Contacte con nós Volver a páxina principal Faga da páxina do BNG Salnés a súa páxina de inicio
Documentos,
publicacións e
iniciativas.
 
Illa de Arousa  
O BNG pregunta no Parlamento sobre o conflicto urbanístico na Illa de Arousa  

31 marzo 08. O BNG presenta a seguinte pregunta, para a súa resposta oral en Comisión, relativa ao conflito uranístico existente na Illa de Arousa como consecuencia do criteiro seguido na aplicació nda Lei de Costa, e as previsións de solucións.
Preme no arquivo adxunto para saber máis sobre a pregunta presentada.



Documentos Relacionados:
Pregunta sobre o conflicto urbanistico da Illa de Arousa
Illa de Arousa  
A Delegada de Innovación e Industria Montserrat Prado estivo cos comerciantes da Illa de Arousa  

No acto de presentación da nova imaxe corporativa da Asociación de Comerciantes e Empresarios Montserrat Prado amosou o apoio da Consellaría ás iniciativas que están a desenvolver.

27 outubro 07. A necesidade dunha maior vertebración dos sectores económicos,  para con elo contribuir ao mellor desenvolvimento de Galiza,  foi o eixo da intervención da política nacionalista diante dos asistentes ao acto. Vertebración da que é parte esta asociación coas súas iniciativas,  que teñen por obxectivo a mellora da imaxe do comercio e da industria da Illa de Arousa, mellora que de seguro vai repercutir nun aumento da súa capacidade económica e competitividade.  Ao tempo a Delegada lembrou que a Consellaría nacionalista no presente ano leva destinado máis de 850.000 euros para apoiar as iniciativas das asociacións de comerciantes do Salnés.

Illa de Arousa  
Libro da Historia da Illa de Arousa  
18 maio 07. En xullo de 2006 o BNG presentou unha moción para que se publicase o libro da Historia da Illa de Arousa, se lle fixera unha homenaxe a Xosé Lois Vila Fariña, e se lle fixese unha aportación económica (no Pleno falouse de 1.000 ou 1.500 €) para axudar a paliar a difícil situación que está a pasar pola enfermidade que está a padecer. No citado Pleno, o Manuel Vázquez argumentou que non había presuposto para financiar esta publicación. O acordo acadado foi facerlle a homenaxe a Vila Fariña e pasarlle o texto á oposición para estudar o contido e decidir a publicación. Este mércores 16 de maio presentouse no Concello da Illa o citado libro, esperando case un ano, amosando o PSOE o seu oportunismo propagandístico ao esperar a estar en plena campaña para editar e prometer regalar o libro a todas as familias da Illa. No colmo da desconsideración e desvergonza, dáselle a Vila Fariña e a Dopico, coautores, unha figura de cerámica, e olvídase Manuel Vázquez e o PSOE de cumplir o acordado e facerlle a Vila Fariña unha aportación para axudarlle na súa enfermidade. Quero recordarlle a Manuel Vázquez a súa obriga de cumplir os acordos plenarios, facer menos lavado de imaxe, e firmar a citada aportación, que ao fin e ao cabo, estamos a falar de diñeiro municipal, e de facer xustiza con unha persoa castigada por unha enfermidade.
Illa de Arousa  
Encontro de traballo da Delegada de Innovación e Industria co Comercio e Turismo da Illa de Arousa o vindeiro martes  
Encontro de traballo da Delegada de Innovación e Industria co Comercio e Turismo da Illa de Arousa o vindeiro martes 

O martes día 30 de xaneiro A Asemblea Local da Illa de Arousa do BNG organiza un Encontro de Traballo con comerciantes, e industriais relacionados co sector turístico co obxecto de tratar con eles cuestións relacionadas coa súa actividade profesional.
Neste Encontro de Traballo contaremos coa presenza da Delegada Provincial da Consellaría de Innovación e Industria Montserrat Prado Cores, que informará pormenorizadamente sobre as liñas de actuación da Consellaría nacionalista en materia de turismo e comercio, dous campos fundamentais para o desenvolvimento do noso concello e que entendemos están a ser favorecidos polas medidas adoptadas até o momento pola Consellaría como son as distintas iniciativas lexislativas en defensa do pequeno comercio galego e o potenciamento do turismo galego de calidade.
Ademais os e as asistentes poderán solicitar información á Delegada sobre aspectos concretos relacionados con ambos sectores.
Este Encontro de Traballo enmárcase na campaña “A xente é o que importa” coa que os cargos do BNG no Goberno Galego informan aos distintos sectores sociais e económicos sobre o seu labor e recollen as aportacións que estes lle poidan facer co obxecto de mellorar a seu traballo.
O Encontro, que se celebrará ás 21h. na Brasería a Salga (rúa do Naval s/n), será presentado polo voceiro do BNG no concello Carlos Otero Chaves.

