Contacte con nós Volver a páxina principal Faga da páxina do BNG Salnés a súa páxina de inicio
Documentos,
publicacións e
iniciativas.
.
 
Catoira  
O BNG presenta unha moción contra o desdoblamento da ponte que sobrevoa as Torres do Oeste  

Fernado Casal Tacón, voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalísta Galego,
presenta a seguínte Moción para o vindeiro Pleno.

En Catoira, tivemos que sufrir un dos atentados máis graves cometídos no noso país contra o patrimonio histórico-artístico, como é o viaducto que sobrevoa por enriba das milenarias Torres de Oeste.

Agora, o Ministerio de Fomento, contempla no trazado do Eixo Atlántico ferroviario,  a construcción dunha ponte sobre o rio Ulla, a menos de dous kilómetros rio abaixo das Torres, co conseguinte impacto ambiental. Esto vai supor para a nosa vila un cambio importante na estética da mesma, pois afeará notablemente unha zona de singular beleza, como é o estuario do rio Ulla, incluído na rede natura, máis ainda, se a ponte leva apoios no rio.
Preme  no titulo para ler a nova completa.

Catoira  
Davila pregunta a Fomento por qué licitou o tramo Vilagarcía-Catoira cando aínda non rematara o prazo de alegacións  

Madrid, 13 Xuño 08. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para preguntarlle ao Ministerio de Fomento por que razón procedeu a licitar o tramo do Eixo Atlántico ferroviario entre Vilagarcía e Catoira “sen ter rematado o prazo de presentación de alegacións”.

“A que se debe que Fomento non tivera en conta ningunha das alegacións presentadas polo concello de Catoira ao proxecto de trazado pola zona? Vai o Ministerio a estudar e analizar as propostas da corporación municipal para reducir o impacto medioambiental nunha zona de grande valor ecolóxico como é o entorno do río Ulla?”, son algunhas das cuestións que Davila formula ao Ministerio.

Ademáis, a parlamentar do BNG solicita ao Ministerio de Fomento que retome o proxecto inicial de construción dunha ponte colgante sobre o río Ulla. “Dada a aposta que o Goberno dí ter co medio ambiente, non debería desbotar a idea de construir unha ponte con pilares de formigón sobre o río para preservar na medida do posíbel este rico entorno?”.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Catoira  
O Consello Comarcal do BNG apoia aos traballadores e traballadoras de Cedonosa  

Unha representación do BNG asistirá á marcha que os traballadores e traballadoras convocaron para mañán en Catoira.

30 abril 08. O Consello Comarcal do BNG, reunido onte, analisou a situación que se está a producir na fábrica de Cedonosa en  Catoira, e acordou amosar publicamente o seu apoio aos traballadores e traballadoras nas súas reivindicacións laborais pola defensa dos seus postos de traballos e pola  búsqueda dunha solución á grave crise que se está a dar na devandita empresa.

O Consello Comarcal do BNG acordou que unha representación deste organismo asista á marcha convocada para mañán xoves primeiro de maio, que sairá ás 12h. da Casa do Concello de Catoira e rematará diante da empresa.

Catoira  
O BNG solicita que se rematen as obra do CPI Progreso de Catoira  

5 abril 08. Fernando Casal Tacón, voceiro do grupo municipal do BNG de Catoira presenta a seguinte  moción, para que sea debatída  no vindeiro Pleno da Corporación Municipal.

O grupo municipal do BNG fixo unha visita ao colexio público C.P.I. Progreso, onde , ademais de facer un percorrído polos catro edificios que conforman o centro, entrevistouse co director do mesmo, para informarse  dos principais problemas que ten o colexio.
Asemade, o BNG, tivo unha entrevista ca ANPA, para recoller as preocupacións das nais e pais dos alumnos, comprobando o desencanto  desta Asociación ca Delegación de Educación.

