Contacte con nós Faga da páxina do BNG Salnés a súa páxina de inicio
Documentos,
publicacións e
iniciativas.
 
O Salnés  
A EXPOSICIÓN TRANSFORMANDO GALIZA ESTARÁ EN VILAGARCÍA E SANXENXO  
A exposición sobre o traballo do BNG na Xunta de Galiza estará esta semana en Vilagarcía e Sanxenxo.                         En Vilagarcía estará o luns 20 e o martes 21 na Avenida da Mariña, ao carón do Auditorio Municipal, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:30 horas.                      En Sanxenxo estará o xoves 23 no  Parque do Espiñeiro de Portonovo, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Cambados  
Con respecto ás declaracións de Tourís, sobre o Polígono Industrial de Sete Pías  
Con respecto ás declaracións de Tourís, sobre o Polígono Industrial de Sete Pías, nos medios de comunicación o BNG quere aclarar as cousas que son obvias e poden ser observadas por todo o mundo como é que o Polígono presente unha imaxe de abandono debido a que aínda non hai beirarrúas, a que parte das parcelas están ocupadas por vertedoiros incontrolados, a que a terra das parcelas sen ocupar é arrastrada pola chuvia e tapona e reventa as tapadeiras dos sumidoiros (que non son arranxadas nin repostas), a que non están ben dimensionados os sumidoiros de augas pluviais, a que as estradas están sen pintar e sen sinalizar, a que non hai establecido ningún sistema de recollida de residuos das empresas nin existe ninguén que se encargue do mantemento dos espazos comúns, a que algunhas empresas botan vertidos sen depurar directamente ao Río Pequeno (porque non se construíu depuradora; imperdoable olvido do cal é responsable o Concello), a que a estación de bombeo situada no polígono (polo tanto augas fecais e non pluviais) adoita estar estropeada e polo que nestas ocasións os residuos  vértense igualmente ao Río Pequeno. Todas estas cuestións son realidades concretas e obxectivas e que se están dando nun polígono municipal e polo tanto a xestión do mesmo compételle ao Goberno Municipal que aínda que se empeñe en afirmar que a xestión que fai é exemplar, a realidade di outra cousa ben distinta.
O solo industrial deste polígono, expropiado aos veciños e veciñas de Oubiña a prezo de ganga, salíulle caro aos empresarios porque gran parte do acondicionamento das parcelas e dos servicios tiveron que costealos eles mesmos e aínda, na actualidade, é un polígono deficitario en servizos.
O BNG sempre defendeu os intereses de todos os veciños e veciñas de Oubiña, sen exclusión, e por iso nos preocupa que o Río Pequeno comece a cheirar, nalgún dos seus tramos, como en determinados puntos do paseo marítimo de Cambados.
Sanxenxo  
O BNG pídelle á Sra. Alcaldelsa que deixe de enganar aos veciños e veciñas de Arra  
17 outubro 08. A instalación de Antenas de Telecomunicación no concello de Sanxenxo está regulada por unha ordenanza que figura no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Esta ordenanza que consta de 38 artigos e unha Disposición Adicional Única, regula claramente a tramitación das licenzas para este uso.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Sanxenxo  
Da política do ladrillo á política da imprenta  
15 outubro 08. No Pleno Ordinario celebrado o día 29 de xullo aprobouse o II Plan de Igualdade  do Concello de Sanxenxo. Xa naquel momento o BNG deixou ao descuberto o desinterese do equipo de goberno neste eido, cando se  lle lembrou á alcaldesa a falla de paridade na composición dos Consellos de Administración das distintas empresas municipais, respondendo esta que non ía poñer a ningunha muller en ningún posto se non valía. Con estas verbas a Alcaldesa deixou patente a desconfianza que ten nas mulleres do seu grupo de goberno, descubrindo así a súa incompetencia.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Sanxenxo  
O BNG presenta unha moción solicitando a creación dun rexistro electrónico no Concello  

14 outubro 08. O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego presentou, para o seu tratamento no vindeiro Pleno Ordinario, unha moción para que se cree un Rexistro Electrónico no Concello.

Desde o BNG pensamos que un Concello como o de Sanxenxo, que ten unha importante actividade administrativa, que pretenda estar á altura no que a novas tecnoloxías se refire, debería adaptar esta actividade aos tempos actuais.

