Con respecto ás declaracións de Tourís, sobre o Polígono Industrial de Sete Pías, nos medios de comunicación o BNG quere aclarar as cousas que son obvias e poden ser observadas por todo o mundo como é que o Polígono presente unha imaxe de abandono debido a que aínda non hai beirarrúas, a que parte das parcelas están ocupadas por vertedoiros incontrolados, a que a terra das parcelas sen ocupar é arrastrada pola chuvia e tapona e reventa as tapadeiras dos sumidoiros (que non son arranxadas nin repostas), a que non están ben dimensionados os sumidoiros de augas pluviais, a que as estradas están sen pintar e sen sinalizar, a que non hai establecido ningún sistema de recollida de residuos das empresas nin existe ninguén que se encargue do mantemento dos espazos comúns, a que algunhas empresas botan vertidos sen depurar directamente ao Río Pequeno (porque non se construíu depuradora; imperdoable olvido do cal é responsable o Concello), a que a estación de bombeo situada no polígono (polo tanto augas fecais e non pluviais) adoita estar estropeada e polo que nestas ocasións os residuos vértense igualmente ao Río Pequeno. Todas estas cuestións son realidades concretas e obxectivas e que se están dando nun polígono municipal e polo tanto a xestión do mesmo compételle ao Goberno Municipal que aínda que se empeñe en afirmar que a xestión que fai é exemplar, a realidade di outra cousa ben distinta. O solo industrial deste polígono, expropiado aos veciños e veciñas de Oubiña a prezo de ganga, salíulle caro aos empresarios porque gran parte do acondicionamento das parcelas e dos servicios tiveron que costealos eles mesmos e aínda, na actualidade, é un polígono deficitario en servizos. O BNG sempre defendeu os intereses de todos os veciños e veciñas de Oubiña, sen exclusión, e por iso nos preocupa que o Río Pequeno comece a cheirar, nalgún dos seus tramos, como en determinados puntos do paseo marítimo de Cambados.
14 outubro 08. Hoxe din unha rolda de prensa no Polígono Industrial de Sete Pías onde resaltei que con motivo da construcción do próximo P. I. De Tremoedo por parte da Consellería de Vivenda e Solo, a creación de solo industrial está de máxima actualidade debido, en parte, ás declaracións do Alcalde de Cambados alegando o que el cre imprescindible para que o futuro polígono teña o menor impacto ambiental posible. O portavoz do BNG considera que este é o momento de realizar as suxestións para que o proxecto sexa o mellor posible para todos, pero lamenta que as alegacións feitas polo señor Tourís non as tivera en conta cando construíu o Polígono de Sete Pías, pois este é un exemplo de falta de previsión e de falta de transparencia na asignación inicial das parcelas e na xestión municipal que o levou a convertelo nun solo industrial caro, con gran carencia de servizos e que actualmente da unha imaxe de abandono total. Presentouse inicialmente como unha forma de crear solo industrial barato e o barato a longo prazo seu moi caro para o empresariado e con moitas carencias de servizos. Estas carencias, entre elas a ausencia de depuradora ou a mala canalización das augas pluviais, pagárona os veciños e veciñas de Oubiña ao ter que soportar continuos vertidos das empresas e as inundacións pola auga de chuvia procedente do polígono. É a nosa responsabilidade aclarar a situación actual do P. I. De Sete Pías, así como o de resaltar que o BNG sempre propuxo que a xestión sobre este parque empresarial debeu ser realizada por Xestur, empresa pública que xestiona solo industrial, para ter unha seguridade de que as cousas se fixeran ben desde un inicio.
10 outubro 08. En resposta ás declaracións feitas por Tourís e aparecidas nos xornais de hoxe, o BNG de Cambados quere facer as seguintes puntualizacións: Con respecto a se o Concello de Cambados pide ou non subvencións fóra de prazo, aclarar que no caso desta última edición da Festa da Vieira, a petición de axuda feita á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos foi realizada a véspera da Festa, razón pola que non foi concedida. Polo tanto foi a data, é dicir, non cumprir o prazo de presentación da solicitude o que impedíu que dita Consellería concedese a subvención para a festa e, polo tanto, débese concluír que o Concello realizouna fóra de prazo. En relación á Consellería de Innovación e Industria puntualizar que na Festa da Vieira do pasado ano 2007, logo da entrevista coa Asociación de Hostaleiros de Cambados, concedeu unha axuda para sufragar os gastos da instalación da carpa de degustación e do concurso gastronómico. Ningún dos organizadores da Festa da Vieira deste ano 2008, entre os que non se encontraba a Asociación de Hostaleiros de Cambados, se dirixíu á Consellería de Innovación e Industria para solicitar axuda para a celebración deste evento festivo. Desde o goberno municipal do PP quérese trasladar a idea de que o Goberno Galego non está a colaborar co Concello de Cambados, pero a realidade é ben distinta pois, neste enfrontamento creado desde Cambados, é Tourís o que está antepoñendo os intereses políticos do PP por diante do dos veciños e veciñas, co prexuicio que esta estratexía está a supor para a nosa vila.
8 outubro 08. Hoxe nos medios de comunicación aparecía a resposta da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos á crítica de Tourís dicindo que non apoiaron economicamente a pasada edición da Festa da Vieira de Cambados porque a petición fora feita a véspera do evento. Tamén se dicía que os contactos entre o Concello do Grove e a mesma Consellería comezaran cinco meses antes e que deran como resultado unha subvención para a Festa do Marisco de 120.000 euros. Estas afirmacións mostran de forma moi clara que o funcionamento organizativo do goberno municipal do Concello Cambados é un desastre, e que a improvisación e a falta de rigor son as normas que seguen a cotío. Iso si!, posteriormente nunca falta a crítica a determinadas Consellerías da Xunta de Galiza por non apoiar eventos que, como no caso da Festa da Vieira as peticións de axuda fixéronse fora de prazo (caso da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos) ou nin sequera se fixeron (como no caso da Consellería de Innovación e Industria, da que depende Turismo e a que tamén se lle acusou inxustamente, no seu momento, de non apoiar este festexo). A Xunta de Galiza, como Administración, está a ser seria, transparente e imparcial á hora de conceder calquera tipo de axuda económica para que deste xeito todo o mundo poida concorrer en igualdade de condicións a este tipo de peticións. E ademais de facer a petición formal dentro de prazo, o concello como calquera cidadán no seu lugar, debe aclarar en detalle como vai investir os cartos solicitados. De todos os xeitos a Festa da exaltación da Vieira, como todos desexabamos, celebrouse un ano máis; iso si!, sen subvención da Xunta de Galiza pola ineficacia do Goberno Municipal, que tivo que recorrer aos petos dos cambadeses e cambadesas para pagala; o que é un exemplo máis da mala xestión económica do equipo de Goberno encabezado por Tourís.
24 setembro 08. O BNG vendo que o parque infantil e o contorno do Centro Social de Corbillón, situado nas antigas escolas unitarias desta parroquía, encóntranse en mal estado debido a que a vexetación foi ocupando e invadindo gran parte do contorno, razón pola que o lugar amosa unha imaxe de abandono. Así mesmo, desde hai uns meses, un dos edificios deste Centro Social carece de auga corrente nos aseos o que está a causar un grave inconveniente para o uso cotiá desta instalación debido ao grande número de usuarios que a utilizan semanalmente.
O BNG solicita que se realice, o máis asiña posible, a limpeza e mantemento do parque infantil e que se fagan os arranxos necesarios para que o Centro Social volva a dispoñer de auga corrente nas instalacións.
16 setembro 08. Na Parroquia de Corvillón, no Lugar das Laxes, no punto onde se encontran a estrada da igrexa e a estrada que leva a Tremoedo existe un cruce con pouca visibilidade e con bastante perigo para a circulación de vehículos. Nese lugar hai xa instalado un espello que mellora a visibilidade na saída da estrada da igrexa pero, segundo os veciños, non está a ser suficiente debido a que algúns coches aparcan no mesmo cruce dificultando a visibilidade e invadindo a zona que os vehículos necesitan para entrar ou saír del.
O BNG solicita que nas proximidades ao referido cruce, sexa prohibido o aparcamento de vehículos para que aumente a visibilidade dos que entran ou saen del, diminúa a perigosidade viaria e mellore a capacidade de maniobrabilidade nese punto.
26 xullo 08. En resposta as afirmacións da concelleira de cultura con respecto ao peche polas tardes da biblioteca municipal, o BNG de Cambados quere matizar o seguinte: Primeiro que non dubidamos da calidade do servicio da biblioteca municipal nin da amplitude do seu horario de atención ao público, senón que precisamente por ser coñecedores do funcionamento desta, non entendemos que pechara as tarde do mes de xullo. Preme no titulo para ler a nova completa.
Trátase dunha experiencia enmarcada no proxecto global da posta en marcha dunha marca de calidade para os produtos de horta a nivel galego.
Na xornada de presentación deste proxecto abordáronse cuestións como o desenvolvemento dun estudo para mellorar a competitividade nas empresas desta comarca ou o deseño da campaña de publicidade que dará a coñecer e difundirá entre os axentes implicados esta nova marca.
23 xullo 08.
A Consellaría do Medio Rural, a través de AGADER en colaboración cos Concellos do Salnés está a por en marcha proxecto para a mellora da competitividade e promoción dos produtos e empresas de horta no Salnés. Nesta iniciativa participan os concellos de Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Sanxenxo, O Grove, Meis, Meaño e Ribadumia e está coordinado e impulsado póla Fundación Comarcal do Salnés que aporta os 60.000,00 € de financiamento a través do programa europeo Proder II O Salnés. Preme no titulo para ler a nova completa.
Especialistas en vitivinicultura participarán nunha nova Xornada Técnica organizada polas consellarías de Medio Rural e Innovación e Industria en colaboración co Consello Regulador da D.O. Rías Baixas.