Logo desa visita e deses encontros, o noso grupo chegou a conclusión, de que é inadmisible o retraso na terminación e entrega das obras que se están a facer no colexio, pois levan dous anos en construción e  están sen rematar totalmente, ou mal rematadas, presentando unhas deficencias que a continuación relatamos.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Catoira  
O BNG solicita o NoiteBus para a mocidade de Catoira  

Fernando Casal Tacón,voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalísta Galego, presenta a seguinte moción para o vindeiro pleno:

Sendo na actualidade,unha das grandes preocupacións de toda a sociedade e polo tanto tamén da vecindade de Catoira, a enorme siniestralidade que se produce nos fins de semana, especialmente na noite dos sábados, da que son victimas, principalmente, a nosa mocidade.
Tendo en conta que, en moitas zonas e vilas de Galiza, a  Consellaría da COTOP xa está financiando un trasporte público nocturno, para que os mozos e mozas non teñan que coller forzosamente o coche particular para ir aos seus lugares de ocio e logo regresar aos seus domicilios co conseguinte rísco de accidente.

O grupo municipal do BNG presenta ao Pleno da Corporación Municipal a seguinte proposta:
Que o concello faga as xestións oportunas diante da Consellaría da COTOP, para a implantación na nosa vila do servizo público de transporte nocturno "Noitebús" na noite dos sábados. Para que a mocidade de Catoira disfrute dun servizo que noutros concellos xa hai e que, en poucos meses, vaise implantar en moitos máis.

Catoira  
O BNG De Catoira pedirá explicacións ao alcalde pola sorpresiva viaxe a Arxentina  

22 marzo 08. O BNG quere mostrar o seu asombro diante desta nova viaxe institucional de 15 dias, polo enorme custo que vai supor para as arcas municipais e sen que o noso grupo fora informado.

Hai aproximadamente un ano, uns meses antes das eleccións municipais, o Alcalde desprazouse a Arxentína reuníndose nun xantar con case que 200 persoas, solicitándolle fotocopia do pasaporte, para ir preparando o pucheirazo electoral que se produxo meses despois.

Os votos que chegaron desde ese país foron determinantes para que o PSOE acadara a maioría absoluta, algo que a vecindade de Catoira non lle concedeu, mudando o escenario político municipal da nosa vila, xa que sin eses votos da Arxentina o resultado sería 5 concelleiros para o BNG, 5 para o PSOE e 1 para o P.P.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Catoira  
O BNG solicitará que se faga a ponte do ferrocarril que estaba prevista para o AVE  

9 outubro 07. O B.NG. de Catoira, solicitará nos organismos pertinentes, que se faga a ponte do ferrocarril que estaba prevista para o AVE, sobre a desembocadura do rio Ulla- zona incluída na rede natura- para evitar o brutal impacto ambiental que suporía a ponte que agora se quere facer.

A ponte deseñada nun principio ia ser colgante, sen ningún apoio no rio e segundo o Ministerio de Fomento, estaba chamada a ser unha das pontes máis espectaculares de España. Agora, a Dirección Xeral de Ferrocarriles vennos ca rebaixa é di que non é viable. Así, o que estaba pensado e proxectado para ser a obra máis emblemática do AVE galego, remata sendo unha ponte ordinaria de celosía metálica, cunha lonxitude de 1.620 metros e un total de 12 vanos, que levará pilares de formigón no río.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Catoira  
As xestións do BNG de Catoira diante da Consellería de Educación dan os seus froitos  
6 setembro 07. As xestións do BNG de Catoira a través do deputado nacionalista Bieito Lobeira diante da Consellería de Educación dan os seus froitos. A Consellería garante a continuidade das Escolas Infantis se o nº de alumnos /as é suficiente. A pregunta do deputado produciuse despois de manter o BNG de Catoira unha reunión coas nais afectadas pola polémica da supresión das Escolas Infantis de Abalo e Dimo, surxida pouca antes das eleccións municipais.
Adxuntamos copia da contestación da Consellería.