Esta adaptación tería consecuencias moi favorábeis tanto para ofrecer un mellor servizo á cidadanía como de axilidade e aforro no labor diario de todos os concelleiros e concelleiras.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Cambados  
A creación de solo industrial está de máxima actualidade  
14 outubro 08. Hoxe din unha rolda de prensa no Polígono Industrial de Sete Pías onde resaltei que con motivo da construcción do próximo P. I. De Tremoedo por parte da Consellería de Vivenda e Solo, a creación de solo industrial está de máxima actualidade debido, en parte, ás declaracións do Alcalde de Cambados alegando o que el cre imprescindible para que o futuro polígono teña o menor impacto ambiental posible.
O portavoz do BNG considera que este é o momento de realizar as suxestións para que o proxecto sexa o mellor posible para todos, pero lamenta que as alegacións feitas polo señor Tourís non as tivera en conta cando  construíu o Polígono de Sete Pías, pois  este é un exemplo de falta de previsión e de falta de transparencia  na asignación inicial das parcelas e na xestión municipal que o levou a convertelo nun solo industrial caro, con gran carencia de servizos e que actualmente da unha imaxe de abandono total.
Presentouse inicialmente como unha forma de crear solo industrial barato e o barato a longo prazo seu moi caro para o empresariado e con moitas carencias de servizos. Estas carencias, entre elas a ausencia de depuradora ou a mala canalización das augas pluviais, pagárona os veciños e veciñas  de Oubiña ao ter que soportar continuos vertidos das empresas e as inundacións pola auga de chuvia procedente do polígono.
É a nosa responsabilidade aclarar a situación actual do P. I. De Sete Pías, así como o de resaltar que o BNG sempre propuxo que a xestión sobre este parque empresarial debeu ser realizada por Xestur, empresa pública que xestiona solo industrial, para ter unha seguridade de que as cousas se fixeran ben desde un inicio.
Cambados  
En resposta ás declaracións feitas por Tourís  
10 outubro 08. En resposta ás declaracións feitas por Tourís e aparecidas nos xornais de hoxe, o BNG de Cambados quere facer as seguintes puntualizacións:
Con respecto a se o Concello de Cambados pide ou non subvencións fóra de prazo, aclarar que no caso desta última edición da Festa da Vieira, a petición de axuda feita á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos foi realizada a véspera da Festa, razón pola que non foi concedida. Polo tanto foi a data, é dicir, non cumprir o prazo de presentación da solicitude o que impedíu que dita Consellería concedese a subvención para a festa e, polo tanto, débese concluír que o Concello  realizouna fóra de prazo.
En relación á Consellería de Innovación e Industria puntualizar que na Festa da Vieira do pasado ano 2007, logo da entrevista coa Asociación de Hostaleiros de Cambados, concedeu unha axuda para sufragar os gastos da instalación da carpa de degustación e do concurso gastronómico.
Ningún dos organizadores da Festa da Vieira deste ano 2008, entre os que non se encontraba a Asociación de Hostaleiros de Cambados, se dirixíu á Consellería de Innovación e Industria para solicitar axuda para a celebración deste evento festivo.
Desde o goberno municipal do PP quérese trasladar a idea de que o Goberno Galego non está a colaborar co Concello de Cambados, pero a realidade é ben distinta pois, neste enfrontamento creado desde Cambados, é Tourís o que está antepoñendo os intereses políticos do PP por diante do dos veciños e veciñas, co prexuicio que esta estratexía está a supor para a nosa vila.
Sanxenxo  
O PP rexeitou a moción do BNG na que solicitaba a creación das “aulas de espera” nos colexios públicos  
1 outubro 08. Ao contrario do que publica hoxe algún medio de comunicación, o PP non só votou en contra da moción do BNG senón que a concelleira delegada de Cultura e Educación, Mª Paz Lago,  dixo que o documento era un “panfleto” e afirmou que o Concello de Sanxenxo non asinaría convenio algún coa Consellería de Educación para este tema, como se pedía na moción.
Preme no titulo para ler a nova completa.
 Bng - Nacional
 Galiza Nova
 Intersindical Galega
 Fundación Galiza Sempre
 Asociación defensa ecolóxica Galiza
 A Mesa pola normalización lingüisti
 Plataforma Nunca Máis
 arroutadanoticias
 A Nosa Terra
 Vieiros
 
   
Bloque Nacionalista Galego - Rúa da Baldosa, 25 2º D Vilagarcía de Arousa - Teléfono / fax 986 565 059 - salnes@bng-galiza.org