17 xullo 08. A delegada provincial da Consellaría de Innovación e Industria, Monserrat Prado, e o delegado provincial do Medio Rural, Gonzalo Constenla, presentaron as partidas económicas que os dous departamentos nacionalistas lle dedicarán á promoción dos caldos do Salnés no marco da LVI Festa do Albariño de Cambados.
A Consellaría de Innovación e Industria achegará para a celebración desta nova edición da festa unha cantidade de 30.000 euros, mentres que Medio Rural contribuirá con igual cantidade a través de achegas ao Consello Regulador, para a organización da festa (stands, instalación, mantemento e transporte) e a cata-concurso (organización, sala de catas e notario).; ao Concello de Cambados, para gastos derivados da Festa e, finalmente, para a organización da xornada técnica. Preme no titulo para ler a nova completa.
10 xullo 08. Á proposta que fai Tourís de solicitar a modificación do PEPOCHA (Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico) para poder sacar adiante dúas actuacións urbanísticas, para el necesarias, o BNG considera: De non facer as modificacións puntuais no Plan ningún técnico, sexa do Concello ou da Administración Galega, aceptaría unha actuación urbanística que o incumprise; polo tanto, como apunta Tourís, cómpre facer previamente as modificación no Plan de Protección para logo realizar determinadas obras en Cambados. Preme no titulo para ler a nova completa.
8 xullo 08. A deputada Olaia Fernández Davila e o senador Xosé Manuel Pérez Bouza manterán un encontro con adegueiros do Salnés mañán mércores en Cambados.
No traballo dos seus cargos públicos o BNG dálle unha importancia fundamental ao contacto directo cos distintos sectores económicos e sociais afectados polas decisións que se adoptan nas distintas institucións, considerando este contacto unha obriga dado que os cargos públicos se deben á cidadanía que os elexiu. Preme no titulo para ler a nova completa.
8 xullo 08. En relación coa polémica suscitada pola proposta do BNG de mellora da seguridade vial na Avenida de A Coruña quixeramos puntualizar unha serie de cuestións: A primeira delas é que a nosa proposta foi entregada no rexistro do concello e posteriormente enviada aos medios como facemos sempre, pois os medios de comunicación son a canle máis importante coa que contamos os grupos políticos para trasladar á cidadanía as nosas as actuacións, pois somos os representantes que eles elixiron democraticamente e debemos informarlles. Polo tanto non debería lamentarse disto o señor alcalde xa que, ademais, a maior parte das actuacións do goberno municipal son coñecidas pola oposición a través dos medios de comunicación. Preme no titulo para ler a nova completa.
2 xullo 08. Entre os lugares de Cambados que necesitan con maior urxencia a adopción de determinadas medidas para mellorar a protección dos viandantes está, sen dúbida, a Avenida de A Coruña; as razóns para propor estas melloras son variadas: Preme no titulo para ler a nova completa.
27 xuño 08. Víctor Manuel Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no concello de Cambados, presenta, por vía de urxencia, para ser tratada no pleno de hoxe, a seguinte MOCIÓN:
Hai uns días apareceu nos medios de comunicación a noticia de que o Pazo de Baión, que fóra confiscado no seu día no marco dunha operación antidroga; foi adquirido pola adega cooperativa cambadesa “Condes de Albarei”, despois de participar nunha poxa convocada polas autoridades xudiciais. Esta noticia foi moi ben recibida en Cambados e en toda a comarca, pois ponse fin á incerteza sobre o futuro dunha explotación vitivinícola que, durante moitos anos, estivo desgraciadamente unida á lacra do comercio da droga. Para nós, como cambadeses, ten que ser unha satisfacción e un orgullo que dúas empresas do noso concello, que ademais son cooperativas que representan a varios centos de familias, se interesasen por lavar a imaxe e poñer en valor un negocio que outro cambadés desprestixiou coa súa reprobable conduta. Preme no titulo para ler a nova completa.
17 xuño 08. O Goberno Municipal de Cambados está incumprindo un acordo plenario e deslexitimando un órgano (Comisión Organizadora) creado por unanimidade dos grupos municipais coa finalidade de acadar a máxima pluraridade e participación cidadá na organización dun evento cultural de gran importancia para o noso Concello, como é a celebración do Ano Cabanillas 2009. Ningún sentido ten xa a creación dunha Comisión Organizadora dun evento se este xa está organizado.
O BNG esixe ser tido en conta na organización do Ano Cabanillas 2009, ao igual co resto dos cidadáns e sectores implicados, como se acordou no Pleno Extraordinario de novembro. Somos coñecedores de que en Cambados hai persoas e organizacións con ideas e iniciativas moi interesantes e que non se debe desperdiciar a súa colaboración.
Se desde o Concello non se vai a contar con nos na celebración do cincuentenario da morte de Ramón Cabanillas, o BNG non deixará de homenaxear a este escritor e poeta emblemático de Cambados o próximo ano 2009.
24 maio 08. Con respecto á polémica suscitada polo mal funcionamento da recollida selectiva nos ecopuntos dos portos de Cambados e na cal o Alcalde manifestaba, onte nos medios de comunicación, que o Concello estaba disposto a asumir a xestión deste tipo de residuos portuarios; como portavoz municipal do BNG quero facer as seguintes puntualizacións: Mantemos que o funcionamento actual deste servizo é deficiente, pero en ningún momento afirmamos que non se baleiraran os contedores, senón que o que ocorre e que actualmente espáciase demasiado o seu baleirado o que ten consecuencias negativas na conservación do contorno portuario e na imprescindible colaboración da xente do mar para conseguir a completa eliminación destes residuos. Preme no titulo para ler a nova completa.
16 maio 07. O BNG expón a situación na que se encontran algúns contedores nos puntos de recollida dos residuos portuarios dos portos de San Tomé e Tragove, en Cambados. En San Tomé encóntranse cheos os seguintes contedores: os de madeiras e palets, cartón, vidro, cabos e aparellos, así como o de aceites e filtros onde, tamén, se acumulan a súa beira cinco garrafas cheas de aceite. Ademais, no crebaondas deste porto estanse a depositar moitos restos de aparellos e cabos a modo de vertedoiro incontrolado. Preme no titulo para ler a nova completa.
3 maio 08. A construcción dunha planta de engorde de rodaballo no porto de Tragove creou unha certa preocupación no sector marisqueiro de Cambados, pola posible repercusión que esta podería ter sobre os bancos marisqueiros próximos ao lugar da súa ubicación. Como consecuencia o grupo municipal do BNG trasladou unha serie de preguntas ao pleno do concello sobre o estudio de impacto ambiental presentado e sobre o permiso do Concello para a súa construcción. Así mesmo solicitóuselle ao parlamentario do BNG , Bieito Lobeira, que preguntara no Parlamento Galego sobre as medidas que esta empresa adoptaría para impedir os posibles impactos contaminantes sobre os bancos marisqueiros do litoral cambadés. Preme no titulo para ler a nova completa.
26 abril 08. A actuación, organizada polos libreiros de Cambados, na que Tino Baz presentaba o seu primeiro traballo discográfico, estaba prevista para o 25 de abril no Auditorio da Xuventude pero, finalmente, tivo lugar no Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés xa que a utilización do auditorio foi denegada para dito acto. A razón argumentada para esta denegación pola concelleira de cultura, foi que a actuación coincidía cun acto previamente concertado. Efectivamente, onte “improvisouse” un acto no Auditorio da Xuventude, consistente nunha proxección para os alumnos do Conservatorio Municipal. Preme no titulo para ler a nova completa.
19 abril 08. Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno do luns 21 de abril as seguintes PREGUNTAS: O venres 18 de abril tivo lugar en Cambados o acto institucional da firma do contrato das obras de rehabilitación do barrio de San Francisco. A dito acto, no que a Consellería de Vivenda estivo representada polo Delegado Provincial, foron invitados os representantes dos tres grupos municipais. A invitación foi cursada vía fax desde a Delegación Provincial da Consellería de Vivenda ao Concello, para que o goberno municipal a trasladara aos interesados. Por todo isto preguntamos: 1.- ¿ Por que aos concelleiros da oposición non se lles avisou, desde o Concello, da existencia da invitación a dito acto? 2.- ¿Por que non asistíu ningún representante do Goberno Municipal, a pesar de estar invitados pola Consellería de Vivenda?
O indubidable atractivo turístico do entorno do Pazo e Praza de Fefiñáns é un dos principais causantes de que, desde hai xa moito tempo, numerosos autocares con visitantes estacionaran nos terreos da Merced para visitar este entorno. A recente urbanización do antigo campo de futbol da Merced fai, agora imposible, a utilización destes terreos para esta finalidade, polo que preguntamos: 3.- ¿Onde estacionarán a partir de agora os autocares que se acheguen a visitar o entorno de Fefiñáns?
16 abril 07. Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Cambados, presenta para a súa contestación no vindeiro pleno as seguintes PREGUNTAS: Á edificación situada nos terreos do antigo campo de futbol da Merced, no seu momento, se lle concedeu o cambio das condicións de edificabilidade previstas nas Normas Subsidiarias de Planeamento para a unidade de xestión UG 2, o que lle permitíu facer un baixo comercial único con posterioridade á adxudicación do concurso. Esta modificación beneficiou claramente ao promotor da obra pois a creación dun baixo único aumentaba o valor económico deste. Preme no titulo para ler a nova completa.
Víctor Caamaño Rivas, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de Cambados,
EXPÓN: que no Pleno Extraordinario do 9 de novembro de 2007 aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo PP sobre a celebración do ANO CABANILLAS 2009; en dita moción incluíuse a seguinte enmenda presentada polo grupo municipal do BNG:
Punto 2º da moción.-
• Crear unha Comisión Organizadora dos actos do Ano Cabanillas 2009 que recolla as propostas dos diferentes sectores. Estaría integrada por Institucións Académicas (universidades, centros de ensino), Políticas (Comisión Informativa de Cultura, Xuventude e Deportes, Consellerías, Deputación), Culturais (Asociacións culturais, de ensinantes), Sociais (Asociacións de veciños, Confraría) e representantes da Familia Cabanillas.