Documentos Relacionados:
Resposta Xunta Escolas Infantís Catoira
Catoira  
A conselleira de Vivenda e Solo participou esta mañá na inauguración do Parque Empresarial de Catoira  
18 xullo 07. A conselleira de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, salientou o desenvolvemento de 8,5 millóns de metros cadrados de solo empresarial en Galiza cun investimento de 197 millóns de euros en 2007, “unha cifra moi importante tendo en conta que en 16 anos se construíron en toda Galiza 10 millóns de metros cadrados”, subliñou Táboas. A conselleira fixo estas declaracións durante a inauguración do Parque Empresarial de Catoira desenvolvido pola sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), que preside a titular de Vivenda e Solo e na que o Departamento Autonómico ten unha participación do 15%.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Catoira  
Apois do BNG aos colectivos afectados polo TAV  
24 abril 07. O grupo municipal do BNG de Catoira quere mostrar o seu apoio aos colectivos veciñais afectados polo trazado do TAV.
Tamén queremos demostrar que a nosa preocupación por este tema ven de lonxe, así no pleno do 26 de novembro de 2004, o BNG presentou unha moción de urxencia na que se pedía que o pleno apoiara a opción do trazado pola costa, por ser o menos lesivo para o noso Concello.
A sorpresa douse cando o Sr. Alcalde – do PS deG – votou en contra desta urxencia, e o PP, “socios” de goberno abstívose, demostrando unha vez máis a desconexión entre o grupo de goberno e o pobo de Catoira.
Catoira  
O BNG presenta mañá a Nando Casal Tacón como candidato á Alcaldía de Catoira  

No acto intervirán tamén a conselleira de Cultura e Deporte Ánxela Bugallo, a deputada no Parlamento Galego Carme Da Silva e o actual portavoz municipal Pepe Castaño

21 marzo 07. O BNG presentará mañá nun acto público ao candidato á Alcaldía de Catoira, Nando Casal Tacón. A presentación oficial da candidatura de Nando Casal terá lugar mañá xoves, ás oito e media da tarde, no salón do Restaurante Casa Emilio de Catoira.
No acto, ademais do propio candidato intervirán a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo Rodríguez, a deputada do BNG no Parlamento Galego Carme Da Silva Méndez e o actual portavoz do grupo nacionalista na Corporación Municipal de Catoira, Pepe Castaño Dios.

Catoira  
O BNG pide garantías para manter as escolas de Dimo, A Baiuca e Abalo en Catoira  
Bieito Lobeira denuncia a alarma entre os pais ante a necesidade de escolarizar preto de casa aos seus fillos

Santiago de Compostela, 19 Marzo 07. O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, vén de solicitar o mantemento das escolas infantís de Dimo (Tarrío), A Baiuca (Oeste) e Abalo, no concello de Catoira.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Catoira  
Móción do BNG de Catoira para o vindeiro pleno  

14 marzo 07. O dereito a unha educación pública de calidade é un dos eixos do programa político do BNG.
A implantación da Educación Infantil debe recoller as características da
dispersión xeográfica existente en Galicia.
Debe pois, ofrecer as mellores opcións para que este tramo poida chegar a
toda a poboación.
Neste momento as tres escolas infantiles de Abalo, Tarrío e Baiuca corren o
risco de que sexan pechadas pola Inspección Educativa.
Tamén temos en conta os seguintes datos:
Escola Infantil de Dimo. Tarrio
Nº de matrículas actuais 13. Previsión de novas matriculas para o novo
curso: 6
Escola Infantil da Baiuca. Oeste
Nº de matrículas actuais 13. Previsión de novas matriculas para o novo
curso: 3
Escola Infantil de Abalo.
Nº de matrículas actuais 7.
Tamén existe unha maioría de persoas afectadas, por non decir a totalidade,
que están en contra desta posibilidade.

POLO EXPOSTO ANTERIORMENTE É POLO QUE PROPOÑEMOS QUE O PLENO APROBE OS SEGUINTES ACORDOS:

- Aprobación por parte do pleno da corporación da necesidade de que estas
tres escolas infantiles sigan funcionando no futuro.
- Instar aos organismos competentes ( Delegación de Educación , Inspección
Educativa, etc) a que garantan o futuro desta Eis.
- Realizar as melloras necesarias, incluindo o contorno, para que estas Eis
reúnan as condicións óptimas para o seu funcionamento.