Illa de Arousa  
Vivenda Pública Protexida na Illa de Arousa  
O Alcalde de  A Illa Manuel Vázquez presentou no Pleno do pasado día 2 de novembro un proxecto para adicar a área de reparto nº 59 para vivenda pública protexida, tentando de cumprir dese xeito un acordo plenario aprobado por unanimidade.
Pero dentro do expediente incluíase tamén a recalificación da área nº 60 para que a empresa SERCOYSA S.A. puidese construír bloques de pisos nela.
Cando se propuxo a área 59 para vivenda social, tanto a parte privada de esta, como a totalidade da área 60 pertencían a propietarios de A Illa. Agora, como por arte de maxia, pertence todo a SERCOYSA, e dáselle o trato de favor de recalificarlle os terreos, que de poder facer neles vivendas unifamiliares, pasarían a poder edificar bloques de pisos. No seu momento, en diferentes reunións, falou o Alcalde de negociar cos veciños, para poder adicar as dúas áreas a vivenda de protección oficial, sen embargo agora SERCOYSA non cede un solo metro para tal uso.
O expediente foi pagado con 12.000 € do Concello, cando SERCOYSA é quen saca os beneficios mais grandes de todo este tinglado.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Illa de Arousa  
A compostaxe na Illa de Arousa  

Non comparto en modo algún o optimismo amosado por Tamara Dopico con respecto á compostaxe na Illa de Arousa. Se os 500 composteiros estivesen a funcionar, isto suporía que case a metade dos fogares de a Illa estarían a commpostar mais dun 50 % do lixo que xeneran, co cal entre un 20 e un 25 % do total do lixo de A Illa se reciclaría nos composteiros.

A realidade é outra ben distinta, xa que a pesares de manterse a poboación de A Illa nos últimos anos (incluso baixou en case 50 persoas), as toneladas de lixo vertidas a SOGAMA aumentaron nunha cantidade importante, e con iso o custe da recollida de lixo, reflexada na última subida do imposto para todos os fogares de A Illa. O certo é que moitos dos que teñen composteiro deixaron de usalo por non saber solucionar os problemas dos cheiros, as moscas ou os ratos, e sen que ninguén lles explicase como facelo.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Illa de Arousa  
A deshonestinadade do BNG co Concello da Illa de Arousa segundo o PP  

O Portavoz do Partido Popular na Illa de Arousa Juan José González Vázquez non dubida en aprobeitar o protagonismo que nestes días lle da a prensa debido ao Congreso que o seu partido celebrou na Illa para atacar ao BNG tildandoo de deshonesto co noso Concello. Deshonesto foi o seu partido cando aprobou a firma do finiquito da Segregación en contra da súa vontade, e por orde do PP de Galicia, conseguindo unicamente media infraestrutura a cambio (medio multiusos). Deshonesto foi durante dazaseis anos de goberno do PP en Galicia non queixarse da falla de inversión da Xunta de Manuel Fraga na Illa.