• A execución dos actos propostos por esta Comisión recaería na Comisión Informativa de Cultura, Xuventude e Deportes.
A diversidade de sectores que formarían esta Comisión aseguraría unha gran variedade e riqueza de propostas culturais a realizar no 2009 ao redor da figura de Cabanillas e ademais implicaría a un gran número de cambadeses na participación en ditos actos, co cal o éxito deste evento estaría asegurado. Cómpre darse presa na constitución da Comisión, pois xa estamos no mes de abril e a elaboración e programación dos actos necesitan un tempo de antelación suficiente para evitar presas a última hora.
SOLICITA: que se constitúa canto antes a Comisión Organizadora dos actos culturais a celebrar no Ano Cabanillas 2009.
5 abril 08. Recoñecemos que non resulta doado cumprir os prazos que estipula a lei, presentar os orzamentos antes do 31 de decembro, pero lamentamos que este ano se retrase a súa presentación máis do habitual e se pase do mes de febreiro a abril. Non sabemos se a razón deste retraso pode ser a dificultade para cadrar determinadas partidas ou para cadrar os gastos e os ingresos, pero por outra banda, unha vez que hai que contar co habitual retraso, non é xusto entregarlle aos grupos municipais da oposición un documento de 354 páxinas con 5 días de prazo para a súa análise (se resulta complexa a súa elaboración, tamén resulta complexa a súa análise). Preme no titulo para ler a nova completa.
O PP do Salnés quere agachar o prestixio e a calidade do noso viño meténdoo no medio duns supostos “vinos de España”
4 abril 08. Nos últimos días o senador do PP Cores Tourís cos seus ataques á política da Consellaría do Medio Rural dirixida polo nacionalista Suárez Canal, veunos a dar unha mostra máis da súa incapacidade de xestión e da súa falla de compromiso co sector do viño; e non o decimos por decir senón que os dados constatábeis están aí:
Estamos a falar dun señor que supostamente é o grande defensor dos nosos viños en Madrid e foi incapaz de apresentar unha soa proposta relacionada co viño nos últimos catro anos no Senado...
Ao concurso público convocado o pasado mes de decembro presentáronse 13 empresas, resultando adxudicataria GPD Construcciones que dispón dun prazo de tres meses para a execución das obras
5 marzo 08. A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, adxudicou por 506.786 euros as obras de rehabilitación de cinco bloques de vivendas no Barrio de San Francisco no Concello de Cambados. A empresa adxudicataria dispón dun prazo de tres meses para a execución das obras, unha vez asinado o contrato.
Ao concurso público convocado pola Consellería de Vivenda e Solo o pasado mes de decembro presentáronse un total de 13 empresas, resultando adxudicataria GPD Construcciones por formular a proposición máis vantaxosa no seu conxunto, tendo en conta que a mesa de contratación valorou a proposta económica e técnica, a planificación do traballo e o equipo humano dispoñible. Preme no titulo para ler a nova completa.
21 febreiro 08. Onte nun medio de comunicación, onde era entrevistado o alcalde de Cambados e candidato do PP ao Senado nas próximas Eleccións xerais do 9 de marzo, Xosé Manuel Cores Tourís, este manifestaba que recentemente viña de realizar unha viaxe por Arxentina. Nesa mesma entrevista afirmaba que dita viaxe tivera fins electorais. Con tal motivo o BNG de Cambados presentou hoxe un escrito no rexistro do Concello solicitando información documental sobre se os gastos ocasionados por esta viaxe foron pagados con fondos do Concello de Cambados. Preme no titulo para ler a nova completa.
Charla informativa sobre o Banco de Terras de Galiza. No transcurso do acto realizarase unha presentación do Bantegal, resolveranse as dúbidas dos asistentes e entregarase material divulgativo
Cambados Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés Presenta: Gonzalo Constenla,
delegado provincial do Medio Rural
Intervén: Xosé Carballido Presas,
director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias
Quintana pede que 'pensemos agora durante un mes en Galiza e nos seus intereses, e logo será o BNG quen os defenda durante catro anos en Madrid' e Olaia Fernández asegura que o obxectivo do BNG nestas elecións é aumentar o peso político de Galiza no Estado “para que sexa protagonista”
7 xaneiro 07. Victor Caamaño abreu o acto, nun Auditorio da Xuventude ateigado, salientando a importancia que ten para Cambados que o BNG teña máis forza despois do 9 de marzo para seguir defendendo os intereses dos galegos e galegas, e ao mesmo tempo lembrou que os deputados e senadores de forzas estatais eleitos en Galiza só atenden ás ordes que lles dan os seus xefes en Madrid. Preme no titulo para ler a nova completa.
31 xaneiro 07. A Delegada Montse Prado acompaña do Delegado de Medio Rural e do Xerente da Galicia Calidade informaron aos adegueiros do procedemento para poder ter o certificado de Galicia Calidade.
O pasado xoves os políticos nacionalistas mantiveron unha reunión con máis de trinta adegueiros de Rías Baixas, a maioría da comarca do Salnés, aos que informaron de todo o referido ao certificado Galicia Calidade.
Montse Prado, enmarcou a iniciativa na liña de traballo da Consellería de Innovación e Industria, á que pertence Galicia Calidade, para valorizar os nosos produtos e en concreto o viño Rías Baixas; e salientou que hoxe a certificación Galicia Calidade é unha garantía no mercado, e por tanto trae consigo unha confianza para os consumidores e consumidoras e un valor engadido para o sector produtivo.
30 xaneiro 08. Hoxe enterámonos a través dun xonal que a Concelleira de Cultura de Cambados mantivo unha xuntanza co Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra para valorar conxuntamente os proxectos que o concello tén previsto para celebrar o Ano Cabanillas no 2009. A nosa sorpresa é comprobar como se está a incumprir o acordo tomado no Pleno do mes de novembro, no que de forma extraordinaria se nos convocou a todos os grupos políticos para que fixeran propostas sobre a organización destes actos. En dito pleno, a proposta do portavoz do BNG Víctor Caamaño, tomouse o acordo de crear unha Comisión plural e aberta que sería a encargada do deseño e organización dos actos do Ano Cabanillas para o 2009. Preme no titulo para ler a nova completa.
16 xaneiro 08. Xa temos as contas da festa do Albariño 2007 que solicitamos no Pleno do 30 de agosto do pasado ano, e xa se sabe, nunca é tarde se hai transparencia. Está claro que o goberno municipal de Cambados segue na mesma liña de traballo dos últimos anos e os números resultan moi indicativos de por onde van as cousas. Nos últimos tres anos os gastos pola organización da festa vanse incrementado en 100.000 euros anuais, mentres que os ingresos aumentan unha media de 6.000 euros por ano. Semella que de seguir nesta proporción batiranse novas marcas ano tras ano e esta festa pronto resultará economicamente inasumible, pero pola contra acadarase un novo récord, o de endebedamento. Preme no titulo para ler a nova completa.
11 xaneiro 08. En relación coas declaracións feitas por José Manuel Liste, presidente da Asociación Profesional de Comercio Ambulante (ACAPAG), nas que denunciaba que máis da metade dos postos de venta ambulante que se instalan no mercadillo de Cambados eran ilegais por carecer da licencia correspondente obrigatoria, o BNG apoia a regulación deste sector en Cambados, pois debe existir a máxima transparencia neste ou en calquera outro tipo de tipo de actividade comercial. Preme no titulo para ler a nova completa.
9 xaneiro 08. Despois de coñecer as demandas dos veciños de Oubiña polos constantes vertidos no Río Pequeno e ler na prensa a resposta dada polo actual tenente alcalde Luis Aragunde queremos expoñer unha serie de consideracións a este tema: -O concello alega que os vertidos neste río son habituais por parte das empresas do Polígono Industrial de Sete Pías. Preguntémonos que fai o Goberno Municipal para porlle remedio. Preme no titulo para ler a nova completa.
8 xaneiro 08. Neste días nos medios de comunicación a Asociación de Comerciantes Zona Centro de Cambados propoñía, entre outras ideas, o cambio de ubicación do mercado de Cambados, desde o Paseo Marítimo ás zonas semipeonís do centro, coa finalidade de aumentar o número de prazas de aparcamento, Desde o BNG cremos que a problemática de aparcamento é algo endémico en Cambados, e non é só problema dos días de mercado, aínda que neses días agrávase moito máis. O goberno Municipal do Partido Popular non lle deu a importancia que en realidade tén esta problemática para os veciños e veciñas e ,en especial para o comercio local, de xeito que nos últimos anos a situación adquiriu moita gravedade. Preme no titulo para ler a nova completa.
As empresas interesadas poderán presentar as súas propostas a partir de mañá e ata o vindeiro día 14 de xaneiro no rexistro da sede da Consellería en Santiago de Compostela, tal e como se recolle no anuncio publicado hoxe no DOG
17 decembro 07. A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, licita por 596.290 euros a contratación das obras de rehabilitación do barrio de San Francisco no Concello de Cambados. Tal e como se recolle no anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas a partir de mañá día 18 de decembro e ata o vindeiro día 14 de xaneiro de 2008 no rexistro dos servizos centrais da Consellería en Santiago de Compostela. Preme no titulo para ler a nova completa.
16 decembro 07. A Vicepresidencia da Xunta de Galicia mostra a súa máis enérxica repulsa polo caso de violencia de xénero ocorrido en Cambados, no que resultou morta unha muller polo disparo da súa ex parella. A violencia contra as mulleres constitúe unha lacra moi complexa que deriva nunha das máis graves e intolerables violacións dos dereitos humanos; por iso, dende a Vicepresidencia remárcase o compromiso na loita contra esta violencia e a busca de medios e alternativas que permitan ás mulleres galegas o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático.