Catoira  
Moción: 8 de marzo  
O consenso social conseguido canto á necesaria participación das mulleres na sociedade e canto á condena da violencia de xénero, non permitiu aínda a eliminación da lacra da violencia de xénero, nin evitou que aínda persistan obstáculos evidentes que dificultan que a sociedade responda plenamente ás necesidades e desexos das mulleres, así como que se teña en consideración a necesidade de traballar para eliminar a invisibilidade das mulleres ao longo da historia.
Estas dificuldades veñen por parte das administracións públicas e por parte da sociedade mesma, que seguen a ofrecer resistencia aos cambios nun momento de tránsito entre unha cultura patriarcal a outra cultura de igualdade.
Preme no titulo para ler a moción completa.
Catoira  
As formas caciquís do alcalde de Catoira  
3 marzo 07. O BNG  de Catoira quere denunciar públicamente, ao tempo que manifestar a súa perplexidade polo que é a terceira viaxe a Arxentina do Sr alcalde nos últimos 14 meses.

Xa en decembro de 2005, segundo as contas oficiais, unha viaxe de 5 días, custoulle ás arcas municipais nada menos que 5.900 €. Non queremos nin imaxinar canto pode supoñer o actual se nun principio vai durar quince días.
Se a esto unimos o escandaloso que é utilizar fondos públicos, para realizar esta viaxe con claros obxectivos electoralistas, intentando a búsqueda de votos, vendendo favores de última hora, cando son dereitos dos nosos emigrantes, o Sr García debería avergoñarse deste tipo de actuacións máis propias dun cacique do século XIX que dun alcalde “progresista” do século XXI.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Catoira  
Charla sobre viñedo e decreto 105/2006  

16 febreiro 07. O BNG de Catoira organiza unha charla dada a importancia dos seguintes temas:

  • Hai pouco tempo que o noso Concello quedou incluido na denominación Viños da Terra Barbanza e Iria.
  • Tamén é de vital importancia a publicación do Decreto 105/2006 sobre medidas de prevención dos incendios forestais e sobre o acordo forestal de aproveitamento da madeira.

Como queira que estes temas teñen unha relación moi estreita coas comunidades de montes, o BNG invitou ás directivas das catro CMMC.

O programa  é o seguinte:

VIÑEDO:

  • Plans de reestruturación do viñedo.
  • Campaña de seguros.
  • Plans de sanidade vexetal.

MONTES:

  • Decreto 105/2006 de prevención de incendios forestais.

Nesta charla participan e colaboran  a Asociación Forestal FROUMA,  que se encarga da divulgación de todo tipo de temas relacionados co monte e tamén da realización técnica de proxectos integrais do monte, o Sindicato Labrego Galego e a Consellería do Medio Rural.

Terá lugar o vindeiro venres 16 de febreiro ás 20 h. na casa da cultura de Dimo.

Catoira  
Medio Rural Concede árbores para reforestar  
Mediante xestión deste grupo municipal a Consellaría de Medio Rural ven de conceder á Comisión de Montes de Oeste a cantidade de 500 unidades de árbores frondosas – castiñeiros e carballos – con destino a unhas plantacións que esta está a efectuar nos montes das Mámoas e Montiño de Andrés.
Esto forma parte dunha serie de xestións que este grupo municipal está a levar a cabo con esta consellaría así como coa de Innovación e Industria que cristalizarán nos vindeiros días nunhas actuacións importantes para esta e outras comunidades de montes do concello de Catoira.
Catoira  
Curiosidades sobre o pacto PSOE-PP en Catoira  

O pacto oculto e tácito entre o PSOE e o Partido Popular, millor dito entre Alberto García e Sindo Costa, por se inda quedaba algunha dúbida, púxose de manifesto e escenificouse non último Pleno celebrado o 15 deste mes e no que se trataban os orzamentos de 2007.
É curioso que a maioría dás peticións para a inclusión nos orzamentos realizadas polo PP, xa foran plantexadas en distintos plenos polo BNG e que non se cumpliron:

  • Acondicionamento da Ponte Romana no pleno de decembro.
  • Unha moción sobre parques infantís en maio de 2004.
  • Acondicionamento dá estrada de Abalo en distintos plenos.

Preme no titulo para ler a nova completa.

