oficial como candidata á alcaldía reafirma o seu compromiso  cos veciños e veciñas de Meis 

A candidata do BNG manifestou que quere “un concello no que se conte coa xente”

17 marzo 07. No acto de presentación diante dos veciños e veciñas como candidata á alcaldía do concello de Meis Mari Carme Martínez Rodiño  deixou claro que o seu primeiro obxectivo é situar ao BNG no próximo Goberno local.

“O Grupo de homes e mulleres do Bloque en Meis, que teño a honra de encabezar, temos deseñado un proxecto real e ilusionante para todos e todas nós. Outro Meis é posíbel. É posíbel porque hai xente disposta a traballar polo concello que todos queremos, e son as persoas que forman a lista do Bloque para as próximas eleccións do 27 de maio.”
Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
O BNG presenta mañá a Mari Carme Martínez Rodiño como candidata á Alcaldía de Meis  
Meis  
Autovia Vilagarcía  
12 marzo 07. Preme no arquivo engadido para ver a solicitude do BNG de Meis polo tema do Corredor alternativo á PO-531 Pontevedra-Vilagarcía

Documentos Relacionados:
Autovia Vilagarcía
Meis  
O PP intenta reventar un acto da Consellaría do Medio Rural na Armenteira  
1 marzo 07. O pasado día 22 de Febreiro, a Consellaria de Medio Rural deu unha Charla Formativa sobre o novo Decreto 105/2006 sobre a Prevención dos Incendios Forestais na Casa da Cultura de Vilar (A Armenteira).
O acto programado para 20:30 horas da tarde foi saboteado polo Partido Popular de Meis, en concreto polo concelleiro deste partido Bernardino Escudero Gómez que foi a persoa encargada de abrir o Local Social. Mais a sorpresa invadiu a todos os presentes ao comprobar que non había sillas para o público existente, tendo que permanecer de pé o público durante todo o acto.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Meis  
Petición de información sobre a a renovación da estrada Pontevedra-Cambados  
26 febreiro 07. Hai xa cerca dun ano que dende o goberno municipal de Meis se anunciara a renovación da estrada Pontevedra-Cambados ao seu paso polo Mosteiro. O BNG solicitara xa daquela o proxecto, e seguiu  solicitandoo de forma reiterada durante os últimos dez meses, ademais de exixir de forma contundente que se informara ós veciños do que se ía facer e como lles ía afectar.
O Grupo Popular non fixo tal cousa, e contestóunos por escrito o señor Pérez Estévez (26 de outubro de 2006, Saída de Rexistro nº2249) o seguinte: “...próximamente se lle poñerá en coñecemento a data de acceso á dita documentación”. Ainda, a día de hoxe, estamos esperando.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Meis  
O engano do Obradoiro Agrario de Paradela  

O escándalo chega unha vez máis ó concello de Meis a través das manifestacións do seu Alcalde, e como non, no último pleno ordinario celebrado o pasado luns día 29 de Xaneiro.
A orde do día non tiña nada de especial relevancia, de feito só tiña un único punto a votar polos membros da Corporación, pero o debate fraguose no apartado de rogos e suxestións. Nesta ocasión o que provocou o clamor xeralizado, tanto dos membros da oposición, do público asistente e incluso de algún membro do Grupo Popular, foi que do tan vendido tema dos terreos, según o alcalde, alugados para facer un obradoiro e amosar á xente nova que se pode vivir do campo, a día de hoxe  NON HAI NADA DE NADA.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
Novo boletin informativo do BNG de Meis  
O novo número do boletín do BNG de Meis dá cumprida información da proba dun Plan de Urbanismo mal feito na Goulla - Paradela.
No boletin demandase a protección para o noso arte rupestre, asi como se solicita recuperar a Reitoral de Nogueira para os veciños.
Tamén se informa de medidas tomadas polo consellarias do Goberno da Xunta, correspondentes ao BNG.
O boletín inclúe para rematar un amplio reportaxe para recuperar a Feira do Mosteiro.
Preme no arquivo engadido para ler o boletin informativo do BNG de Meis.