O BNG dende que tomou posesión no Goberno da Xunta, comprometeuse a crear na Illa un centro de día, unha escola infantil de 0 a 3 anos, financiar a recuperación do muelle de pau, financiar o arranxo da Escola de Pau, e financiar a nova pavimentación da rúa Torre, amosando o interese que ten o Bloque polas infraestruturas de a Illa.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Illa de Arousa  
O Goberno da Illa de Arousa perde o norte ante a situación do Concello fronte á Lei de Costas e as consecuencias que esto acarrexa aos veciños  
O PSOE de A Illa e o seu Alcalde Manuel Vázquez perderon completamente o norte ante unha situación que se lle está a escapar das mans. Diante dunha problemática tan complexa como é a situación de A Illa fronte á Lei de Costas e as consecuencias que esta acarrexa aos veciños do noso Concello, tanto o PSOE de A Illa, como Julián García Mouriño, como o equipo de Goberno e o seu Alcalde Manuel Vázquez están a sembrar a desunión e a desinformación no pobo. Cando mais necesario é apelar á unión de todas as forzas e agrupacións veciñais, sociais, e políticas, o PSOE remora un clima de tensión que na Illa non vivíamos dende os anos oitenta, inventándose o grupo dos bos e os malos, facendo pintadas insultantes, e utilizando todo tipo de rumores para romper a unión do pobo.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Illa de Arousa  
O BNG de A Illa felicita á Asociación Veciñal Á Beira do Mar polo seu primeiro éxito  
O BNG de A Illa quere felicitar á Asociación Veciñal Á Beira do Mar polo seu primeiro éxito. En aproximadamente un mes que leva funcionando esta asociación, xa conseguiron que se paralizasen as sancións e os expedientes durante o proceso de consecución do estatus de singularidade para a Illa de Arousa.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Illa de Arousa  
O BNG reúnese coa asociación  
O pasado venres Bieito Lobeira, Deputado do BNG no Parlamento de Galiza e Carlos Otero, Concelleiro do BNG na Illa de Arousa, mantiveron unha reunión coa Asociación Veciñal Á Beira do Mar, na cal os membros desta asociación veciñal solicitaron a colaboración do BNG na loita que a Illa de Arousa mantén contra a restritiva normativa que a Lei de Costas aplica sobre o noso Pobo. Unha das conclusións desta reunión foi a necesidade de crear unha comisión informativa municipal permanente, composta polo Alcalde de A Illa, un representante de cada un dos catro Partidos Políticos con presenza na Corporación Municipal, e dous representantes da Asociación Á Beira do Mar, quedando aberta a posibilidade de que outros colectivos de A Illa interesados en formar parte da Comisión poidan ter cabida na mesma. O BNG non pretende de ningún xeito politizar este tema, nen a natureza da Asociación Á Beira do Mar, nen tampouco facer como propia a causa pola que se loita, pero quere deixar claro a súa disposición a poñer todo o necesario para axudar a conquerir a finalidade que se persegue.
Illa de Arousa  
O BNG reúnese coa asociación  
O deputado do BNG no Parlamento Galego Bieito Lobeira e o  noso portavoz municipal no concello da Illa de Arousa Carlos Otero mantiveron unha reunión con membros da Asociación A Beira do Mar, neste encontro recolleron as reivindicacións deste colectivo ao respeito da necesidade de dar unha solución axeitada aos núcleos litorais afectados pola lei de costas.
Illa de Arousa  
DESPREOCUPACIÓN DO PSOE POLOS COLECTIVOS DA ILLA (O alcalde dá a costas aos colectivos de A Illa)  
O PSOE da Illa de Arousa, coa súa decisión de non aceptar as alegacións aos orzamentos de 2006 presentadas ao último pleno polo BNG, que demandaba axuda ao arranxo das instalacións do Clube de Piragüismo Illa de Arousa, a construción dun edificio para as actividades da Escola de Dornas a Vela, e ás actividades da Asociación Cultural Dorna, así como o arranxo da Escola de Pau para dedicala a usos socioculturais, dálle as costas de xeito rotundo aos diferentes colectivos de A Illa. Censuramos ademais que os problemas que estes colectivos teñen sexan para o PSOE  “irreais”. Nembargante o alcalde non dubida en dedicar 368.000 € para un campo de fútbol de herba sintética, cun escuro pacto co PP de acordar máis adiante outros destinos para o diñeiro, se a Deputación os aporta. Tampouco dubida en pagar a un particular unha cantidade superior aos 15.000 € anuais polo aluguer dun local para actividades socioculturais, no lugar de investir eses cartos en arranxar un edificio público como é a Escola de Pau para tales usos. O alcalde desestima as alegacións do BNG de xeito caprichoso e personalista, cunha decisión política que apoia o PSOE e que prexudica gravemente a actividade diaria das entidades deportivas e culturais da Illa.
Illa de Arousa  
O BNG de A Illa de Arousa presentou no Pleno tres mocións e outras tantas alegacións aos presupostos do Concello para 2006  
O BNG de A Illa de Arousa presentou no Pleno do día 4 de maio tres mocións e outras tantas alegacións aos presupostos do Concello para 2006.
Nas alegacións pretendíase deixar de destinar 276.000 € das arcas municipais para a creación dun campo de herba sintética, e dedicalos a axudar no arranxo das instalacións do Clube de Piragüismo Illa de Arousa (50.000 €), na construcción dun edificio para a Escola de Dornas a Vela (50.000 €), no arranxo da Escola de Pau (24.000 €) (que aforraría mais de 15.000 € anuais ao Concello polo aluguer dun local para usos socioculturais), entre outras actuacións.
O alcalde de A Illa, con unha decisión política perxudicial para a actividade diaria dos colectivos sen ánimo de lucro, desestimou as alegacións, tachándoas de extemporáneas e irreais, como se os problemas do noso pobo fosen irreais.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Preme nos arquivos adxuntos para ver as mocións.