Catoira  
O BNG denuncia a perigosidade en dous pasos de peóns  
O BNG denuncia a perigosidade en dous pasos de peóns 
O BNG é consciente que cando se realizan obras nas beirarrúas, sempre conleva para os transeúntes, molestias que todos/as aceptamos. Non obstante, a seguridade para as persoas debe estar garantida en todo momento.
Na actualidade estanse realizando obras nas beirarrúas da Casa do Concello.
Neste tramo hai sinalizados dous pasos de peóns, que no seu día foron reivindicados pola necesidade de dotar dalgunha seguridade ás moitas persoas que cruzan a estrada por esta zona.
Como se observa nas fotos, un dos extremos dos pasos de peós está cerrado con cintas e outros materiais que obligan os viandantes que cruzan a transitar pola estrada co conseguinte perigo.
Nós pensamos que este tipo de situacións deben preverse e correxirse para evitar posibles accidentes. Medidas como a colocación de chapas de metal sobre as obras ou outras máis axeitadas, poden evitar esta situación de risco.
Por isto pedimos ao Alcalde que adopte as medidas necesarias para garantir a seguridade dos peóns.

Documentos Relacionados:
imaxe do paso de peón
Catoira  
Lamentable funcionamento do Servizo Médico en Catoira  
A saúde pública  é un dos servizos básicos a que ten dereito o pobo, e que o BNG defende como eixo principal das súas reivindicacións.  No momento actual, e levamos así arredor de mes e medio, está a consultar un só médico no Concello de Catoira, cando o servizo contempla dous, e así estaban habituados os veciños/as de Catoira.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Catoira  
Nota informativa do BNG sobre a sentencia contraria ao Concello de Catoira na concesión da Gardería Municipal  

Este grupo manifesta a súa tristeza e preocupación pola sentencia que condena ó Concello de Catoira a volver a convocar o concurso de adxudicación da escola infantil. Esto pode contrastar coa opinión do alcalde que manifesta estar “satisfeito” a pesares de que un xulgado lle rexeita unha decisión súa na que de xeito caciquil e chulesco manipulou un pleno para poder otorgarlle a concesión a unha familiar directa da súa tenente alcalde. Nós pensamos que a unha persoa que así se manifesta só lle poden ocurrir dúas cousas:

  1. Que se está a burlar da cidadanía de Catoira, ou 
  2. Que na súa cabeza hai algo que non funciona moi ben. Calquera delas, se non son as dúas á xunta, nos parecen extremadamente graves.

O grupo municipal do BNG de Catoira foi sempre contrario ó procedemento empregado polo alcalde para a concesión da gardería (constatado na mesa de contratación e no pleno), a xa lle advirteu no seu momento que semellantes irregularidades podían acabar nunha denuncia das empresas afectadas e unha nova condena contra este concello, o que non faría máis que causar serios perxuizos para a economía e sobre todo para a estabilidade e bo funcionamento da escola infantil. Por desgracia así acaba de ocurrir.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Catoira  
VIÑOS DA TERRA BARBANZA-IRIA  
O BNG de Catoira quere mostrar a súa satisfacción por acadar para os viños
do noso municipio a denominación viños dá terra BARBANZA e IRIA. Chégouse a
este este acordo despois dá reunión o día 21/11/06 as 12 horas na
Consellería do Medio Rural, para facer alegacións ao borrador dá Orde pola
que se recoñece a indicación xeográfica viño dá terra do Barbanza-Ullán e
establécense as normas dá súa utilización nos viños de mesa producidos na
área xeográfica delimitada. Asistentes: D. Xosé Manuel Puga González, xefe
de gabinete; D. Antonio Oca Fernández, director xeral de produción,
industrias e calidade agroalimentaria; D. Ricardo Rivas Barros, subdirector
xeral de industrias e calidade agroalimentaria e representantes das 3
asociacións. ( a súa proposta era viño dá terra do Barbanza-Ullán) .
Preme no titulo para ler a nova completa.
Catoira  
Moción do BNG de Catoira para o proximo pleno  

Os camiños públicos forman parte do patrimonio cultural dos nosos pobos, ata o punto de adoptar nomes que se identificaban claramente co lugar relacionado: camiño dos Mourelos, camiño da Carballa,  camiño do Arón, etc.
Moitos destes camiños de carro deron lugar a estradas polas que actualmente nos comunicamos.

No pleno do 30 de abril de 2004, o punto 7 que se refería á permuta solicitada polo propietario de “El Mirlo Blanco”, foi denegada con 7 votos en contra, 5 do PS de G-PSOE e 2 do PP.