Documentos Relacionados:
Boletin BNG Meis
Meis  
Moción do BNG sobor da Casa de Cultura do Mosteiro  
O vindeiro 27 de Maio vanse celebrar eleccións Municipais, desde hai anos o concello de Meis oferta á Xunta electoral, entre outros, o colexio do Mosteiro. Até o de agora, é un desexo de todas as organizacións políticas do concello, agás o Partido Popular, de celebraren mitins na Casa da Cultura do Mosteiro. Esta idea é apoiada pola comunidade escolar do colexio do Mosteiro que non entenden o porque aínda se seguen a celebrar este tipo de actos no recinto escolar.
En todos os concellos con Casas da Cultura celébranse mitins, Meis non pode ser unha excepción por mor dun capricho e dunha actitude sen lóxica ou explicación. Ven sendo hora que isto cambie.
Preme no arquivo engadido para ler a moción completa.

Documentos Relacionados:
Moción Casa da Cultura
Meis  
Moción do BNG de Meis encol da Reitoral de San Vicente de Nogueira  

A Reitoral da freguesía de San Vicente de Nogueira forma un dos patrimonios máis importantes do concello, mas atópase nun estado de abandono desde hai xa varios anos.

Desde o BNG consideramos que é o lugar idóneo para os veciños de Nogueira como lugar de encontro, reunións e ademais como eixo canalizador de actividades, sendo o Centro Social ou Sociocultural que  precisa a parroquia. Recentemente falouse de facer un Local Social para reunións dos veciños no monte Riás, denominado “aula didáctica”, á altura do campo de fútebol do Zacande e do Pre-escolar de Nogueira, e coidamos que  unha maneira de optimizar os nosos escasos recursos económicos e ó mesmo tempo ofertar ós veciños esa aula  sería  invertir esa partida  no acondicionamento e restauración do edificio reitoral.
Preme no arquivo engadido para ler a moción completa.



Documentos Relacionados:
Moción encol da Reitoral de San Vicente de Nogueira
Meis  
En pdf o voceiro do BNG de Meis de Novembro  
Xa está para a súa descarga o boletin de Novembro do BNG de Meis.

Documentos Relacionados:
Voceiro Novembro
Meis  
O BNG de Meis esixe unha explicación inmediata ao Concello por abrir documentación dirixida ao BNG  
O pasado 28 de agosto  foi depositado no buzón do domicilio particular da Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Meis, unha documentación dirixida ó BNG en Meis, e con orixe na Deputación. Mais apareceu sen sobre, follas soltas suxeitas cun clip e con selo de entrada no concello de 7 de agosto. É inaudito que apareza esta documentación de xeito semellante, que sexa aberto o sobre por alguén non autorizado para elo, que se lle poña selo do Concello e se deposite nun buzón particular sen aviso nen explicación de ningún tipo e cun clip para suxeitar as distintas follas que compoñen o documento.
Preme no arquivo engadido para ler o escrito completo.

Documentos Relacionados:
Escrito presentado ao Concello esixindo unha resposta
Meis  
O BNG de MEIS di que o Alcalde prexudica aos veciños e veciñas poñendo outros escuros intereses por riba dos do concello.  

O BNG non comprende “que Meis abandone a reunión na que se ían expoñer as axudas do Goberno galego para paliar os danos dos incendios”

A Portavoz Municipal do BNG en Meis lamentou a “falta de respecto institucional do Alcalde Meis”, quen abandonou a reunión á que fora convocado polo Goberno galego e na que se ían comunicar aos rexedores municipais as liñas de axudas económicas que o Goberno galego habilitou para resarcir as perdas causadas polos lumes, así como as medidas máis urxentes de recuperación do monte”.
Para Meis, “coa súa actitude, o Alcalde demostrou que utiliza o seu cargo para facer a política de enfrontamento do PP coa Xunta de Galiza, en lugar de actuar como Alcalde de todos os veciños e veciñas e ter unha actitude de cooperación e boas relacións co Goberno galego”. Os nacionalistas consideran “inconcebíbel que o Alcalde se comporte de maneira crispada e sen respecto institucional cando a Xunta pretende beneficiar aos afectados polos lumes. Co seu abandono da reunión, Meis deu unha imaxe negativa do noso concello e demostrou que en realidade non lle preocupan as axudas senón que o que lle interesa é a bronca”.