Documentos Relacionados:
Moción Centro de día
Moción escola infantil
Moción autobuses
Illa de Arousa  
resposta ao comentario de Manuel Vázquez sobre as alegacións aos presupostos do Concello para 2006  
As alegacións presentadas polo BNG son moi realistas, xa que pretenden solucionar problemas moi reais do noso pobo, como son a carencia de infraestruturas para o desenrolo de actividades socioculturais e deportivas. O pésimo estado do Clube de Piragüismo é moi real; o pésimo estado do Cine Capitol é moi real; a carencia de outras instalacións culturais é moi real; o roubo de material do Clube de Dornas é un feito real. Non creo que estes feitos sexan froito da miña imaxinación. Se é certo que son copia das reivindicacións feitas polo Alcalde ás Consellerías gobernadas polo BNG, entón deixan de ser extemporáneas, xa que el mesmo recoñece a súa necesidade e actualidade, e non creo que o Alcalde faga demandas “pouco realistas” ao Goberno da Xunta de Galicia. Polo tanto sería bo que se recolleran nos orzamentos, tal como se recolle o campo de herba sintética.
preme no titulo para ler a nova completa
Illa de Arousa  
O BNG presenta alegacións ós presupostos do Concello de A Illa de Arousa para 2006  
O BNG de a Illa presentou o pasado 1 de abril alegacións ós Presupostos do Concello para o 2006. Por unha banda, o BNG non está de acordo coa partida asignada ás asociacións sen ánimo de lucro, xa que nesta só se contemplan 18.000 € para a Fundación Deportiva Municipal mais 6.000 € para a Comisión de Festas do Vran, quedando o resto das asociacións sen ningún tipo de axuda. O traballo que estas asociacións están a desenvolver na Illa é o suficientemente importante como para non permitir que sexan sistematicamente ignoradas, polo cal se pide un aumento de 8.500 € para subsanar este olvido. En segundo lugar, o Concello está obrigado este ano a destinar 7.500 € para o capital fundacional da Fundación Deportiva Municipal, sendo necesario un incremento desta cantidade na mesma partida.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Preme nos arquivos adxuntos para ver as alegacións presentadas.


Documentos Relacionados:
1ª Alegación
2ª alegación
3ª alegación
Illa de Arousa  
Fracaso rotundo do acordo firmado polo alcalde de A Illa Manuel Vázquez  

O espíritu de loita que caracteriza ó pobo de a Illa de Arousa, e que nos levou a conquerir a segregación do noso Concello do de Vilanova, e o espítitu da propia segregación foron traizoados de xeito conxunto polo PSOE e polo PP de a Illa, nun acto de absoluta cobardía política nunca vivido antes por este pobo.

preme no título para ver a nova completa

 Bng - Nacional
 Galiza Nova
 Intersindical Galega
 Plataforma Nunca Máis
 A Mesa pola normalización lingüisti
 A Nosa Terra
 Vieiros
Bloque Nacionalista Galego - Rúa da Baldosa, 25 2º D Vilagarcía de Arousa - Teléfono / fax 986 565 059 - salnes@bng-galiza.org