Existen dous informes, que figuraban na carpeta do pleno citado, tanto do secretario como da arquitecta técnica municipal que desaconsellaban esta permuta.
Preme no titulo para ler a nova completa.

Catoira  
O BNG de Catoira pídelle ao Alcalde, por terceira vez dende que se asfaltou a pista do Pavillón Municipal, a canalización das augas pluviais  
O Grupo Municipal do BNG de Catoira pídelle ao Alcalde, e xa por terceira vez dende que se asfaltou a pista  que rodea ao Pavillón Municipal, a canalización das augas  pluviais que proceden de dita instalación e o seu contorno inmediato. Xa que a entrada provisional (mentres duren as obras do patio exterior anexo) ao recén ampliado edificio de Infantil,    así como o acceso de todo o alumnado do CPI ao  pavillón para desenvolver as clases de Educación Física,  se fai dende ou a través da mencionada pista, e é preciso que se proceda con certa urxencia á súa canalización. Pois, dende o inicio do curso e con motivo das intensas chuvias, xa en varias ocasións, as augas rebosaron e inundaron  a pista  nas proximidades das anteditas entradas.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Catoira  
Visita do Portavoz do BNG de Catoira ao Colexio Publico  
O BNG de Catoira, despois dun prudente tempo de espera por ver si finalizaban as obras, quere mostrar publicamente o seu malestar polo retraso que se está a producir na incorporación das nenas e nenos de Infantil ás súas aulas, no Colexio Público Integrado “Progreso” de Catoira. Despois de comezar unha semana máis tarde as clases, foron ubicados os 50 alumnos (3 aulas) na Biblioteca do Colexio. E todo porque as obras de reparación e ampliación do edificio de Infantil comezaron a finais de Agosto, en vez de facelo no mes de Xullo. Malestar das familias – que esixen condicións mínimas das instalacións - , descontentos os profesores – que non poden desenvolver a súa laboura como é debido -.
Malestar porque mesmo despois do remate das obras do edificio, quedarán as de construcción dun patio cuberto anexo e tamén o peche, o que supoñerá incomodidades e riscos, que deberán evitarse facendo as obras no seu tempo.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Catoira  
Alberto García e como impedir a labor dos Concelleiros/as  
O xoves, día 13 de xullo, este concelleiro do BNG  de Catoira, recibeu de
mans dun funcionario do Concello ás 21 h. a convocatoria para un pleno
extraordinario e urxente a celebrar o venres 14 ás 9,30 h..
O tema da convocatoria era a aprobación do obradoiro de emprego "Fonte
Gaiteira" que o Sr. alcalde presentou en sustitución do manido "Pedras
Miúdas".
En ningún momento, pois, este proxecto estivo a disposición dos concelleiros
para poder estudialo e coñecelo en profundidade.
Foi durante o escasísimo tempo que durou o pleno, apenas 15 minutos, cando
eu lle pedín ao Sr. alcalde, como sempre fixen nesta lexislatura, examinar o
proxecto para poder emitir o meu voto.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Catoira  
O Alcalde de Catoira desconvoca plenos a súa discrección e publica nomes de público asistente ao Pleno  

O grupo municipal e agrupación local do Bloque Nacionalista Galego de Catoira, queren manifestar públicamente a súa disconformidade e rexeitamento aos continuos incumplimentos de convocatoria de Plenos Ordinarios por parte do alcalde de Catoira. Ultimamente están a proliferar o que el chama “retraso conforme á lei” aducindo que non hai materia para tratar nos mesmos. Esta argumentación resulta ser completamente falsa, en tanto que nos consideramos que hai materia de sobra para levar aos mesmos. A proba está en que, por exemplo,  netes dous últimos meses en que suspendeu os plenos ordinarios convocáronse en troques dous Plenos Extraordinarios cargados de temas e contido....