O BNG atribúe a actitude do Alcalde “ao seu nerviosismo pola proximidade das eleccións municipais e aos intentos do PP de crispar a vida política”.E pedirán explicacións ó rexedor polas súas ,para eles “inexplicables” ,actuacións no pleno a celebrar a finais de setembro.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Meis  
Moción do BNG encol dos orzamentos do 2006  
Desde o BNG consideremos que istos orzamentos non se corresponden coas necesidades reais do concello. Non se pode facer uns presupostos sen contar cos axentes dinámicos e sociais, como as comunidades de Montes, asociacións culturais, empresariais, etc. Eis a importancia de ter Consellos sectoriais, nos que o BNG leva loitando hai anos: Consello Económico e Social, Consello Municipal de Comunidades de Montes, Consello Escolar Municipal…e aos que o Goberno Municipal trata de evitar a súa posta en marcha.
Preme no arquivo adxunto para ver a moción completa.

Documentos Relacionados:
Moción dos orzamentos de Meis para o ano 2006
Meis  
O PP ANULA OS DEREITOS DO BNG NO CONCELLO  

No concello de Meis, dende hai pouco máis de quince días, impídeselle o acceso á documentación ós membros do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego do xeito no que o viñan facendo dende hai anos.
Dende o día cinco de Maio, no que se nos denegou á documentación que solicitaban por parte da Secretaria do Concello, informóusellenos tamén pola mesma funcionaria, que a partires desa data tiñamos que solicitar todo por escrito, e que se nos comunicaría  a data e maila hora na que se nos estivera permitido o acceso.

Ante a sorpresa do acontecido, a Portavoz do BNG entrevistouse co señor Alcalde, quedando éste en analizala situación, explicando que a situación obedecía á intención de facilitar a laboura da Oposición e o traballo do funcionariado.

Pero a sorpresa e o malestar nas filas nacionalistas foi maiúsculo, cando unha semana despois, se nos fai entrega dun escrito asinado por Pérez Estévez, onde se lle di que temos acceso á documentación solicitada DEZ MESES DESPOIS.
Preme no titulo para ler a nova completa

Meis  
Boletin de Maio de Meis  
Xa está para a súa descarga o boletin de Maio do BNG de Meis.

Documentos Relacionados:
Boletin de Maio de Meis
Meis  
Moción do BNG de Meis encol da normalización lingüística do galego  
Preme no arquivo adxunto para ler a moción.

Documentos Relacionados:
Moción encol da Normalización Lingüistica do galego
Meis  
Moción do BNG pola Memoria Histórica de Meis  
Cando falamos da II República Española semella que este período histórico pasou desapercibido neste recuncho do Salnés. Mais a realidade é ben distinta, Meis foi un dos concellos da comarca onde os homes e mulleres máis loitaron por defender os seus dereitos, organizados en sindicatos labregos e obreiros, partidos proletarios e republicanos; Manuel Barros Chantada “O Rancheiro” referíase no seu libro a Meis como “unha das parroquias mais revolucionarias do Partido Xudicial de Cambados”.
Esta parte da historia meisina está esquecida e é necesaria recuperala e lembrala para que non volten a acontecer outros episodios lamentábeis, é necesario coñecer polo miúdo este patrimonio histórico, dos mais intensos e interesantes da cronoloxía do concello.
Preme no arquivo adxunto para ler a moción completa

Documentos Relacionados:
Moción pola Memoria Histórica de Meis
Meis  
Moción do BNG encol dunha ordenanza de autorización sobre infraestructuras de comunicacións no Concello de Meis  
Quen visite actualmente o cumio do monte Castrove poderá observar o estado lamentábel, de desolación e de impacto paisaxístico debido á proliferación de antenas colocadas sen ton nen son, algunhas delas mesmo en estado de abandono. Mais non todas as antenas están concentradas nese lugar, mesmo na capital municipal atopamos a antena de telefonia situada no Mosteiro nunha ubicación non axeitada, a escasos metros do colexio.
Preme no documento adxunto para ler a moción completa.