Dende a a Secretaría Xeral da Igualdade pretende trasladarse a mensaxe clara e rotunda do mantemento dunha belixerancia activa contra a violencia de xénero para o que se están a desenvolver día a día medidas dirixidas a apoiar ás mulleres que en Galiza se atopan nesta situación.
A Vicepresidencia da Xunta sigue puntualmente o suceso e xa se puxo a disposición da subdelegación do Goberno na provincia de Pontevedra para ofrecerlle o apoio psicolóxico e de tipo social que poidan precisar os fillos e familiares da vítima. Preme no titulo para ler a nova completa.
A mostra amosa a vida do crego e sindicalista agrario coñecido popularmente coma "o cura das Encrobas".
A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza colabora coa Irmandade Moncho Valcarce na organización desta iniciativa.
15 decembro 07. O Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés, en Cambados, acolle dende maña a exposición "Moncho Valcarce: unha vida de compromiso". A mostra poderáse visitar ata o 31 de decembro.
A vida do crego e sindicalista agrario, Moncho Valcarce, explícase a través dos 25 paneis que conforman a exposición. O obxectivo é achegarlle á sociedade a figura de quen foi coñecido popularmente coma "o cura das Encrobas", debido á súa implicación na loita labrega protagonizada polos veciños desta parroquia de Cerceda contra unha empresa eléctrica, no ano 1977.
A mostra achéganos tamén ata as mobilizacións labregas de finais do franquismo e de comezos da transición española, que marcaron o precedente para movementos actuais coma o da defensa do medio ambiente, o sindicalismo agrario ou mesmo a creación dos organismos básicos do nacionalismo galego que hoxe coñecemos como foron a AN-PG, o BN-PG ou os Comités de Axuda á Loita Labrega. Preme no titulo para ler a nova completa.
11 decembro 07. O BNG de Cambados presenta no Concello unha moción para que realice unha campaña de promoción e divulgación do Punto Limpo. Preme no arquivo engadido para ler a moción.
Bieito Lobeira lembra que de non ser posíbel a compatibilización, o marisqueo sempre deberá prevalecer sobre calquera proposta industrial
3 decembro 07. O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, vén de preguntar polas medidas que se van adoptar en defensa da produción marisqueira ante a previsión de instalación dunha planta de engorde de rodaballo en Tragove (Cambados). Preme no titulo para ler a nova completa.
O pasado venres 30 de novembro, o BNG do Salnés celebrou o seu XXV Aniversario cunha multitudinaria cea comarcal, nela a militancia e todas aquelas persoas que ao longo do ano construímos nacionalismo na comarca do Salnés reafirmamos o noso compromiso con Galiza.
1 decembro 07. Militantes do Salnés que participaron no 1982 na fundación do BNG e outros moitos que se foron incorporando ao longo destes vintecinco anos, compartimos unha cea de confraternidade; unha cea na que houbo tempo para lembrar como éramos hai vintecinco anos e para valorar o longo percorrido feito polo nacionalismo na nosa comarca. Compañeiros e compañeiras que ao longo destes anos veñen aportando o mellor de si mesmos a erguer esta realidade que é o BNG, na súa vida diaria, no seu labor profesional, no movimento asociativo, no sindicalismo, como concelleiros e concelleiras, pegando cartaces, convencendo a outros, participando en manifestacións, reuníndose con colectivos, etc..., festexaron que o nacionalismo hoxe é determinate en Galiza. Preme no titulo para saber máis da festa. EN BREVE PUBLICAREMOS NA WEB UNHA AMPLA REPORTAXE GRÁFICA DESTE ACTO.
A deputada do BNG lembra os 300.000 euros logrados polos nacionalistas galegos para o acondicionamento da franxa litoral de Tragobe
Madrid, 7 Novembro 07. A deputada do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, explicou nunha conferencia pronunciada en Cambados que "os incrementos que as partidas destinadas a Galiza nos Orzamentos Xerais do Estado veñen experimentando nos últimos tres anos, e en concreto para o 2008, débenlle moito ao empeño, o esforzo, a insistencia e o traballo do BNG no Parlamento do Estado".
As negociacións do portavoz do BNG no Congreso dos Deputados Francisco Rodríguez co goberno español destinan 300.000 euros para o acondicionamento de parte da franxa litoral da nosa comarca
29 outubro 07. No marco das negociacións de partidas destinadas a Galiza para incluir nos orzamentos do estado para o 2008 o BNG consigueu que o goberno español concretara nas partidas adicionais adicadas á nosa nación unha de 300.000 euros destinada a acondicionar a franxa litoral desde Tragove en Cambados até a ponte da Illa de Arousa.
Coa inclusión desta partida, que foi plantexada ao grupo parlamentar do BNG en Madrid polo BNG do Salnés, pretendemos que se siga a liña iniciada pola nosa organización hai xa anos de buscar que o goberno central destine importantes partidas económicas á mellora, acondicionamento e rexeneración de todo o contorno costeiro da ría de Arousa. Preme no titulo para ler a nova completa.
Anxo Quintana estivo acompañado polo Conselleiro do Medio Rural Alfredo Suaárez Canal, a Delegada de Innnovación e Industria, os Delegados e Vicepresidencia e Medio Rural, o portavoz municipal do BNG de Cambados e diversos cargos públicos do BNG do Salnés.
27 outubro 07. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, explicou hoxe que 3.500 viticultores galegos poderán beneficiarse da liña de cobro anticipado de uva para as castes amparadas por contratos homologados. Durante a súa intervención na celebración do Día do Socio da Cooperativa Martín Códax, da que foi nomeado Amigo de Honra nun acto ao que tamén asistiu o conselleiro do Medio Rural, Quintana lembrou que por primeira vez os socios das cooperativas vitivinícolas, e non só os viticultores individuais, poderán acollerse ao pagamento adiantado da uva de castes, o que supón uns 2.400 novos perceptores. Para esta medida, que se instrumenta mediante convenio da Consellería do Medio Rural co IGAPE, hai establecido un crédito inicial de 15 millóns de euros nos orzamentos do vindeiro exercicio. Preme no titulo para ler a nova completa.
No ano 2009 cúmprense o cincuenta aniversario da morte do insigne poeta cambadés Ramón Cabanillas.
11 outubro 2007. Desde aquela numerosas foron as ocasións en que, por un ou outro motivo, foi recordada e homenaxeada a figura deste noso sobranceiro veciño. Así, no ano 1976, centenario do seu nacemento, fixéronse distintos actos en Cambados, e a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas. No ano 1984 o Concello conmemorou, tamén con diversos actos, o vintecinco aniversario da súa morte. Máis tarde o Concello creou a Casa Museo Cabanillas, No 1998 a Asociación Cultural Santa Compaña conmemorou a publicación do seu mítico libro “Vento Mareiro” e no 1999 a Fundación Comarcal do Salnés realizou unhas Xornadas sobre Ramón Cabanillas con motivo do corenta aniversario. No ano 2000 a Asociación Candea publicou e realizou o roteiro de Cabanillas por Cambados e, recentemente, o Concello fixo unha exposición sobre Cabanillas e Cambados e publicou un “facsimil” do Umia e do Cometa sobre a figura do Cabanillas periodista. Moitas son as actividades que se poderían citar, ata a recente homenaxe organizada pola Asociación Cultural Unha Grande Chea. Preme no titulo para ler a nova completa.
14 setembro 07. A nacionalista Montse Prado foi quen abreu oo venres a VI Edición da Festa da Vieira, que se celebrará entre o 14 e o 16 de setembro no Pazo de Torrado.
A Delegada Montse Prado felicitou aos organizadores da Festa a Asociación de Hosteleiros de Cambados e a Confraría de Pescadores, animándoos a seguir colaborando no desenvolvimento da gastronomía, do turismo e de Cambados no seu conxunto; colaboración que traerá beneficios tanto para o sector produtor da vieira como para o sector da hostelaría.
A Consellaría de Industria subvencionou a carpa de degustación instalada nos xardíns do Pazo de Torrado a través dunha colaboración coa Asociación de Hosteleiros local, colaboración que a Delegada amosou o seu desexo de que a colaboración entre os hosteleiros e a Consellaría se amplíe no futuro con novas iniciativas.
O BNG do Salnés denuncia que unha vez máis o Presidente Provincial do PP fai promesas baleiras co obxectos de agachar os graves problemas polos que pasa o seu partido como consecuencia das irregularidades descubertas nas últimas semanas.
02 agosto 07. Hoxe sorpréndenos Rafael Louzán cunhas declaracións ao Diario de Arousa anunciándonos unha suposta “conversa importante co rector da Universidade de Vigo” na que según el falaron da futura doración dun “ciclo medio de enoloxía” para a provincia.
Diante destas declaracións, e co obxecto de que a opinión pública estea verdadeiramente informada, o Consello Comarcal do BNG quere manifestar que desta vez o señor Louzán esbarou ben esbarado, porque:... Preme no titulo para ler a nova completa.
As conselleiras de Vivenda, Cultura e Industria asinarán en breve cos propietarios do pazo un convenio de cesión de uso que permitirá a valorización da praza e a súa recuperación para o disfrute do público A conselleira de Vivenda aplaude e refrenda o compromiso do candidato do BNG Víctor Caamaño de peonalizar a praza tras acceder á Alcaldía, “unha aspiración de moitos cambadeses dende hai dúas décadas”
21 maio 07. “Un acordo e un proxecto histórico. Polo emblemático do lugar e polas características do mesmo”. Deste xeito definiu esta tarde a conselleira de Vivenda Teresa Táboas o convenio, xa practicamente rematado, que permitirá a recuperación para a cidadanía da praza de Fefiñáns. Preme no titulo para ler a nova completa.
Unha vez dentro do Consorcio, o BNG solicitará á Vicepresidencia da Xunta a creación dun Centro de Día e a inclusión de Cambados na rede de Galescolas
24 abril 07. Víctor Caamaño teno claro: “O futuro dos servizos sociais no noso concello pasa porque o goberno municipal de Cambados solicite o ingreso no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar”. Non é a primeira vez que o candidato nacionalista expresa esta idea, pero agora tórnase en compromiso, refrendado no programa de goberno que o BNG porá en marcha en Cambados a partir do 27 de maio. Preme no titulo para ler a nova completa.