...Recordemos tamén que este alcalde, no boletín informativo do seu partido do mes de Xuño, fixo pública unha lista de veciños de Catoira, con nomes e apelidos, que asistiron a un Pleno Extraordinario que el convocou ás 2 da tarde, tratando así de disuadir aos traballadores de Catoira da asistencia ao mesmo, pois prevía que ía ser un Pleno no que a oposición o ía deixar en evidencia por ter mentido no tema de Pedras Miúdas. Sacou nomes e apelidos dos cidadáns afíns ao BNG, pero non os do seu grupo que tamén estaban presentes. A finalidade desta publicación (que nos recorda no ano 2006 os tempos de Mcarthy e a “caza de bruxas” nos Estados Unidos) é claramente disuasoria, impropia dunha mente nos seus cabales e típica dun alcalde que por algo ten fama en toda a comarca de dictador e antidemocrático, cualidades ás que agora achega as de un desquiciamento progresivo e compulsivo, porque ve a proximidade das eleccións e sabe que cotiza moi á baixa...
Preme no titulo para ler a nova completa.

Catoira  
2 mocións presentadas a Pleno polo BNG de Catoira  

Nos arquivos engadidos podedes ler as mocións presentadas polo BNG de Catoira no Pleno do Concello de Catoira.

  1. Plan de recuperación dos muiños de auga do concello de CATOIRA coa posta en funcionamento dos mesmos.
  2. Protección, limpeza, conservación e mellora dos ríos e regatos de todo o Concello de Catoira.


Documentos Relacionados:
Plan de recuperación dos muíños de Catoira
Plan de recuperación de ríos e regatos de Catoira
Catoira  
Solicitude de Beirarrúas a Deputación  
Como consecuencia do ensanche da estrada de Oeste, Catoira, levado a cabo ao longo da Alameda desta parroquia, foi anulada a tubería da auga que percorría a mesma de arriba a baixo, e asemesmo tapáronse tódolos rexistros. Por este motivo, cando chove, a auga inunda a estrada e os viandantes non poden pasar pola mesma, e mesmo pode dar lugar a accidentes ao tratar a xente de esquivar as charcas e regatos que se forman.
Preme no arquivo engadido para ler a solicitude completa.

Documentos Relacionados:
Solicitude de Beirarrúas a Deputación
Catoira  
O fracaso anunciado do autoritarismo de Alberto García, alcalde de Catoira  
Ata as eleccións autonómicas do 2005, diante da falta de inversións e  dinamización do municipio, as escusas de Alberto García ian encamiñadas sempre contra o goberno da Xunta de Galiza, naqueles tempos en mans do PP., culpándoo das súas negativas a atender as propostas do concello de Catoira.
Despois da cita electoral mencionada, o goberno da xunta está formado polo PS de G- PSOE e polo BNG, ao primeiro dos partidos pertence o Sr. Alcalde, e polo que é máis, o goberno do Estado é do PSOE, logo xa non pode utilizar o mesmo discurso achacándolle as culpas dos seus fracasos a gobernos pouco “amigos”.
O martes 16 de maio de 2006, aparece publicado na prensa escrita o último e máis grande fracaso de Alberto García: a comunicación da Consellería de Traballo, cuxo conselleiro é do PSOE, da negativa da concesión do Obradoiro de emprego na lagoa de Pedras Míudas. Agora a estratexia do alcalde pasa por culpabilizar dos seus fracasos sobre todo a unha persoa. A modo de ironía podiamos dicer: é tan fácil que unha persoa tumbe un proxecto desa magnitude?.
Preme no titulo para ler a nova completa
Catoira  
Reflexión do BNG ante o anuncio do Concello de Catoira da financiación tanto do transporte como das entradas para o festival de Paredes de Coura  

Diante do anuncio por parte do Alcalde de Catoira da financiación tanto do transporte como das entradas para o festival de Paredes de Coura, (Portugal) incluso o transporte para persoas doutros municipios, o BNG de Catoira fai as seguintes reflexións:

  • O grupo de goberno carece por completo dun programa cultural e musical que dea cobertura ás prioridades da mocidade do noso municipio.
  • Como consecuencia, gasta os cartos dos nosos impostos en promocionar festivales organizados por outros concellos.
  • Realiza un flaco favor a sectores como o comercio e a hostalería de Catoira, posto que o mencionado festival terá lugar nunhas datas (14 a 17 de agosto), nas que a iniciativa do goberno municipal debería pasar por ofertar actividades para que Catoira fose centro de destino de turistas.
  • Desprestixia a Romaría Vikinga por non ofertar e promocionar un festival que cubra todas as expectativas que se demandan.