Documentos Relacionados:
Moción encol ordenanza autorización sobre infraestructuras de comunicacións Meis
Meis  
Voceiro Meis Febreiro 2006  
para ver o voceiro preme no documento relacionado

Documentos Relacionados:
Voceiro Meis Febreiro 2006
Meis  
A portavoz do BNG de Meis reúnese coa Delegada de Innovación e Industria  
A portavoz do BNG  de Meis reúnese coa Delegada de Innovación e Industria 
O pasado venres día 27 a portavoz do Grupo Municipal do BNG no concello de Meis Mª Carme Martínez Rodiño reunéuse coa Delegada da Consellería de Innovación e Industria Montserrat Prado Cores. Neste encontro a portavoz do BNG platexou á Delegada  diversos temas referentes ao noso concello que son competencia desa Consellería.
Meis  
O BNG en Meis pide explicacións sobre as expropiacións no Castrove  

O pasado 28 de novembro celebrouse un pleno ordinario no concello de Meis, cuxa orde do día só tiña un punto para o seu debate e posterior votación . Pero, unha vez máis, BNG levou á mesa outros temas entre o que se atopaba o do entorno do campo de golf  no  Castrove.

O rexidor meisino acudeu á asemblea da Comunidade de Montes de San Salvador de Meis para falarlles da expropiación dos terreos que dita comunidade posue no Castrove, ó mesmo tempo que tamén teñen alí terreo as comunidades de Montes de Silván e Armenteira, comunicandolles que a pretensión para esa zona era a de edificar vivendas, zona comercial, campo de fútbol, entre outros, e que o método era a expropiación, de mutuo acuerdo según o Sr.Pérez Estévez, chegando a fixar un prezo de 12 euros m2, o que ao parecer foi acollido polos comuneiros de San Salvador cun gran entusiasmo e total aceptación, polo que, chegaron a votar favorablemente a esas propostas na mesma asemblea, según deixou constancia no pleno o alcalde de Meis, e como resposta á portavocía do BNG que preguntaba que había respecto a ese tema.

Preme no título para ler a nova completa

Meis  
O grupo municipal do BNG de Meis critica o xeito de cobro do servizo de augas  

O pasado 28 de Novembro celebrouse un pleno ordinario no concello de Meis onde o BNG criticou o xeito de cobro por parte do organismo municipal. Pois pasaron os recibos ó cobro, este pasado mes de novembro, pero é unha facturación correspondente ó primeiro semestre do ano 2005, de xaneiro a xuño. Para o BNG en Meis, o erro cometido ou as accións mal efectuadas son as encamiñadas a proceder ó cobro sen facer unha información adecuada ós cidadáns, xa que según pensamos, deberase haber enviado unha misiva a cada domicilio que fai uso do servicio, para informarlles polo miudo das accións a efectuar, máis todo aquelo concerniente ó servicio e que pode ser do interese dos usuarios, como por exemplo que saiban as medidas de presión  da auga suministrada para que efectuen as revisións das suas instalacións ou as melloras que lle compran para evitar sorpresas nas redes das súas vivendas como de feito está a acontecer. Non só isto, senón, que ademais se están a pasar uns recibos a través do ORAL, que, según as queixas veciñais, e a través do BNG, así quedou patente no pleno, non se corresponden co gasto efectuado, o que parece ser debido a erros nas lecturas dos contadores, ou na posterior anotación dos datos, o que levou a que algúns domicilios reciban facturas cun valor que supera os mil euros( máis de 160.000 mil das antigas pesetas) , e son habituais ademais e moi numerosas as que superan os 300 euros.

Dende o BNG solicitouse mais minuciosidade a hora de efectuar as lecturas e de facelas correspondentes anotacións, ademais de correxir de forma inmrediata os erros que levaron ós abusos nos recibos, e dos que os veciños non teñen culpa. Algo que debe asumir, según o BNG, o propio concello, que é de onde parte o erro. Co que en principio estivo dacordo a alcaldía, recoñecendo o exposto pola portavocía nacionalista, pero ate o momento, por parte do concello, salvo información de última hora, non se fixo nada para arranxar esta grave problemática.