O candidato do BNG de Cambados mantivo esta mañá unha entrevista en Santiago coa secretaria xeral de Igualdade
16 abril 07. O candidato do BNG á Alcaldía de Cambados, Víctor Caamaño mantivo esta mañá na sede de Vicepresidencia, en Santiago de Compostela, unha xuntanza coa secretaria xeral de Igualdade e Benestar, Carme Adán. Preme no titulo para ler a nova completa.
10 abril 07. Con este número iniciamos unha nova andadura do Boletín Municipal do BNG co propósito se seguir achegándonos a todos os veciños e veciñas de Cambados para informarvos do noso traballo e para animarvos a que vos sumedes ao noso proxecto por acadar un Cambados máis democratico e mellor xestionado, un Cambados que deixe atrás as vellas formas de facer política e que aposte polo futuro. Preme no arquivo engadido para ler o boletín de abril.
O candidato do BNG reiterou en rolda de prensa que a súa prioridade no caso de acadar a Alcaldía será dotar a Cambados dun PXOM en condicións que evite situacións como a que agora aconteceu
26 marzo 07. O candidato do BNG á Alcaldía de Cambados, Víctor Caamaño solicítalle a Xosé Manuel Cores Tourís que aproveite a ocasión que de novo lle está a brindar a Consellería de Vivenda e Solo para dotar de vivendas protexidas a Cambados.
22 marzo 07. Vaia, isto parece que é o mundo ao revés. Os que sempre presumiron de ser xente de orde, e refugaban das manifestacións, agora amárranse todos os fins de semana a unha pancarta.Os que se fartaron de manipular votos de emigrantes, facendo votar incluso aos mortos, agora poñen o berro no ceo por unha viaxe do presidente da Xunta a América. E os que levan vinte anos enchufando persoal, colocando amigos, xente que foi nas candidaturas, interventores e demais familia, agora tentan tapar as súas vergoñas con mentiras e insidias. Porque mentira é que o BNG empregase a alguén en Exposalnés. A xente que alí traballa pertence a unha empresa privada de servizos, e nin a Consellería de Medio Rural nin o BNG teñen nada que ver na selección e contratación do seu persoal. Dende logo, é ben certo que “cre o ladrón que todos son da súa condición” Preme no titulo para ler a nova completa.
A actuación suporía a colocación de novos tellados nas edificacións e o revestimento dos edificios cunha fachada trasventilada, entre outras actuacións
21 marzo 07. A conselleira de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, presentou aos veciños do Barrio de San Francisco a proposta de rehabilitación deseñada por este Departamento Autonómico para a rehabilitación dos elementos comúns dos 5 edificios que integran este conxunto de vivendas protexidas construídas nos anos 60. Preme no titulo para ler a nova completa.
17 marzo 07. O anuncio de que o goberno municipal de Cambados vai sacar a concurso para cubrir definitivamente unha trintena de prazas é unha proba máis do concepto que o PP ten da política como “arte para colocar aos meus amigos”. O ano pasado o PP aprobaba unha nova Relación de Postos de Traballo que se incorporaba ao Orzamento, e que supoñía a creación de 28 novas prazas de persoal funcionario e laboral, o que, segundo o Alcalde, reduciría a contratación temporal e consolidaría os postos de traballo que se consideran necesarios na nova estructura do Concello. A realidade é que a todas aquelas persoas (familiares, xente que foi nas listas, interventores, colocadores de pancartas, etc.) que no seu día foron contratadas laboralmente con carácter temporal dun modo irregular, agora se lle crean unhas prazas fixas, ás que accederán tamén, supoñemos, mediante procesos selectivos similares aos celebrados ata agora no Concello de Cambados, sen igualdade de oportunidades para todos os aspirantes, sen participación dos grupos políticos da oposición, e nos que se primarán os servizos prestados no mesmo Concello de Cambados, o que lles permitirá xogar con total vantaxe sobre outros posibles aspirantes. Non dubidamos da capacidade laboral dalgúns destes empregados nomeados “dixitalmente” (doutros si que dubidamos)... Preme no titulo para ler a nova completa.
O candidato nacionalista de Cambados reuniuse hai uns días coa delegada da Consellería, Monsterrat Prado, para trasladarlle o malestar deste colectivo veciñal e urxirlle a procura de solucións a estas deficiencias na rede eléctrica
13 marzo 2007. O candidato á Alcaldía de Cambados polo BNG, Víctor Caamaño Rivas, manterá mañá unha reunión cun grupo de veciños da parroquia de Corvillón, afectados polos problemas de baixa tensión existentes na zona. O encontro terá lugar ás 20:30 horas, no centro cultural “Xacobe Castro” da citada parroquia cambadesa. Preme no titulo para ler a nova completa.
Os nacionalistas consideran que se evitou o amaño que tiñan organizado Manuel Soliño e os alcaldes do PP para que o xerente recibira unha indemnización de cerca de 30.000 euros
10 marzo 07. O Consello Comarcal do Bloque Nacionalista Galego ven de criticar sen paliativos as maniobras levadas a cabo nas últimas semanas polo, até o xoves, xerente da Fundación Comarcal do Salnés, Manuel Soliño. O obxecto destas maniobras non era outro que o de cobrar unha indemnización por un despido que non lle correspondía. Preme no titulo para ler a nova completa.
O candidato do BNG en Cambados reuniuse coa directiva da asociación que agrupa aos empresarios dos polígonos de Sete Pías, Cabanelas, Tremoedo e Meaño.
9 marzo 07. O desenvolvemento empresarial será, como xa anuncio na súa presentación como candidato, unha das prioridades de goberno de Víctor Caamaño. Para coñecer de primeira man as opinións dos representantes do sector empresarial e escoitar as súas demandas, o cabeza de lista do BNG de Cambados mantivo esta mañá unha reunión coa directiva da asociación que reúne aos empresarios dos polígonos de Sete Pías, Cabanelas, Tremoedo e Meaño. Preme no titulo para ler a nova completa.
O candidato do BNG en Cambados manterá unha reunión con este obxectivo co director xeral de Promoción Cultural, Luis Bará, o vindeiro 14 de marzo
2 marzo 07. A creación dunha Fundación adicada ao poeta cambadés Ramón Cabanillas é unha vella aspiración local moitas veces demandada por colectivos sociais e culturais. A última, e ben recente, foi na homenaxe popular a Cabanillas que tivo lugar nun abarrotado auditorio da Xuventude no pasado mes de decembro. Alí foron moitas as voces que reclamaron unha entidade fundacional para lembrar a memoria e promover o coñecemento desta insigne figura das letras galegas, nado en Cambados.
14 Febreiro 07. No BOP do día 17 de xaneiro pasado saiu publicado o anuncio de “Deslinde de terreos de dominio público marítimo terrestre de todo o término municipal de Cambados”, dándose un prazo de un mes para presentar alegacións. Examinado o expediente, dende o noso punto de vista, aprécianse dúas anomalías contra as as que o Concello de Cambados debería alegar. Son estas que entre os puntos 187 a 200 e 229 a 249 dos planos de deslinde, aparecen uns terreos que son considerados coma de dominio público marítimo terrestre e, polo tanto, baixo a xurisdición do Estado a través da Dirección Xeral de Costas. Preme no titulo para ler a nova completa.
Quintana afirma que o nacionalismo representa nos concellos “a modernidade fronte ao pasado” Cambados, 8 Febreiro 07. “En Cambados temos dúas opcións: a modernidade que representa o nacionalismo galego ou continuar aferrados a un pasado que felizmente xa temos deixado atrás no goberno galego”, afirmou Anxo Quintana na presentación do candidato do BNG á alcaldía, que tivo lugar no auditorio municipal. “Neste concello, o BNG aposta polo futuro, que se chama Víctor Caamaño”, afirmou o portavoz nacional. Preme no titulo para ler a nova completa.
A deputada Carme da Silva afirma que esta decisión só demostra ou falla de interés para investigar ou “desconfianza” do deputado co seu grupo á hora da súa defensa. Santiago de Compostela, 9 Febreiro 07.- O grupo parlamentar do BNG, a través da súa deputada Carme da Silva, vén de solicitar a “recusación política” de Xosé Cuiña como membro designado polo PP para constituir a Comisión de Investigación do Salnés. Preme no titulo para ler a nova completa.
Unha ampla entrevista con Víctor Caamaño e unha reportaxe sobre o fácil que é legalizar á Gardería e sobre o 4º Xulgado, son algúns dos contidos do novo número do voceiro impreso. Preme no arquivo engadido para ler o Voceiro completo.
Dende hai tempo veciños da parroquia de Corvillón, en concreto dos lugares de A Seca, O Ribeiro e Tragove, veñen mostrando as súas queixas polas continuas baixadas de tensión eléctrica, que están a sufrir nos seus domicilios e nos seus negocios. Nesta céntrica zona de Corvillón, ademais de numerosas vivendas, hai comercios, talleres, establecementos hostaleiros e oficinas. Mesmo o Colexio de Educación Infantil e Primaria está a padecer estas deficiencias, que motivaron que o equipo directivo se teña dirixido ao Concello xa en numerosas ocasións. Varios destes veciños puxéronse en contacto recentemente co BNG. O seu candidato á Alcaldía, Víctor Caamaño, recollendo estas necesidades, entrevistouse o día 30 de Xaneiro coa Delegada Provincial da Consellería de Innovación e Industria, Montserrat Prado, a quen lle expuxo toda a problemática. A Delegada Provincial comprometeuse a iniciar determinadas actuacións, como a de colocar de xeito inmediato medidores de tensión nunha das zonas, e impulsar medidas correctoras ante Fenosa para solucionar, en breve prazo, os problemas de falla de tensión, que está a ocasionar graves problemas nas instalacións eléctricas das vivendas e doutras actividades.