GRUPO MUNICIPAL BNG CATOIRA

Catoira  
Visita a Catoira da Delegada Provincial da Consellería de Innovación e Industria  
Montserrat Prado Cores delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria realizará  mañá, mércores 15 de marzo ás 18 horas unha visita a Catoira para entrevistarse coa directiva do ATENEO VIKINGO, na súa sede.
Esta Asociación solicitoulle esta visita despois de enviar unha memoria coas actividades que realiza ó longo do ano.
Aproveitará esta visita para manter unha reunión de traballo co Grupo Municipal do BNG onde se tratarán asuntos da competencia desta Consellería e que poidan afectar ao noso Municipio.
Catoira  
Reunión do Delegado Provincial da Consellería de Medio Rural con representantes da Asociación de Viticultores “Ribeira de Arousa  
Gonzalo Constenla, delegado provincial de Medio Rural recibirá mañá xoves, 9 de marzo , a representantes da asociación de viticultores “Ribeira de Arousa”, e a representantes do grupo municipal do BNG de Catoira para analizar a situación destes viticultores en relación coa entrada na Denominación  de Orixe “Rías Baixas”.
Compre salientar que foron aprobas no Pleno do Concello de Catoira sendas mocións do PSOE e do BNG en xuño do 2000 e en outubro de 2003 respectivamente, nas que se solicitaba “ … á Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia a integración do territorio de Catoira na Denominación de Orixen Rías Baixas …” na primeira, e entre outras na moción do BNG “Que o Pleno da Corporación acorde por vía de urxencia, adoptalas medidas necesarias para lograr a inclusión do municipio de Catoira na Denominación de Rías Baixas e así evitalos mencionados prexuicios así como a discriminación que está a sufrir o municipio coa súa exclusión”.
Preme no titulo para ler a nova completa.
Catoira  
O BNG DE CATOIRA CO DELEGADO DE MEDIO RURAL  

O grupo municipal do BNG de Catoira mantivo unha reunión de traballo co Delegado Provincial de Medio Rural de Pontevedra, Gonzalo Constenla, na que se estudaron diversos temas, entre eles as necesidades do concello con vistas á distribución de obras dentro do PLAN ESTRATÉXICO DE INVESTIMENTOS DO MEDIO RURAL. Tamén se comentaron outros relativos a montes, concentración parcelaria... Esta reunión está en marcada dentro das constantes xornadas de traballo que o grupo municipal do BNG de Catoira está a levar a cabo coas distintas Delegacións da Xunta, así como con outras institucións, co obxetivo de dinamizar a actividade municipal do Concello.

Catoira  
Intervención do BNG de Catoira no Pleno do 27 de Xaneiro  
  1. O Grupo Municipal do BNG non está a favor de xudicializar a vida política. Nós cremos na resolución dos conflitos e das discrepancias pola vía do diálogo, do debate e da negociación. Esta opinión xa lla manifestamos á cidadanía de Catoira na campaña electoral, e vai a seguir sendo a nosa posición agora e no futuro.
  2. APROBACIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO “PEDRAS MIÚDAS”
    Neste punto o BNG criticou a precipitación por traer a pleno esta proposta “cando se pretende actuar sobre un terreo do que o Concello aínda non ten a cesión ou autorización do seu propietario: a Comunidade de Montes da parroquia de San Miguel de Catoira.
Preme no documento adxunto para ler a intervención completa.


Documentos Relacionados:
Intervencion no Pleno do BNG Catoira 27 de Xaneiro
Catoira  
Vertedoiro incontrolado de Balastrera  
O grupo municipal do BNG de Catoira propón que con parte dos 55.000 euros que o alcalde dispón  como de “libre designación” se destinen a eliminar o vertedoiro definitivamente e a mellorar o seu contorno.

Preme no título para ler a nova completa.

Catoira  
Alegacións á urbanización da finca de Patiño  
Preme no documento relacionado para ler as alegacións presentadas polo grupo municipal do BNG de Catoira á urbanización da finca de Patiño.

Documentos Relacionados:
Alegacións finca Patiño
Catoira  
O BNG co presidente de Xestur