Meis  
O BNG de Meis pide un lugar no concello onde atender aos viciños e realizar o seu traballo  

Mª do Carme Martínez Rodiño, Voceira do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, apresentou unha MOCIÓN para o seu debate en Pleno:

A Oposición en xeral, e o BNG en particular, leva desenvolvendo un traballo desde hai anos no concello de Meis, máis as condicións nas que é realizada a sua labor non son, na sua meirande parte, efectuadas nunhas condicións dignas. Unha das funcións dos partidos da Oposición é a de recoller as inquedanzas, os problemas dos viciños e viciñas e outros para expoñé-las no Pleno.
O Bloque Nacionalista Galego considera que a Oposición de Meis debe contar cun lugar na Casa Consistorial onde poderse manexar e así contribuir co Governo Municipal no desenvolvimento e mellor funcionamento do concello. A Oposición de Meis ten o mesmo direito que o Governo Municipal para efectuar o seu traballo case nas mesmas condicións.
Proximamente, contempla-se o traslado da Biblioteca Municipal á Casa da Cultura quedando un lugar bastante amplo, e polo tanto unha parte da cal pode ficar para unha Oficina ou Oficinas, dependendo dos partidos existentes, para Oposición.

Por todo isto, o Bloque Nacionalista Galego de Meis solicita que o Pleno inste ao Governo Municipal para a adecuar ese espazo baleiro ou unha parte que vai quedar na Casa Consistorial tras o traslado da Biblioteca Municipal para o uso da Oposición, para que poida efectuar o seu traballo e contribución nunhas condicións axeitadas e decentes.

Meis  
Nota de prensa do BNG de Meis  
Preme no documento relacionado para ver a nova.

Documentos Relacionados:
Pleno setembro04 Meis
Meis  
“Rematarán algunha vez as obras???”:A escola laica de Santo Tomé  
No concello de Meis volve a estar na boca dos veciños unha vella problemática  que lles afecta pero xa non lles extraña.
Non hai moito tempo a prensa facíase eco da “rareza que producía o derribo de parte da casa de cultura que ainda estaba sen rematar.E agora as frechas van na mesma dirección.

Preme no título para ver a nova completa.
Meis  
O Grupo Municipal do BNG de Meis denuncia o mal estado e perigo da estrada Mosteiro-Barrantes  
Encol da mellora da estrada Mosteiro-Barrantes, polo interior do concello de Meis, o BNG vén de denunciar o estado lamentábel e de perigo que se está a producir. Son moitas as queixas viciñais sobre esta situación que xa foi levado ao Pleno no mes de marzo sen que o concello e a Deputación teñan feito moito para dar unha solución axeitada ás mesmas.

Preme no título para ver a nova completa.
Meis  
Moción do BNG de Meis encol da rede de gas  
Mª Dores Montoya Freire, concelleira e portavoz 1ª suplente do grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no concello de Meis, apresenta unha Moción para se tomen as medidas necesarias para que se distribua o gas neste concello.

Preme no documento relacionado para ver a Moción.



Documentos Relacionados:
Moción rede de gas Meis
Meis  
O Concello de Meis sen iniciativas e valeiro de contidos  
O Concello de Meis sen iniciativas e valeiro de contidos 

Mari Carme Rodiño

As cuestións veciñais-municipais chegan aos Plenos de Meis ao traverso das Mocións, Perguntas e Suxestións plantexadas polo BNG.
Os concelleiros do PP non se gañan o soldo e paréce-lles unha pérdida de tempo os plenos municipais.

Preme no título para ver a nova completa

 Bng - Nacional
 Galiza Nova
 Intersindical Galega
 Plataforma Nunca Máis
 A Mesa pola normalización lingüisti
 A Nosa Terra
 Vieiros
Bloque Nacionalista Galego - Rúa da Baldosa, 25 2º D Vilagarcía de Arousa - Teléfono / fax 986 565 059 - salnes@bng-galiza.org