A finais do ano 2006, un ou unha veciñ@ de Cambados e de Ogrobe dispuxéronse a levar a cabo a realización dun blog con retranca baixo o lema "Cousas de ..., Crónicas dun pobo". Dita actividade pretendeu ser interrompida o fin de semana pasado por dirixentes do PP, coa pretensión de proceder á identificación das mozas ou mozos que os levan a cabo. Novamente o Partido Popular atenta contra a liberdade de expresión, como adoita facer a través de medios de comunicación afíns silenciando todo aquilo que non lle é favorábel, utilizando os medios públicos como plataforma propagandística e, como neste caso, intentando lanzar as forzas xudiciais contra cidadáns que exercen un dereito consagrado por Lei na Constitución que tanto defenden. Preme no titulo para ler a nova completa.
O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, segundo informacións aparecidas nos medios de comunicación, ven de anunciar a súa “total disposición” para a creación dun Centro de Día en O Grove. Estas manifestación producíanse despois de que o alcalde de O Grove tivese unha entrevista con el, nun “ambiente cordial e construtivo” Hai un mes aproximadamente o Pleno da Corporación Municipal de Vilanova de Arousa acordaba, por unanimidade, ingresar no Consorcio Galego de Servizos Sociais. Ao día seguinte Vicepresidencia tamén anunciaba a creación dun Centro de Día neste concello. Vistas estas dúas actuacións similares, nas que a Vicepresidencia da Xunta, con toda a normalidade democrática, chega a acordos con dous concellos veciños gobernados polo PP, que van supoñer unha importante mellora das condicións de vida para os seus veciños maiores, ¿alguén en Cambados pode xa seguir facendo caso ás paranoias do Sr. Cores Tourís de que Anxo Quintana se dedica a perseguir aos concellos do PP? Preme no titulo para ler a nova completa.
Á chea de preguntas e observacións que o Alcalde de Cambados fixo á nota enviada polo Consello Local do BNG de Cambados, só hai unha resposta, e moi clara. A solución á problemática da gardería é moi sinxela e está nas mans de Cores Tourís. Só ten que coller un folio, redactar unha solicitude de legalización dun quinto módulo para a gardería, e presentala no rexistro de entrada da Secretaría Xeral de Relacións Institucionais, acompañada da documentación necesaria. Se así o fai, estamos seguros que en vintecatro ou coarenta e oito horas, como o ten manifestado repetidas veces o propio Secretario Xeral, habería unha contestación de Vicepresidencia aprobando a legalización total da gardería, e en consecuencia o desbloqueo de calquera tipo de subvención, axuda ou mellora que lle poida corresponder. Preme no titulo para ler a nova completa.
Ao longo do último ano reiteradamente o BNG do Salnés ten solicitado que se acometeran obras de arranxo da antiga estrada comarcal C-550 (na actualidade fragmentada en múltiples nomenclaturas); solicitude feita por medio da presentación de iniciativas nos concellos da comarca, mancomunidade e parlamento galego. Ese traballo está dando resultado, xa que por parte do goberno galego anunciáronse hai uns días obras de mellora en varios tramos desta vía de comunicación, que segue a ser hoxe en día un dos eixos vertebradores da comarca do Salnés e que soporta un alto volume de tráfico. Preme no titulo para ler a nova completa.
A presentación polo Concello de Cambados de tres recursos ante o TSXG, e o anuncio de outros dous, é un paso máis na escalada de despropósitos na que está metido o alcalde de Cambados no tema da gardería, pola súa cerrazón, e que tantos prexuízos lle pode causar ao noso concello. É cómico o argumento do alcalde de Cambados que di que o quinto módulo da gardería é legal, porque eles presentaron un proxecto para cinco módulos, e que se a Xunta no seu día (ou sexa, cando gobernaba o PP) só autorizou catro, porque entre outras cousas había persoal que non tiña a titulación suficiente, é un “erro” da Xunta. Facendo un paralelismo coa vida municipal, de acordo con esta brillante teoría do Sr. Cores Tourís, se un veciño de Cambados presenta un proxecto para facer un edificio de cinco pisos e o Concello só lle dá licenza para un de catro, porque a normativa urbanística non lle permite o solicitado, ¿podería tamén este dicir que é un “erro” do Concello? De tódolos xeitos, se cre que houbo tal “erro”, ¿por que non presentou recurso ante a Consellería de Familia no ano 2003? Se cadra pasou como coas infraccións urbanísticas: o Alcalde dille por detrás ao veciño que tire para diante e que el fará a vista gorda. O Concello de Cambados tamén tirou para diante, sen facer caso da resolución, e co coñecemento e consentimento da Administración anterior. E daqueles pousos veñen estes lodos. Preme no titulo para ler a nova completa.
Nestes últimos días chegaron a este grupo informacións, por distintas canles, referentes a que se están a producir altas masivas de novos habitantes no padrón municipal de Cambados, sen, aparentemente, xustificación algunha; xa que nin houbo tantos nacementos, nin por outra banda se dá en Cambados unha cincunstancia especial que provoque de repente un éxodo masivo de veciños doutros concellos cara ao noso.
Si, en cambio, non sabemos por que estrañas razóns, podemos constatar que este fenómeno adoita darse en época preelectoral e cando o grupo gobernante ve en perigo a súa maioría absoluta. Preme no arquivo engadido para ler a nova completa.
Os nacionalistas queren chegar até o final na averiguación das causas do afundimento da estrada O grupo parlamentar do BNG e dos socialistas veñen de rexistrar de xeito conxunto a petición de creación dunha comisión de investigación sobre o deterioro da vía de alta capacidade do Salnés, para averiguar que sucedeu nesta estrada. Preme no titulo para ler a nova completa.
17 Decembro 06. Onte presentouse en Cambados o candidato á alcaldía nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo Responsábel Local Xoán Antonio Pillado e polo Responsábel Comarcal Duarte Correa. A Asemblea Local de Cambados acordou o venres día 15 elexir a Victor Caamaño Rivas como candidato á alcaldía que na rolda de prensa de onte sábado manifestou o seu orgullo por encabezar a candidatura do BNG, única alternativa dun cambio real para Cambados. Preme no titulo para saber mais do Candidato.
Nestes días pódese observar que no interior da horta, lindando coa do Pazo de Bazán, estase a proceder á construción dunha edificación que non figuraba para nada no proxecto orixinal, e que ignoramos se agora se contempla nunha nova redacción. Ignoramos tamén se se fixo un novo proxecto que contemple as modificacións que propoñía a Comisión Técnica, se se someteu novamente ao seu informe, ou por que proxecto se vai guiar a empresa encargada de facer as obras. Por iso formulámoslle as seguintes preguntas: Preme no arquivo engadido para ler as preguntas.
A deputada do BNG pide a Política Territorial que investigue con celeridade as causas que produciron os derrubamentos da vía e acusa ao PP de utilizar a Cuíña como “pantalla” para ocultar “as graves responsabilidades partidarias”
A deputada do grupo parlamentar do BNG Carme Dasilva suxire a Xosé Cuíña que se “manteña en silencio” porque “se nos pomos a investigar sobre el, seguramente teríamos que investigar moito máis que a súa xestión e responsabilidade a respecto da Vía Rápida do Salnés”. Preme no titulo para ler a nova completa.
A Comisión Técnica do Patrimonio Histórico Municipal de Cambados, en sesión celebrada o 19 de setembro pasado emitiu informe sobre o proxecto denominado “Urbanización Praza e Parque de Torrado”. Este informe emítese en sentido favorable no que respecta só a instalación do Parque Infantil e da pavimentación da Praza; poñéndolle despois unha serie de obxeccións aos demais aspectos do proxecto, como, entre outras, a de que debe adaptarse ao lindeiro actual, que o viario previsto debe ser peatonal sen rotonda e axustado ás curvas de nivel, ou que se debe detallar a apertura de ocos nos muros. Todas estas obxeccións veñen dadas para que o proxecto se adapte, como debe ser, ao Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico Artístico de Cambados; feito que, inexplicablemente, non se dá no proxecto orixinal. Preme no titulo para ler a nova completa.
Bieito Lobeira cualifica de moi grave que existan expedientes sancionadores abertos á mancomunidade do Salnés, ao concello e a empresas reincidentes O director de Augas de Galicia, José Luis Romero, afirmou hoxe en resposta ao BNG que dende a Consellaría de Medio Ambiente se están a acometer distintas actuacións de mellora da estación depuradora de Cambados, que pasan por unhas instalacións novas e a adecuación das antigas, obras estas últimas que aínda están por rematar, así como o axuste tamén de dous bombeos de Vilanova. Preme no titulo para ler a nova completa.
Diante das declaracións feitas hai uns días polo alcalde de Cambados, Sr. Cores Tourís, nunha escalda máis na política de enfrontamento directo que está empeñado en levar contra o goberno da Xunta de Galicia, o Consello Local do BNG quere contestarlle a dúas preguntas e facerlle unhas cantas máis. Di Cores Tourís que non sabe porque non lle renovaron o convenio para poder contar cunha brigada contraincendios este ano. Pois pódello preguntar aos seus compañeiros de partido que tiveron responsabilidades de goberno na anterior Xunta, e que foron os que fixeron o informe desfavorable para que non se lle renovase o contrato a Cambados. El ben que xa o sabía, e iso explica o seu silencio neste tema durante toda a polémica. Agora chámase de novas e di non saber nada. De tódolos xeitos, en Cambados a xente sabe ou intúe as razóns: cando había un incendio na comarca, a brigada de Cambados non estaba dispoñible, porque os seus membros, seleccionados en pago de favores, estaban a maior parte das veces ocupados noutros menesteres. Preme no titulo para ler a nova completa.
