Contacte con nós Volver a páxina principal Faga da páxina do BNG Salnés a súa páxina de inicio
Documentos,
publicacións e
iniciativas.
 
Meaño  
Proxecto de orzamento para o ano 2007 do Concello de Meaño  

Non vou repetir a miña intervención do ano pasado en canto a forma que ten o Sr. Alcalde de presentar os orzamentos, pero si lle vou a recordar algún defecto que, por saúde democrática, debería corrixir:

  1. Volve a deixar sen incluír na documentación as Bases de Execución, que se van a aprobar segundo o punto 2º da súa proposta.
  2. Si ben figura o cadro de persoal, debería tamén incluír as retribucións que lle corresponden a cada funcionario.
  3. Volve a convocar o Pleno con 4 días de antelación. Aínda que algo gañamos: a Comisión Especial de Contas xa non se celebrou 20 minutos antes do Pleno, senón 8 horas antes!

En definitiva, que as recomendacións que lle deu este portavoz o ano pasado, con motivo da aprobación dos orzamentos do 2006, entráronlle por un oído e saíronlle polo outro!
Preme no titulo para ler a nova completa.
Preme no arquivo engadido para ver os orzamentos do 2007.



Documentos Relacionados:
Orzamentos do Concello de Meaño 2007
Meaño  
O BNG de Meaño felicítase pola efectividade da súa denuncia sobre o estado dos pasos de peóns  

Varios xornais da nosa comarca recollían o pasado mércores a denuncia do BNG sobre o lamentábel estado dos pasos de peóns  da estrada que percorre o casco urbán de Dena sinalando o perigo que isto supoñía para a seguridade vial dos veciños e veciñas e visitantes.

Curiosamente nesa mesma mañán a primeira hora, cando aínda a nosa noticia non fora lida pola maioría dos veciños,  por parte de operarios procedíase a efectuar os traballos precisos para adecentar e sinalar os pasos de peóns.

O BNG non pode menos que felicitarse polo positivo resultado que tivo a nosa nota de prensa  e seguirá nesta liña de denuncia das deficiencias existentes no noso concello. E  queremos salientar que está moi ben que o noso  alcalde lea os xornais a hora tan temprana.

Meaño  
O BNG de Meaño denuncia o estado lamentable no que se atopan os pasos de peóns na estrada do casco urbán de Dena  
O B.N.G. de Meaño, quere poñer en coñecemento do grupo de governo o estado lamentable no que se atopan tódolos pasos de peóns na estrada que percorre o casco urbán de Dena. É triste, que os veciños e veciñas deste concello non teñan garantizada unha seguridade vial que lles permitan transitar sen temoridades. Este problema levámolo sufrindo durante un longo periodo de tempo. Ademáis, queremos deixar constancia que o problema se agrava tendo en consideración que se acerca a época estival, a cal conleva, unha maior afluencia de visitantes, e o mesmo tempo, hai que recalcar, que a “inseguridade se incrementa”.
Preme no arquivo adxunto para ver as imaxes.

Documentos Relacionados:
Imaxes dos pasos de peóns
Meaño  
O BNG vota en contra dos orzamentos do concello de Meaño para o ano 2006  

No Pleno celebrado onte luns día 26 no concello de Meaño os concelleiros do BNG votaron en contra dos orzamentos municipais para o ano 2006, ao considerar que non están elaborados para millorar o benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas de Meaño, primeiro obxetivo que debe ter calquer administración pública, senón única e exclusivamente para beneficiar ao Alcalde e ao seu equipo de goberno.


Preme no título para ler a nova completa.

 Bng - Nacional
 Galiza Nova
 Intersindical Galega
 Plataforma Nunca Máis
 A Mesa pola normalización lingüisti
 http://www.anosaterra.com
 http://www.vieiros.com
Bloque Nacionalista Galego - Rúa da Baldosa, 25 2º D Vilagarcía de Arousa - Teléfono / fax 986 565 059 - salnes@bng-galiza.org