Ao noso Concello quédalle aínda un longo camiño por andar en materia de accesibilidade, entendendo por tal aquela cualidade dun medio coas condicións que fan factible o seu desenvolvemento de modo autónomo por calquera persoa, con independencia de que teñan limitadas determinadas capacidades. Neste colectivo de persoas con mobilidade reducida inclúense persoas con discapacidade, con problemas temporais de mobilidade, anciáns, mulleres embarazadas, portadores de bebes e portadores de carros diversos. O Concello de Cambados ten recibido ata subvencións da Xunta e outras entidades para realizar obras de accesibilidade, que non sábenos si foi máis aló da construción dalgunha rampa. Preme no arquivo engadido para ler a moción completa.
O albariño é un sector estratéxico para Cambados e a comarca do Salnés. O traballo e interese histórico de mulleres e homes, viticultores e adegueiros para o recoñecemento a este viño vense demostrando en Cambados dende hai 54 anos coa celebración da Festa do Viño Albariño, algo que comezou a partir do interese por unha cata. Hoxe a Cata do Albariño-Rías Baixas, que se celebra durante a primeira semana do mes de agosto e da que se dá a coñecer o seu resultado no primeiro domingo do mesmo mes en Cambados, é o principal concurso vitícola de Galicia e un dos de referencia e máis prestixio no Estado Español. Esta cata concurso naceu para elixir o mellor albariño do ano, e debe seguir así, mellorarse e adaptarse aos tempos para destacar a súa calidade, rigor e importancia.
Dentro desta reflexión, e para a transmisión duna maior cultura do Albariño–Rías Baixas, dende o Consello Regulador estase a analizar e ultimando os aspectos técnicos para celebrar unha nova cata do Albariño-Rías Baixas de diferentes colleitas (de dous ou tres anos). Esa cata pensase celebrar en data diferente á cata do albariño de ano, para manter a personalidade diferencial desa primeira cata e das súas características, e abrir a cultura e o mercado do viño a outras realidades do albariño. A data que se está a barallar para esa cata doutras colleitas ou reserva de colleitas é a segunda quincena de outubro ou primeiros de novembro, despois da rematar a vendima e xa coa colleita do viño novo fermentando nas cubas das adegas. Esa cata debería ou podería estar dentro dunha festa ou certame do Albariño – Festa da Colleita- . Preme no titulo para ler a moción completa.
Pouco a pouco as mentiras vanse descubrindo. A táctica de Cores Tourís, Alcalde de Cambados, de ir de vítima pola vida, acusando ao actual goberno da Xunta de Galicia, e de forma especial ás Consellerías nas que ten responsabilidades o BNG, de discriminar e perseguir ao Concello de Cambados, cae polo seu peso. As súas queixas de falta de apoio ao medio rural, á Festa do Albariño, aos servizos sociais ou á planificación urbanística non teñen ningún sentido, e non son máis ca rabechas e pataletas de neno mal criado acostumado a que lle digan a todo que si. O novo goberno da Xunta de Galicia está a traballar de xeito eficaz e serio, e as súas relacións cos concellos non están presididas polo amiguismo; senón por criterios obxectivos de xustiza distributiva e equidade, dándolle a cada un o que lle corresponda e mereza. Neste senso, o grupo municipal e o consello local do BNG de Cambados, queren destacar dúas recentes resolucións da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, que significan o outorgamento de senllas subvencións a dous importantes acontecementos para a vida de Cambados. Por unha banda, a concesión dunha axuda á Festa do Albariño, por importe de 21.000 €, supón un incremento do 75% sobre a cantidade dada o ano pasado pola Dirección Xeral de Turismo (12.000 €), que no novo organigrama da Xunta depende da Consellería de Innovación, Industria e Comercio. Preme no titulo para ler a nova completa.
Na parroquia de Castrelo, no lugar de Sartaxes, estanse a facer unhas obras de saneamento, consistentes na instalación dunha rede de alcantarillado, que enlaza coa existente no lugar de O Facho, e que está situada nunha cota superior. Para salvar este inconveniente é necesario pois a construción dunha estación de bombeo que impulse as augas residuais dun lugar a outro. Esta estación de bombeo estase a construir dentro do terreo dunha propiedade privada, lindante co camiño de Sartaxes- O Facho, sen que, segundo manifestacións dos seus propietarios, lle concedesen autorización ao Concello para a ocupación do terreo e a realización das obras, consistentes na excavación dunha considerable parte da finca, con destrución dunha parra e instalación dunha estructura prefabricada para colocación das bombas de impulsión. Preme no titulo para ler a nova completa.
Na noite do venres día 21 o local de Cambados do BNG encheuse de militantes e simpatizantes que por sétimo ano consecutivo celebraron un convivio preparatorio do Día da Patria Galega. Con este acto a organización local busca xuntar ao redor dunha mesa, saboreando un petiscos e uns viños, a todas aquelas persoas que ao longo do ano botan unha man para que medre este proxecto colectivo que é o nacionalismo en Cambados. Así cóllense enerxías que permitan encarar con forza os retos políticos que virán despois do verán. Este ano as intervencións políticas correron a a cargo do Responsábel Local e concelleiro Xoán Antonio Pillado Silvoso e da Delegada da Consellaría de Innovación e Industria e membro da Executiva Comarcal do BNG Montserrat Prado Cores. Preme no titulo para ler a nova completa.
O deputado Bieito Lobeira presenta unha iniciativa parlamentar na que aposta por un proxecto que abra Cambados ao mar fronte ao “efecto barreira” previsto
O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, vén de solicitar que se adopten medidas para evitar o impacto das obras de ordenación da área portuaria de Cambados sobre os bancos marisqueiros. Preme no titulo para ler a nova completa...
O director xeral de Asistencia Sanitaria resposta ao BNG que este servizo é unha “excepción” en Galiza e “temos que ser equitativos”
O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Pablo Vaamonde, respostou ao BNG que se reordenará o servizo do PAC de Cambados incrementando o número de médicos de familia pero eliminando a columna específica de pediatría que existía até o de agora. Preme no titulo para ler a nova completa,
En repetidas ocasións o goberno municipal de Cambados ten manifestado publicamente, a través dos medios de comunicación, a súa intención de chegar a un acordo co Parador de Cambados (antigo Pazo de Bazán), para a permuta de terreos na zona lindante co Pazo de Torrado. O Pazo de Torrado (a súa horta) gañaría fachada cara á rúa do Príncipe e o Parador, gañaríaa cara á avenida de Madrid. Para facer isto habería que modificar a actual división parcelaria, que é un reflexo do pasado histórico dos dous edificios, en particular, e de Cambados, en xeral. Preme no arquivo adxunto para ler as preguntas realizadas.
Bieito Lobeira Dominguez,deputadodo Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á mellora dos servizos de urxencias pediátricas na comarca do Salnés a través do PAC de Cambados. Preme no arquivo adxunto para ler a nova completa
O BNG de Cambados presentou no seu programa das últimas eleccións municipais do ano 2003, baixo o título de “Un Cambados para vivir”, a idea de reformar a Praza de Abastos, dentro dunha amplia remodelación do espazo actualmente ocupado pola Praza e antiga Lonxa e terreos portuarios dos arredores sitos entre os peiraos de Cambados e San Tomé. Esta idea, que seguimos defendendo, xa que coidamos que as vellas prazas de abastos teñen que adaptarse ás novas esixencias do mercado e dos consumidores, aparece contemplada, entre outras iniciativas, na denominada Proposta de Instalacións Náutico-Deportivas e Ordenación da Área Portuaria de Cambados. Sen embargo, despois de visto e examinado este proxecto, e aínda cando pode haber unha coincidencia no plantexamento da necesidade de que Cambados ten que contar cunhas novas instalacións para a Praza de Abastos e cun porto deportivo, o grupo municipal do BNG presentou con data 20/7/05 unha serie de alegacións, xa que non está en absoluto de acordo con algunhas das actuacións que se contemplan, e que agora quere expoñer á consideración da opinión pública, xa que, segundo recentes informacións aparecidas nos medios de comunicación, Portos de Galicia tenta levar adiante o proxecto tal coma estaba redactado nun principio. Preme no titulo para ler a nova completa.
Xosé Ramón Durán Martínez, portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Cambados, presenta para a súa contestación en pleno as seguintes PREGUNTAS: Preme no titulo para ler as preguntas.
Alegacións do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Cambados, dentro do prazo de exposición pública a que está sometido o proxecto de Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Cambados, aprobado inicialmente cos únicos votos a favor do grupo municipal de goberno.
Ten moita razón o refrán que di que non hai peor xordo que o que non quere oír. A charla que sobre a situación actual da concentración parcelaria en Vilariño se celebrou o pasado xoves, día 6, foi organizada polo BNG local. Sabíao o alcalde, pois a el se dirixiu o BNG para solicitarlle a cesión da Casa da Cultura; e sabíano tódolos asistentes, pois así se anunciou nos carteis de convocatoria e na información que saíu nos medios de comunicación. Foi un acto organizado por un partido político, con todo o dereito democrático; pero non un acto partidista, pechado a militantes ou simpatizantes; senón todo o contrario, un acto público, aberto a quen libremente quixese asistir. Para ler a nova completa preme no titulo.
Cando os poderes públicos non funcionan, ou funcionan mal, non é de estrañar que a sociedade civil se autoorganice e trate de suplir a incompetencia de quen ten a obriga de solucionar os problemas da comunidade. Así pois, non é de estrañar que, por exemplo, cando non está garantida a seguridade cidadá, haxa xente que caia na tentación de organizar patrullas urbanas; ou que, cando se produce unha traxedia coma a do “Prestige”, e non hai unha resposta axeitada por parte das autoridades (in)competentes, xurdan iniciativas de grupos voluntarios, que veñen substituír a acción oficial. Macrolimpadón, convocado para o sábado, día 1 de abril, polo colectivo xuvenil “Polonoso”. Preme no titulo para ler a nova completa.
O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, ante a aprobación inicial do Orzamento Xeral do Concello de Cambados para o exercicio de 2006, en sesión de data 23 de febreiro pasado, e dentro do prazo de exposición pública, presentan unha serie de reclamacións. Para ver as reclamacións preme no arquivo adxunto.
Xoán Antonio Pillado Silvoso, concelleiro-portavoz 2º do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no concello de Cambados, presenta para a súa contestación en Pleno 7 PREGUNTAS. Preme no titulo para ler as preguntas
O deputado do BNG Bieito Lobeira presentou unha iniciativa parlamentar na que advirte da carga de traballo, o persoal insuficiente e as deficientes instalacións dos actuais servizos
O deputado Bieito Lobeira advirte do “impacto severo” sobre a actividade marisqueira da vila.
O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, vén de reclamar da Consellaría de Medio Ambiente medidas de mellora da rede de saneamento e depuración en Cambados, ante a grave situación que vive o concello como consecuencia dos vertidos incontrolados.
Lobeira presentou unha iniciativa parlamentar na que denuncia a proliferación destes vertidos tanto sobre o río Umia como sobre o litoral marítimo e as consecuencias dos mesmos, é dicir, “o impacto severo sobre a actividade marisqueira, segundo ten advertido a Confraría e a Agrupación de Mariscadoras a pe, que ten detectado mortandade de marisco e semente por este motivo”.
Para o parlamentar, o problema agrávase porque “tamén é unha evidencia” a insuficiencia da actual rede de sumidoiros, o mal funcionamento da estación depuradora de augas residuais e a inoperatividade de boa parte das estacións de bombeo.
O deputado do BNG explica no texto da súa iniciativa que os feitos denunciados se extenden tamén a amplas zonas e parroquias do concello, ademais do propio casco urbano da vila, “o que perxudica a sectores como o da hostelería ou o turístico, de evidente importancia para Cambados”.
En palabras de Bieito Lobeira, o concello é o responsábel directo da situación mais tamén lle corresponde á Consellería de Medio Ambiente intervir, e con carácter de urxencia, para atopar unha solución antes do verán, de aí que pregunte se existe algún estudo que avalíe o problema, se se abriu algún expediente sancionador e cales van ser as medidas de mellora da rede de saneamento.
Na noite do pasado sábado descoñecidos atentaron contra a sede do BNG na rúa Borrón de Cambados, no ataque romperon os cristais e produciron varios destrozos na porta de entrada. O BNG considera que este é un ataque máis á liberdade de expresión da nosa organización política e aínda que non está identificado o autor ou autores do ataque, o que está clara é a súa intencionalidade de impedir que sigamos a denunciar a situación que desde hai meses se está a producir no noso concello debido aos cheiros nauseabundos que temos que soportar os veciños e veciñas.
O BNG leva semanas desenvolvendo unha campaña pública de esixencia ao goberno municipal de que adopte medidas para solucionar esa situación e até agora a resposta do PP foi o rexeitamento das nosas peticións, negándose a convocar un pleno extraordinario. E desde hai uns días parece ser que non lles chega e o alcalde decideu dar orde á policia local de que persiga e identifique aos militantes e simpatizantes do BNG que pegan cartaces denunciando a situación.
24-02-2005.- Xosé Ramón Durán, portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados, vén de presentar unha moción de urxencia na que solicita que se elabore un Regulamento Orgánico de Réxime Interno da Corporación Municipal e que se forme unha Comisión coa representación de todos os grupos políticos municipais para a súa redacción.
O grupo municipal do BNG de Cambados vén de presentar un escrito no que solicita que por parte do goberno municipal se proceda á modificación da Ordenanza de “Utilización de Servicios Deportivos Municipais”, e en concreto das taxas de entrada á piscina, cobrándose só polo servicio que o usuario desexe disfrutar.
Montserrat Prado Cores, concelleira do Bloque Nacionalista Galego no concello de Cambados, EXPÓN:
1.- Os pacientes que acuden ao Centro de Saúde, que teñen limitada a súa mobilidade por ter dificuldade para desprazarse e necesitan ser acercados en automóbel ou ambulancia até a porta do Centro, persoas incapacitadas que se desprazan en cadeira de rodas, etc...atópanse coas seguintes dificuldades para acceder ao mesmo:
a) No frente do Centro de Saúde está situada unhas das paradas de taxis, por tal motivo os pacientes que teñen que acceder en veículo particular ou ambulancia, teñen que aparcar no espacio reservado aos taxis, ou parar en doble fila, co perigo que isto supón ao ter que invadir a calzada. b) Despois de conseguir “aparcar” o coche teñen que buscar un oco entre os taxis para poder pasar. c) A rampa de acceso non está situada frente á porta , o que supón unha dificuldade a maiores.
2.- No pleno celebrado o 24 de xuño procedéuse á aprobación do “Regulamento dos servicios Urbanos de Transporte en Automóbiles Lixeiros” que estabelece entre outras cuestións a libre ciculación entre as dúas paradas.
Por todo o exposto SOLICITA:
Que tras a entrada en vigor do mencionado “Regulamento dos servicios Urbanos de Transporte en Automóbiles Lixeiros”, por parte do Concello se realice unha reubicación axeitada das paradas de taxis que permita normalizar o acceso ao Centro de Saúde con: - Sinalización de zona reservada para acceso de usuarios - Colocación da rampa de acceso frente á porta do Centro de Saúde.
Nestes días estanse a facer unhas obras na finca do Pazo de Torrado, consistentes en aterramentos, explanacións e apertura dun portal sen que, polo menos no noso grupo, teñamos coñecemento da existencia dalgún tipo de proxecto para as mesmas. Nestas obras procedeuse á tala de distintas árbores de mérito (marmeleiro, posiblemente centenarios), que se contradí coa idea que ten expresado o Goberno Municipal, e que o noso grupo comparte, de converter parte da finca do Pazo de Torrado nun parque público. Asimesmo, estas obras poden supoñer unha alteración da estructura e da configuración da finca, que non permite o planeamento urbanístico vixente no noso Concello. Consideramos que calquera tipo de actuación que se pretenda facer neste espacio de gran valor histórico e ecolóxico, e que goza de protección integral por parte do Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico Artístico de Cambados, debería contar coa redacción dun proxecto e o seu conseguinte informe favorable da Comisión Técnica de Patrimonio.
Por todo isto preguntamos:
• ¿Que tipo de obras se están a facer na finca do Pazo de Torrado? • ¿Cal é a finalidade das mesmas? • ¿Redactouse algún tipo de proxecto para as mesmas? • ¿Condicionarán estas obras futuras actuacións previstas? • ¿ como pode ser a súa conversión en parque público? • ¿Contan estas obras, aínda no suposto de que non necesitasen proxecto, co preceptivo informe favorable da Comisión Técnica de Patrimonio?
Xosé Ramón Durán, Portavoz Municipal do BNG de Cambados, vén de presentar os siguentes rogos no Pleno do Concello de Cambados con data 24-6-04:
Cara o vindeiro curso escolar que o Concello de Cambados faga xestións diante da Consellería de Educación para crear unha nova Unidade Educativa Infantil en Cambados. Este ano quedaron rapaces sen praza.
Ademais, tendo en conta o constate aumento de poboación e de nenos e nenas solicita que o Concello, xunto coas Consellerías de Familia e Educación, estudien a posibilidade de ampliar a capacidade da Gardería Municipal .
Ante a existencia grandes masas de maleza e silvas polos camiños e estradas das diferentes parroquias de Cambados, e tendo en conta criterios de seguridade vial e prevención de lumes –tendo ademais en conta a climatoloxía- solicita o Goberno Municipal que programe e leve a cabo unha campaña de limpeza de camiños, corte de silva e malezas preferentemente polos viais das parroquias.
O BNG solicita ao concello que pague as subvencións pendentes do 2003 ás asociacións veciñais e culturais; ao mesmo tempo pide que se elabore un regulamento para a concesión de subvencións por parte do concello.
Nas ruinas da igrexa de Santa Mariña a Consellería de Cultura ten realizado unhas obras destinadas á conservación das mesmas, con especial atención á torre da igrexa. Rematados os traballos de rehabilitación, as persoas que se achegan até alí poden observan con estupefación que no alto da torre das ruinas está colocado un cartaz de grandes dimensións, no que a Consellería de Cultura publicita a realización da devandita obra. Calquer persoa que desexe tomar imaxes deste monumento, que é un dos máis importantes emblemas do patrimonio do noso concello, atoparase con que nas imaxes en vez de destacar a beleza da torre o que máis resalte sexa o cartaz da Consellería.
Polo que, Montserrat Prado Cores, concelleira do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Cambados solicita que sexa retirado o cartaz da Consellería de Cultura da torre das Ruinas de Santa Mariña, e que si a publicitación da obra ten que seguir realizándose éste se coloque nun lugar “máis discreto” que non impida a veciños e visitantes admirar a torre sen obstáculos visuais.
Olga González Vilas, concelleira do Grupo Municipal do BNG en Cambados, vén de denunciar o abandono dos colexios públicos por parte do alcalde de Cambados.
O BNG ven demandando dende o inicio deste curso unha serie de obras nos colexios e dende hai anos denunciando a falta de partidas orzamentarios para este fin. Pero as reclamacións das asociación de Pais e Nais e o claustro de profesores segue a ser continuas polo estado de abandono dos colexios.
A partir desta semana o gas natural chegará canalizado xa os fogares de Cambados e a empresa subministradora é Gas Galicia. Consideramos este feito positivo . O longo destes meses e durante o vindeiro ano porán en servicio a rede de abastecemento de gas responsabilidade de Gas Galicia. A cuestión xurde cómo e quén pode instalar o gas nas casas. A decisión será dos veciños, pero deben saber que son libres para elixir a empresa a quen encargar esas obras.
A despreocupación do concello de Cambados polo vertido de residuos procedentes de contenedores subterráneos, leva ao BNG a solicitar a limpeza da mancha orixinada e a exixir un control periódico deste tipo de contenedores.
Preme no documento relacionado para ver a nova completa.